Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 31 de maio de 2019 Páx. 26554

III. Outras disposicións

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2019 de acordo de delegación de competencias do presidente no director xeral e nas xefaturas de zona e do director xeral nos xefes de zona da EPE.

O 25 de febreiro de 2019 e o 15 de maio de 2019 a Presidencia da EPE Portos de Galicia acordou aprobar varios pregos de condicións de autorizacións de utilización e de ocupación do dominio público así como delegar parcialmente no director xeral e nos xefes de zona correspondentes da entidade pública empresarial certas competencias previstas nos artigos 104 e 12.3.j) k) e l) da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, relativas á ocupación de superficies e atraques.

En virtude do acordo citado, o presidente de Portos de Galicia resolve delegar as competencias para outorgar as seguintes autorizacións:

a) Delegación de competencias do presidente incluídas no artigo 12.3.k) e l) da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, no director xeral:

• Autorización de utilización das instalacións portuarias de atraque para embarcación profesional pesqueira/acuicultura/outra en pantalán de portos de Galicia.

b) Delegación de competencias do presidente incluídas no artigo 104 da Lei 6/2017, de portos de Galicia, no director xeral:

• Autorizacións temporais de usos de postos de atracada outorgadas por Portos de Galicia en zonas portuarias de uso náutico deportivo.

c) Delegación de competencias do presidente incluídas no artigo 12.3.k) e l) da Lei 6/2017, de portos de Galicia, nos xefes de zona:

• Autorización atraque buques mercantes.

• Autorización de utilización de instalacións de atraque para reparación/despece de embarcacións.

• Autorización de utilización de instalacións de atraque do buque profesional/oficial/inactivo.

• Autorización de utilización de instalacións de atraque para embarcación de paso no porto deportivo ou zona portuaria de uso náutico deportivo.

• Autorización para utilización de instalacións portuarias de ocupación de superficie.

• Autorización para utilización de instalacións portuarias para celebración de espectáculos públicos ou actividades recreativas.

• Autorización para utilización de instalación portuaria para ocupación de superficie para actividade comercial recreativa de instalación de terraza anexa a negocio.

• Autorización para utilización de instalacións portuarias para celebración periódica de mercado ambulante.

d) Delegación de competencias do presidente incluídas no artigo 12.3.j) da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, nos xefes de zona:

• Autorización de ocupación de departamentos de usuarios construídos para tal fin, tales como bloques de departamentos para almacenaxe de aparellos ou para exportadores outorgadas por prazo superior a dous anos.

Por outra banda, o director xeral da EPE Portos de Galicia mediante a Resolución do 15 de maio de 2019 acordou delegar parcialmente as competencias incluídas no artigo 15.3.c) da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, nos xefes de zona correspondentes da EPE Portos de Galicia, das seguintes autorizacións:

• Autorización de ocupación de departamentos de usuarios construídos para tal fin, tales como bloques de departamentos para almacenaxe de aparellos ou para exportadores outorgadas por prazo non superior a dous anos.

Estas delegacións parciais de competencia axústanse ao previsto no artigo 12.3.i) da Lei 6/2017, que atribúe á Presidencia as delegacións de competencias que xulgue oportunas, e no disposto no artigo 9 da Lei 40/2015 do réxime xurídico do sector público, e que neste caso se xustifica polas características específicas das autorizacións que se vaian resolver, as cales constitúen un moi considerable volume de expedientes que pola súa eventualidade precisan dunha axilidade na súa xestión e resolución, e que pola súa sinxela tipificación ou estandarización permiten a súa resolución mediante criterios preestablecidos.

Quedan revogadas pola presente delegación de competencias a Resolución do 9 de xullo de 2018, do presidente na dirección desta entidade, publicada no DOG nº 137, do 18 de xullo de 2018, e a Resolución do 25 de febreiro de 2019 de acordo de delegación de competencias do presidente nas xefaturas de zona, publicada no DOG nº 51, do 13 de marzo de 2019.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do previsto no artigo 6 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e no artigo 9.3 da Lei 40/2015, de réxime xurídico do sector público.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2019

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia