Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 28 de maio de 2019 Páx. 26126

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 21 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, polo que se someten a información pública as normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia.

As normas técnicas de planeamento urbanístico teñen por obxecto unificar os criterios técnicos para a elaboración dos documentos de planeamento urbanístico, a terminoloxía e os conceptos urbanísticos xerais, así como calquera outra cuestión que precise aclaración ou orientación técnica en materia de planeamento urbanístico.

Mediante a Resolución do 21 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, acordouse o inicio da tramitación das normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 48 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 89 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento que a desenvolve, e de conformidade co artigo 13 do Decreto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

En cumprimento do disposto nos artigos sinalados, sométense a información pública as normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia, durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o referido prazo, calquera persoa poderá examinar o documento, en horario de oficina, nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, sitas no Edificio Administrativo San Caetano s/n, en Santiago de Compostela, e presentar ante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ou a través do correo electrónico sxurb@xunta.gal, as alegacións, observacións e xustificacións que se consideren pertinentes.

Asemade, poden consultarse as normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia a través da seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/seccion-tema/c/CMAOT_Territorio_e_urbanismo_Planeamento_urbanistico?content=SX_Ordenacion_Territorio_Urbanismo/Participacion_publica/seccion.html&std=Participacion_publica.html

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2019

M.ª Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo