En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1 da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (DOG núm. 133, do 12 de xullo), e nos artigos 8 e 10 do Regulamento de réxime interno deste (DOG núm. 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coa proposta efectuada pola Federación Galega de Confrarías de Pescadores o 7 de maio de 2019,
DISPOÑO:
Un. Nomear membros titulares do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Federación Galega de Confrarías de Pescadores, as seguintes persoas:
– José Antonio Pérez Sieira.
– Manuel Daniel Formoso Moledo.
Dous. Nomear membros suplentes do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Federación Galega de Confrarías de Pescadores, as seguintes persoas:
– José Manuel Rosas Otero.
– José Basilio Otero Rodríguez.
Santiago de Compostela, vinte e catro de maio de dous mil dezanove
Alberto Núñez Feijóo
Presidente