Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 31 de maio de 2019 Páx. 26631

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 13 de maio de 2019 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/9/2019-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 25 de marzo de 2019, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras consistentes na instalación dunha casa prefabricada tipo móbil Home, propia dun uso residencial, aínda que sexa ocasional ou de fin de semana, sen vinculación a unha explotación agrícola ou gandeira, situada no lugar de Laguete, San Román, no termo municipal do Vicedo, provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a David García Marcos, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado o dito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

O interesado dispón dun prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística