Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 31 de maio de 2019 Páx. 26577

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 8 de maio de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas do Servizo de Gardacostas de Galicia.

Advertido erro na dita resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 94, do 20 de maio de 2019, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 24334, no punto 4.2, onde di: «Por cada mes de servizos de tempo transcorrido desde a última adxudicación dun posto con carácter definitivo do corpo ou escala desde o cal participa: 0,0125 puntos», debe dicir: «Por cada mes de servizos de tempo transcorrido desde a última adxudicación dun posto con carácter definitivo do corpo ou escala desde o cal participa: 0,012 puntos».