Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2019 Páx. 25084

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública da modificación puntual do Plan especial para o desenvolvemento do sistema xeral de equipamento deportivo ZD-2. Área deportiva de San Lázaro.

A Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 12 de abril de 2019, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

a) Aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan especial para o desenvolvemento do sistema xeral de equipamento deportivo ZD-2 (área deportiva de San Lázaro), promovida polo Concello de Santiago, segundo o proxecto redactado pola arquitecta da Sección Municipal de Planeamento en marzo de 2019.

b) A modificación someterase a información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación na provincia. Así mesmo, notificarase persoalmente aos titulares catastrais dos terreos afectados.

Durante o trámite de información pública solicitarase o informe da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, así como o de Augas de Galicia para os efectos do disposto no artigo 78.1 do Regulamento estatal do dominio público hidráulico, se procede.

O que se publica a fin de que, durante o prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poidan consultar o expediente e formular as alegacións que xulguen oportunas. A documentación sometida a exposición pública estará ao dispor dos interesados no Servizo de Planeamento e Xestión do Concello de Santiago (Pazo de Raxoi, 2º andar), de luns a venres, en horario das 9.00 ás 14.00 horas; e na páxina web do Concello http://transparencia.santiagodecompostela.gal/Modificacion-do-Plan-especial-do-sistema-xeral-de-equipamento-deportivo-ZD-2.-area-deportiva-de-San-Lazaro/gl

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2019

O alcalde
P.D. (Decreto do 28.6.2017)
Jorge Duarte Vázquez
Concelleiro delegado de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda,
Mobilidade e Relacións Veciñais