Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 29 de maio de 2019 Páx. 26319

IV. Oposicións e concursos

Parlamento de Galicia

ACORDO do 13 de maio de 2019 polo que se anula o Acordo do 15 de novembro de 2017 de modificación das bases do proceso selectivo para ingresar por oposición libre en dúas prazas da escala técnica de informática (Diario Oficial de Galicia número 226, do 28 de novembro), en execución da Sentenza 222/2019, da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do 2 de maio de 2019.

O 6 de maio de 2019, a Mesa do Parlamento de Galicia examinou a Sentenza número 222/2019, da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola que se anulou o Acordo do 14 de novembro de 2017 polo que se modificaron as bases do proceso selectivo para ingresar, por oposición libre, en dúas prazas da escala técnica de informática (DOG núm. 226, do 28 de novembro), ao estimar en parte o recurso contencioso-administrativo interposto polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia contra o citado acordo.

O 13 de maio de 2019, a Mesa do Parlamento de Galicia modificou o artigo 3 do Acordo do 6 de novembro de 2017 polo que se crea a escala técnica de tecnoloxías da información (BOPG núm. 207, do 8 de novembro), referido ás titulacións requiridas para ingresar na escala. Consecuentemente, nesa data modificou a relación de postos de traballo do persoal ao servizo da Administración do Parlamento de Galicia, aprobada polo Acordo da Mesa da Cámara do 20 de outubro de 2008 (BOPG núm. 633, do 24 de outubro), na epígrafe de requisitos específicos.

Como consecuencia, a Mesa do Parlamento de Galicia adopta o seguinte acordo:

Primeiro. Executar a Sentenza núm. 222/2019, da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola que se anula o acordo da Mesa do Parlamento de Galicia, do 14 de novembro de 2017, polo que se modificaron as bases do proceso selectivo para ingresar, por oposición libre, en dúas prazas da escala técnica de informática (DOG núm. 226, do 28 de novembro).

Segundo. Comunicarlle este acordo ao Servizo de Persoal e Réxime Interior, para que leve a cabo as actuacións precisas para desenvolver o proceso selectivo nos termos da dita resolución xudicial.

Terceiro. Devolverlles ás persoas aspirantes que se inscribiran no devandito proceso selectivo as taxas aboadas. Para tal fin, deberán presentar no Rexistro do Parlamento de Galicia a correspondente solicitude co número de conta bancaria no cal se efectúe a devolución.

Cuarto. Publicar este acordo no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2019

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente do Parlamento de Galicia