No presente órgano xudicial a procuradora Ana María Tejelo Núñez, en nome e representación de C.P.S., interpuxo recurso contencioso-administrativo, que se tramita como procedemento ordinario 4083/2019, fronte á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, sobre o Decreto 177/2018, do 27 de decembro de 2018, polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
Polo que, en cumprimento da dilixencia de ordenación do 30 de abril de 2019 e do establecido no artigo 47.2 da LXCA, concédese un prazo de quince días para a comparecencia de quen teña interese lexítimo en soster a conformidade co dereito da disposición, acto ou conduta impugnados.
A Coruña, 30 de abril de 2019
José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza