Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 31 de maio de 2019 Páx. 26567

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Servizos Sociais

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2019 pola que se publican as resolucións do 23 de maio de 2019, das xefaturas territoriais da Coruña, Lugo, Ourense e Vigo da Consellería de Política Social, polas que se resolve a aprobación da relación definitiva de nenas e nenos admitidas/os e da lista de espera para o curso 2019/20 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia.

Con data do 15 de marzo de 2019 publicouse a Resolución do 8 de marzo de 2019 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia para o curso 2019/20.

De conformidade co disposto no artigo 14.1, correspóndelle á persoa titular de cada xefatura territorial, por delegación da dirección da Axencia Galega de Servizos Sociais, resolver este procedemento mediante a aprobación da relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera coas puntuacións obtidas, que se poderán consultar nas xefaturas territoriais da Consellería de Política Social, así como na páxina web https://politicasocial.xunta.gal e nos respectivos centros.

Así mesmo, o artigo 15 establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entre outras, as correspondentes resolucións. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Así o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro das resolucións do 23 de maio de 2019, das xefaturas territoriais da Coruña, Lugo, Ourense e Vigo da Consellería de Política Social, polas que se resolve a aprobación da relación definitiva de nenas e nenos admitidas/os e da lista de espera para o curso 2019/20 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia, que se xuntan á presente resolución nos anexos I, II, III e IV, respectivamente.

Segundo. Comunicar que as resolucións do 23 de maio de 2019, das xefaturas territoriais da Coruña, Lugo, Ourense e Vigo da Consellería de Política Social, que finalizan este procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificada a resolución, as persoas a que se adxudicou praza disporán dun prazo de 8 días computado a partir do día seguinte ao desta publicación para a formalización da matrícula no centro onde obtiveron a dita praza.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2019

O/a director/a da Axencia Galega de Servizos Sociais
P.S. (Disposición transitoria primeira do Decreto 40/2014, do 20 de marzo)
Mª Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO I

Resolución do 23 de maio de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera para o curso 2019/20 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia na provincia da Coruña.

Con data do 15 de marzo de 2019 publicouse a Resolución do 8 de marzo de 2019 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia para o curso 2019/20.

O día 10 de maio de 2019 publicouse a relación provisional de persoas admitidas e concedeuse un prazo de 6 días para efectuar reclamacións, transcorrido o dito prazo comprobáronse as reclamacións presentadas.

De conformidade co disposto no artigo 14.1, correspóndelle á persoa titular de cada xefatura territorial, por delegación da dirección da Axencia Galega de Servizos Sociais, resolver este procedemento mediante a aprobación da relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera coas puntuacións obtidas.

Así o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera, onde figura a puntuación obtida, que se poderá consultar desde o día 31 de maio na xefatura territorial da Consellería de Política Social, así como na páxina web https://politicasocial.xunta.gal e nos respectivos centros.

Cada alumno/a só poderá ser adxudicatario/a dunha praza pública das escolas infantís da Xunta de Galicia.

O prezo mensual que corresponda pagar de acordo coa normativa vixente en materia de prezos públicos consultarase no centro onde se formalice a matrícula.

O prazo para formalizar a matrícula é de 8 días contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, para o que deberá achegarse a seguinte documentación:

– Impreso de matrícula cuberto (pode recollelo no propio centro ou descargalo da páxina web http://politicasocial.xunta.gal).

– Copia da cartilla de vacinacións do neno ou da nena.

Segundo. As resolucións ditadas neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En caso de silencio administrativo, o prazo será de seis meses desde o día seguinte a aquel en que a solicitude se entenda desestimada.

Potestativamente e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución expresa. Se a resolución é presunta, en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 23 de maio de 2019. O/a director/a da Axencia Galega de Servizos Sociais. P.D. (Artigo 14.1 da Resolución do 8.3.2019). María Blanco Aller. Xefa territorial da Coruña.

ANEXO II

Resolución do 23 de maio de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera para o curso 2019/20 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia na provincia de Lugo.

Con data do 15 de marzo de 2019 publicouse a Resolución do 8 de marzo de 2019 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia para o curso 2019/20.

O día 10 de maio de 2019 publicouse a relación provisional de persoas admitidas concendo un prazo de 6 días para efectuar reclamacións, transcorrido o dito prazo comprobáronse as reclamacións presentadas.

De conformidade co disposto no artigo 14.1, correspóndelle á persoa titular de cada xefatura territorial, por delegación da dirección da Axencia Galega de Servizos Sociais, resolver este procedemento mediante a aprobación da relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera coas puntuacións obtidas.

Así o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera, onde figura a puntuación obtida, que se poderá consultar desde o día 31 de maio na xefatura territorial da Consellería de Política Social, así como na páxina web https://politicasocial.xunta.gal e nos respectivos centros.

Cada alumno/a só poderá ser adxudicatario/a dunha praza pública das escolas infantís da Xunta de Galicia.

O prezo mensual que corresponda pagar de acordo coa normativa vixente en materia de prezos públicos consultarase no centro onde se formalice a matrícula.

O prazo para formalizar a matrícula é de 8 días contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, para o que deberá achegarse a seguinte documentación:

– Impreso de matrícula cuberto (pode recollelo no propio centro ou descargalo da páxina web http://politicasocial.xunta.gal).

– Copia da cartilla de vacinacións do neno ou da nena.

Segundo. As resolucións ditadas neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En caso de silencio administrativo, o prazo será de seis meses desde o día seguinte a aquel en que a solicitude se entenda desestimada.

Potestativamente e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución expresa. Se a resolución é presunta, en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lugo, 23 de maio de 2019. O/a director/a da Axencia Galega de Servizos Sociais. P.D. (Artigo 14.1 da Resolución do 8.3.2019). A xefa territorial de Lugo. P.A. (Artigo 31.2.1.e) do Decreto 176/2015, do 3 de decembro). Vicente Correa Díaz. Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa.

ANEXO III

Resolución do 23 de maio de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Política Social, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera para o curso 2019/20 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia na provincia de Ourense.

Con data do 15 de marzo de 2019 publicouse a Resolución do 8 de marzo de 2019 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia para o curso 2019/20.

O día 10 de maio de 2019 publicouse a relación provisional de persoas admitidas e concedeuse un prazo de 6 días para efectuar reclamacións, transcorrido o dito prazo comprobáronse as reclamacións presentadas.

De conformidade co disposto no artigo 14.1, correspóndelle á persoa titular de cada xefatura territorial, por delegación da dirección da Axencia Galega de Servizos Sociais, resolver este procedemento mediante a aprobación da relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera coas puntuacións obtidas.

Así o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera, onde figura a puntuación obtida, que se poderá consultar desde o día 31 de maio na xefatura territorial da Consellería de Política Social, así como na páxina web https://politicasocial.xunta.gal e nos respectivos centros.

Cada alumno/a só poderá ser adxudicatario/a dunha praza pública das escolas infantís da Xunta de Galicia.

O prezo mensual que corresponda pagar de acordo coa normativa vixente en materia de prezos públicos consultarase no centro onde se formalice a matrícula.

O prazo para formalizar a matrícula é de 8 días contados desde o día seguinte da publicación desta resolución, para o que deberá achegarse a seguinte documentación:

– Impreso de matrícula cuberto (pode recollelo no propio centro ou descargalo da páxina web http://politicasocial.xunta.gal).

– Copia da cartilla de vacinacións do neno ou da nena.

Segundo. As resolucións ditadas neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En caso de silencio administrativo, o prazo será de seis meses desde o día seguinte a aquel en que a solicitude se entenda desestimada.

Potestativamente e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución expresa. Se a resolución é presunta, en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Ourense, 23 de maio de 2019. O/a director/a da Axencia Galega de Servizos Sociais. P.D. (Artigo 14.1 da Resolución do 8.3.2019). María José Fernández Laso. Xefa territorial de Ourense.

ANEXO IV

Resolución do 23 de maio de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera para o curso 2019/20 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia na provincia de Pontevedra.

Con data do 15 de marzo de 2019 publicouse a Resolución do 8 de marzo de 2019 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia para o curso 2019/20.

O día 10 de maio de 2019 publicouse a relación provisional de persoas admitidas e concedeuse un prazo de 6 días para efectuar reclamacións, transcorrido o dito prazo comprobáronse as reclamacións presentadas.

De conformidade co disposto no artigo 14.1, correspóndelle á persoa titular de cada xefatura territorial, por delegación da dirección da Axencia Galega de Servizos Sociais, resolver este procedemento mediante a aprobación da relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera coas puntuacións obtidas.

Así o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera, onde figura a puntuación obtida, que se poderá consultar desde o día 31 de maio na xefatura territorial da Consellería de Política Social, así como na páxina web https://politicasocial.xunta.gal e nos respectivos centros.

Cada alumno/a só poderá ser adxudicatario/a dunha praza pública das escolas infantís da Xunta de Galicia.

O prezo mensual que corresponda pagar de acordo coa normativa vixente en materia de prezos públicos consultarase no centro onde se formalice a matrícula.

O prazo para formalizar a matrícula é de 8 días contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, para o que deberá achegarse a seguinte documentación:

– Impreso de matrícula cuberto (pode recollelo no propio centro ou descargalo da páxina web: http://politicasocial.xunta.gal).

– Copia da cartilla de vacinacións do neno ou da nena.

Segundo. As resolucións ditadas neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En caso de silencio administrativo, o prazo será de seis meses desde o día seguinte a aquel en que a solicitude se entenda desestimada.

Potestativamente e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución expresa. Se a resolución é presunta, en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Vigo, 23 de maio de 2019. O/a director/a da Axencia Galega de Servizos Sociais. P.D. (Artigo 14.1 da Resolución do 8.3.2019). Marta Iglesias Bueno. Xefa territorial de Vigo.