Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 6 de xuño de 2019 Páx. 27533

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 21 de maio de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, polo que se notifica a incoación do procedemento sancionador PSP/2019/3 por infracción en materia sanitaria.

Con data do 26.4.2019, o secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade acordou a incoación do procedemento sancionador PSP/2019/3 por infracción en materia sanitaria.

Tras el intento de practicar a notificación ao interesado no enderezo coñecido, esta foi devolta polo servizo de Correos por estar ausente ou resultar descoñecida a persoa destinataria.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentándose a notificación da incoación do procedemento sancionador PSP/2019/3 e non podéndose practicar, esta farase mediante publicación dun anuncio no Boletín Oficial del Estado, podendo, con carácter potestativo, publicalo previamente no Diario Oficial de Galicia.

En concordancia co anterior, por medio deste anuncio notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo o acordo adoptado. Segundo establece o artigo 46 da citada lei, o interesado dispón dun prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar o acordo na Subdirección Xeral de Inspección, Auditoría e Acreditación de Servizos Sanitarios, situada no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela.

Para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, asino e selo este anuncio.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2019

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Número de expediente: PSP/2019/3.

NIF: 77417938F.

Último enderezo coñecido: avenida da Costa, núm. 44-2º C, Combarro-Poio (Pontevedra) 36993.