Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2019 Páx. 25046

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (232/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 232/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángela Ciupea contra Juan Francisco Vidal Lojo, Fogasa, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2019.

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o executado Juan Francisco Vidal Lojo en situación de insolvencia parcial por importe de 13.670,62 euros en concepto de principal (1.579,13 euros en concepto de indemnización, 12.102,58 euros en concepto de salarios de tramitación), máis outros 1.368,17 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros e custas que se poidan derivar da execución, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución, se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 LXS.

A letrada da Administración de xustiza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Juan Francisco Vidal Lojo, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza