Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2019 Páx. 25906

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 9 de maio de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a advertencia do expediente PSC-CO-522/2019-ADV.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a advertencia do expediente PSC-CO-522/2019-ADV.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, da Coruña, das 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da advertencia e constancia de tal coñecemento.

A Coruña, 9 de maio de 2019

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-522/2019-ADV

44825917K

Advertencia

R/ do Francés, 2-2º B, O Milladoiro (Ames)