Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 29 de maio de 2019 Páx. 26367

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 7 de maio de 2019 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva (expediente PON/36/2015).

A Dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou o 26 de febreiro de 2019 unha resolución pola que se lle impón unha segunda multa coercitiva (PON/36/2015-B1) derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística número PON/36/2015 a Francisco Martínez Duarte e Carmen Casal Riveiro, como consecuencia de incumpriren o ordenado na Resolución do 21 de xaneiro de 2016 que ordenaba a demolición das obras dunha edificación cunha planta de altura, con forxadura unidireccional de viguetas e bovedillas de formigón apoiadas en pórticos de formigón armado, cunha superficie de 286 m² nas parcelas 14 e 16 do polígono 29, nas parcelas con referencias catastrais 36005A029000140000TU e 36005A029000160000TW, no lugar das Ribocias 30, San Clemente de Cesar, no termo municipal de Caldas de Reis, provincia de Pontevedra.

Ao non poder realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os interesados poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da dita resolución e constancia del tal coñecemento. Transcorrido o devandito prazo sen efectuaren a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderan interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante a Dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística. O recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva, e será motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución da que este acordo é un simple acto de execución.

En caso de que non exerzan o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2019

José antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística