Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 6 de xuño de 2019 Páx. 27356

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

ORDE do 29 de maio de 2019 pola que se ditan instrucións para a elaboración dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.

Por medio desta orde dítanse as normas para a elaboración dos orzamentos de 2020 ao abeiro do disposto no artigo 51 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Os orzamentos da Comunidade Autónoma pretenden manter o actual vieiro de crecemento estable no que se atopa a Comunidade Autónoma, incorporando cada vez máis galegos/as ao mercado de traballo e mellorando as súas condicións de vida; todo iso con base nun modelo de crecemento que, consonte ao Plan estratéxico de Galicia 2015-2020 (en diante, PEG), fai especial fincapé no coñecemento, a especialización, a innovación e a internacionalización da nosa economía.

Tres son as características que concorren na elaboración dos presentes orzamentos, a primeira, estamos perante o derradeiro exercicio do PEG 2015-20, o que condicionara as asignacións nas políticas de gasto de cara a un desempeño satisfactorio deste, sabendo que, a día de hoxe, a maioría dos obxectivos marcados para finais do 2020 están ao alcance.

A segunda é unha muda de condicións externas a Galicia, adversas tanto no que atinxe á incerteza política e macroeconómica (gobernos inestables incapaces de afrontar plans reformistas de calado) como económica (desaceleración europea, Brexit, agresividade comercial USA).

A terceira, é o remate do proceso de consolidación fiscal e a entrada de España no brazo preventivo do Pacto de estabilidade e crecemento, con necesidades de financiamento tendentes a cero, en que a regra que rexe o devir das contas autonómicas xa non é o obxectivo de estabilidade orzamentaria senón a regra de gasto.

Como vén acontecendo desde o lanzamento do PEG, o orzamento é a súa concreción anual, establecéndose unha ligazón entre a planificación estratéxica da Comunidade Autónoma e o orzamento anual a través dos programas de gasto, xa que é nese nivel onde se definen os obxectivos estratéxicos dos eixes do PEG 2015-2020, ao remate del realizarase unha avaliación xeral do desempeño do plan estratéxico segundo o previsto que se engadirá ás actuacións anuais de seguimento co gallo de establecer un proceso de mellora continua que sexa aproveitable na vindeira planificación estratéxica.

Ademais, o plan recolle a programación do marco 2014-2020 dos fondos europeos, tanto estruturais (Feder e FSE) coma sectoriais (FEMP e Feader) que contribuirá de xeito decisivo á consecución dos seus obxectivos; tamén recolle unha nova senda financeira plurianual que se basea nunha evolución estable ao longo de todo o período de execución dos fondos, nun momento en que se comezará a negociar a programación de fondos para o vindeiro marco comunitario de apoio.

No que atinxe á elaboración dos orzamentos anuais, estes parten da avaliación dos indicadores de produtividade dos exercicios pechados, empregando os resultados de desenvolvemento como primeiro input para a determinación das partidas das contas anuais para 2020; ademais, seguen a fixar os obxectivos operativos de cada proxecto de gasto como primeiro paso do proceso de orzamentación de cara a resultados, que debe continuarse cunha orientación da xestión da Administración autonómica nos vindeiros exercicios de cara a acadar os resultados fixados no PEG.

Así, cada proxecto de gasto deberá contar cos oportunos indicadores de produtividade que permitan determinar o seu grao de execución e a súa contribución á consecución dos obxectivos a que estean vencellados, no marco do seguimento do PEG 2015-2020.

Estes orzamentos terán unha orientación especial ao gasto de persoal, aos investimentos e á programación do Xacobeo 2021, que permitirá capitalizar os recursos da recuperación económica así como reforzar a capacidade de crecemento potencial da nosa economía.

O esforzo de gasto que supón a devandita priorización, nun contexto marcado por un crecemento moderado dos ingresos e unha regra fiscal que limita a evolución do gasto á senda a medio prazo do PIB potencial, fai preciso xerar espazo fiscal, priorizando o gasto máis eficiente desde o punto de vista económico e social.

Este será o primeiro ano en que os documentos orzamentarios recollerán un informe do orzamento en clave de infancia, seguindo as recomendacións da ONU sobre a Observación xeral nº 19, sobre a elaboración dos orzamentos públicos que deberán garantir a eficacia, eficiencia, equidade, transparencia e sustentabilidade na toma de decisións relacionadas coa infancia. Este informe será elaborado polos servizos da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, con bases nas fichas orzamentarias elaboradas ad hoc.

No que atinxe ao ámbito de aplicación dos orzamentos, estes abranguen todas as entidades incluídas no perímetro de consolidación do subsector Administración pública autonómica en termos SEC-2010, con exclusión das universidades públicas e os seus entes instrumentais dependentes. Ás anteriores entidades engadiránselles aquelas pertencentes ao sector empresas das cales a Xunta de Galicia posúa directa ou indirectamente a maioría patrimonial. As contas dos diferentes entes instrumentais pecharanse a través das diferentes seccións a que estean adscritos, que asumirán os seus obxectivos como propios nas partidas que recollen as transferencias de financiamento.

A clasificación orgánica do orzamento 2020 artéllase ao abeiro do Decreto 88/2018, do 26 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, e 177/2016, do 15 de decembro, modificado parcialmente polos decretos 106/2018, do 4 de outubro, e 149/2018, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia.

Polo exposto, e en virtude das competencias atribuídas polo artigo 7.c) do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1. Criterios xerais de elaboración dos orzamentos

Os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2020 priorizarán as políticas de gasto encamiñadas a potenciar o benestar e a cohesión social e territorial dos galegos, sen descoidar o apoio aos sectores estratéxicos base do modelo de crecemento económico que sustenta o PEG, co fin de acadar os obxectivos en materia de emprego e benestar que recolla o propio plan, nun contexto orzamentario que, partindo da mellora continuada dos servizos públicos esenciais, seguirá a caracterizarse polo control do gasto corrente e a potenciación do investimento produtivo.

Neste sentido, a asignación de recursos artellarase con base no marco de prioridades que establece o PEG 2015-2020, reforzando o esforzo orzamentario dedicado a cohesión social e benestar para que todas as persoas galegas poidan beneficiarse dos froitos da recuperación económica, principalmente os que máis o precisan, e en competitividade para xerar máis emprego e de maior calidade, para o que seguiremos a apostar pola I+D+i, as axudas ás pemes e autónomos e a preparación do Xacobeo 2021.

Artigo 2. Directrices para o establecemento do marco orzamentario 2020

Con base nas directrices básicas do marco orzamentario plurianual consolidado, a Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos elaborará un escenario financeiro para o período 2020-2022, que concretará as dispoñibilidades financeiras para a elaboración do orzamento da Comunidade Autónoma e axustarase ao obxectivo de estabilidade orzamentaria, á regra de gasto e ao límite de débeda que se acorde para a Comunidade Autónoma de Galicia, e no marco do Consello de Política Fiscal e Financeira. Este marco terá en conta o escenario macroeconómico e financeiro do PEG 2015-2020.

Os orzamentos da Comunidade Autónoma para 2020 deberán axustarse ao límite de gasto non financeiro da Comunidade Autónoma.

Este límite pecharase a finais de xullo recollendo as previsións de recursos propios así como as contías provisionais dos ingresos do sistema de financiamento para 2020 que comunique a Administración xeral do Estado. Será autorizado pola Xunta de Galicia e polo Parlamento de Galicia e deberá ser consistente co anterior escenario e remitirase ao Consello de Política Fiscal e Financeira antes do 1 de agosto, de acordo co establecido no artigo 30.2 da Lei orgánica 2/2012, do 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira.

Artigo 3. Ámbito de aplicación

Un. As disposicións contidas nesta orde serán de aplicación á elaboración do anteproxecto de Lei dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2020 que abrangue os orzamentos dos seguintes entes:

1. Entidades con orzamento limitativo.

a) A Administración xeral da Comunidade Autónoma e os órganos estatutarios e consultivos.

b) Os organismos autónomos.

c) As axencias públicas autonómicas.

d) As entidades públicas instrumentais de asesoramento ou consulta que, consonte a disposición adicional sexta da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público de Galicia (Lofaxga), terán a consideración de organismos autónomos para efectos orzamentarios.

e) Os orzamentos das demais entidades cuxa normativa específica lles confire carácter limitativo aos créditos do orzamento de gastos.

2. Entidades con orzamento estimativo.

a) Os orzamentos de explotación e capital das entidades públicas empresariais a que fai referencia o artigo 89 da Lofaxga.

b) Os orzamentos de explotación e capital das sociedades mercantís públicas autonómicas a que fai referencia o artigo 102 da Lofaxga.

c) Os orzamentos de explotación e capital das fundacións do sector público autonómico a que se refire o artigo 113 da Lofaxga.

d) Os orzamentos dos consorcios autonómicos a que fai referencia o artigo 95 da Lofaxga.

Dous. En todo caso, os orzamentos incluirán os de todas as entidades que estean clasificadas como subsector Administración rexional (S.1312), segundo o SEC-2010 consonte a información contida no inventario de entes da Intervención Xeral da Administración do Estado, aínda que non estean participadas maioritariamente pola Comunidade Autónoma, agás as universidades públicas e as entidades que dependan delas. Tamén formarán parte dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma os dos entes pertencentes ao sector sociedades non financeiras e financeiras participadas maioritariamente directa ou indirectamente pola Xunta de Galicia.

Tres. Os fondos carentes de personalidade xurídica, existentes na data de elaboración dos orzamentos, presentarán a documentación orzamentaria de acordo coas instrucións que estableza a Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos.

Artigo 4. Estrutura orzamentaria

Un. Orzamento consolidado.

O orzamento consolidado da Comunidade Autónoma comprende o das entidades con orzamento limitativo (Administración xeral, organismos autónomos e axencias públicas autonómicas e entidades públicas instrumentais de asesoramento ou consulta) e recollerá a seguinte estrutura.

I. Orzamento de ingresos.

a) Estrutura orgánica.

O orzamento de ingresos elaborarase de acordo coa clasificación orgánica, que se corresponde cun único centro xestor na Administración xeral e con centros de xestión diferenciados para cada un dos organismos autónomos e axencias públicas autonómicas.

b) Estrutura económica.

Os recursos incluídos nos estados de ingresos do orzamento ordenaranse segundo a súa natureza económica, conforme a clasificación por capítulos, artigos, conceptos e subconceptos, que figura no anexo I desta orde.

A creación de conceptos nos capítulos que non aparezan tipificados no anexo I será solicitada á Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos polos centros xestores.

c) Orzamento dos ingresos procedentes doutras administracións nos organismos e entes instrumentais.

Todos os ingresos que os distintos organismos e entes propoñan consignar no orzamento inicial, procedentes doutras administracións públicas, salvo os que exceptúe a Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, deberán consignarse no orzamento de ingresos da Administración xeral. Simultaneamente, a sección de adscrición deberá consignar no seu estado de gastos as correspondentes partidas de transferencia.

d) Remanentes de tesouraría.

Salvo informe favorable da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, non se consignará ningunha dotación no concepto de ingresos 870 (remanente de tesouraría).

II. Orzamento de gastos.

a) Estrutura económica.

Os créditos incluídos nos estados de gasto do orzamento ordenaranse segundo a súa natureza económica, de acordo coa clasificación por capítulos, artigos, conceptos e subconceptos, detallados no anexo II desta orde, e agruparanse separando as operacións correntes, as de capital, as financeiras e o fondo de continxencia de execución orzamentaria.

A creación de conceptos e subconceptos, nos capítulos que non aparezan tipificados no anexo II, require informe favorable da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos logo de proposta motivada dos centros xestores interesados.

b) Estrutura funcional por programas.

A asignación dos recursos efectuarase segundo a estrutura funcional por programas de gasto, que se detalla no anexo III, e que será adecuada aos contidos das políticas de gasto que delimitan e concretan as áreas de actuación do orzamento, relacionadas co PEG 2015-2020 e permitirá aos centros xestores agrupar os créditos orzamentarios atendendo aos obxectivos que se deban acadar.

A Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos poderá autorizar, por propia iniciativa ou por proposta dos centros xestores, modificacións no código, denominación e contido dos programas, así como a supresión de determinados programas de gasto ou creación doutros, para adaptar a clasificación por programas á estrutura do PEG 2015-2020.

Cada programa orzamentario contará cun obxectivo estratéxico que responderá aos fixados no PEG 2015-2020, que, pola súa vez, responden á súa lóxica de planificación. O PEG 2015-2020 xerarquízase arredor dunha estrutura de catro niveis: eixes, prioridades de actuación, obxectivos estratéxicos e obxectivos operativos, que figurarán na aplicación informática de elaboración de orzamentos.

A nivel de obxectivo estratéxico asimílanse as estruturas do PEG e a funcional do orzamento, correspondendo, polo xeral, un obxectivo estratéxico a cada programa de gasto. Porén, de xeito extraordinario, un obxectivo estratéxico pode abranguer varios programas orzamentarios.

A totalidade dos créditos de cada programa configúrase por códigos de proxecto (anexo V) baixo os cales se identifican os obxectivos operativos que se prevén acadar.

A creación dos códigos de proxecto realizaraa a Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, a través da aplicación informática de elaboración dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, de oficio ou por proposta dos órganos xestores, e de acordo coas instrucións para a elaboración dos orzamentos.

Os proxectos de gasto deberán asociar os indicadores de produtividade que permitan avaliar a eficacia e a eficiencia do gasto. Por regra xeral, sempre que estean relacionados coas actuacións que se vaian desenvolver no proxecto, deberán incluír os indicadores clave de produtividade, definidos tras o proceso de análise coas consellerías.

c) Estrutura orgánica.

As dotacións consignadas nos programas de gasto distribuíranse por servizos orzamentarios, unidades orgánicas con rango de dirección xeral ou equivalente, co detalle que figura no anexo IV desta orde.

d) Distribución territorial.

As dotacións orzamentarias dos proxectos de gasto deberán concretar a súa distribución territorial por concello, agás cando pola natureza do gasto non poida identificarse, a priori, o destinatario.

e) Os proxectos de gasto deberán concretar, ademais da vinculación ao PEG 2015-2020, os plans de actuación de carácter sectorial ou transversal que desenvolven, que posibilitará o encaixe da planificación global e xeral prevista no PEG coa planificación particular de cada sección orzamentaria.

III. Estados financeiros dos organismos autónomos e das axencias públicas autonómicas.

Ademais da estrutura establecida con carácter xeral, os orzamentos de ingresos e gastos dos organismos autónomos, axencias públicas autonómicas e demais entes recollidos no artigo 3 que estean suxeitos a orzamento limitativo de gasto, incluirán os estados financeiros que están obrigados a presentar, de acordo coas súas normas específicas de carácter contable e, en especial, as recollidas no capítulo IV do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia que lles son de aplicación; en particular, deberán presentar a súa conta financeira calculada con criterios de contabilidade nacional.

Estes entes deberán revisar ou definir, se é o caso, os obxectivos estratéxicos e operativos que perseguen cos seus programas orzamentarios vinculados ao PEG 2015-2020.

Dous. Orzamentos dos entes instrumentais.

Os orzamentos de explotación e capital, e demais estados financeiros das sociedades mercantís públicas autonómicas, fundacións do sector público autonómico e demais entes recollidos no artigo 3 non suxeitos a orzamento limitativo, estrutúranse de acordo coas súas normas específicas e, en particular, as recollidas no capítulo V do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia que lles son de aplicación.

Na formulación do programa de actuacións, investimentos e financiamento (PAIF) que estes entes deben presentar, deberán ter en conta os obxectivos considerados no Plan estratéxico de Galicia e nos plans xerais, sectoriais e transversais que os poidan afectar e, polo miúdo, os obxectivos que recolla o programa orzamentario consolidado que conteña, se é o caso, as transferencias correntes e de capital para financiar as actividades e os proxectos do ente.

I. Transferencias de financiamento.

As transferencias internas, achegas e, en xeral, as operacións entre diversos entes que se definen no artigo 3 desta orde orzamentaranse de modo nominativo para os efectos da consolidación dos estados orzamentarios.

Tres. Unidade de conta.

Os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma elaboraranse tendo como unidade de conta o euro.

Artigo 5. Órganos participantes na elaboración dos orzamentos

Un. Comisión de análise e avaliación dos obxectivos dos programas de gasto.

É o grupo de traballo encargado de avaliar os obxectivos estratéxicos e operativos asignados aos distintos programas de gasto, e os seus indicadores de resultado, así como a coherencia dos indicadores de produtividade asignados a cada proxecto orzamentario. Estes obxectivos coincidirán cos do Plan estratéxico de Galicia.

Prestará especial atención aos obxectivos transversais e principios horizontais do PEG 2015-2020.

Constituirase unha comisión por cada sección e formarán parte dela:

• O director xeral de Planificación e Orzamentos, que a presidirá.

• O subdirector xeral de Planificación.

• A secretaria xeral de Igualdade ou persoa en quen delegue.

• O secretario xeral técnico da respectiva sección orzamentaria e os responsables de gasto que xulgue necesarios.

O presidente da comisión poderá convocar outros xestores de gasto así como o persoal asesor que xulgue conveniente.

No seo destas comisións haberá unha subcomisión de análise de xénero que analizará o impacto dos programas de gasto na erradicación das fendas de xénero detectadas e realizará as recomendacións necesarias para a incorporación da perspectiva de xénero aos orzamentos.

Dous. Comisión de ingresos propios e finalistas.

Por cada sección constituirase unha comisión a que lle corresponderán as tarefas de determinación, análise e agregación dos datos precisos para a elaboración das previsións dos seguintes ingresos:

– Os relativos ás taxas, prezos e demais ingresos de dereito público xestionados pola sección.

– Os ingresos de carácter finalista procedentes da Administración do Estado ou doutras administracións públicas, agás os recollidos na Comisión de Fondos Europeos. Para a súa determinación será requisito imprescindible a xustificación do dereito á súa percepción por parte das consellerías afectadas.

– Os correspondentes aos organismos autónomos, axencias ou entidades con orzamento limitativo recollidos no artigo 3 que estivesen adscritos á sección.

As comisións estarán integradas por:

– Os representantes que designe a Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, un dos cales actuará como presidente e outro como secretario da comisión.

– Un representante designado pola Axencia Tributaria de Galicia.

– Un representante designado por cada sección orzamentaria, que actuará no nome da sección e das entidades que teña adscritas, logo de solicitude poderá vir acompañado doutros membros da sección, que actuarán como asesores.

No seo desta comisión realizaranse as tarefas necesarias para a determinación das modificacións normativas que ten que incorporar o anteproxecto de lei de orzamentos ou de medidas fiscais en relación coas taxas. Estas modificacións deberán ampararse nunha memoria económica que conteña os custos da prestación do servizo, o número de servizos que se espera realizar anualmente, as tarifas que se propoñen e, se é o caso, os instrumentos reguladores que para elas se propoñan. Esta memoria será elaborada pola sección orzamentaria a que corresponda a xestión da taxa e deberá confeccionarse e poñerse ao dispor dos restantes membros da comisión, con carácter previo á reunión en que se proceda á análise da modificación normativa que se pretenda.

Ademais, corresponderá a esta comisión a realización dos cálculos necesarios para determinar os beneficios fiscais e as subvencións reguladoras que afectan as taxas e os prezos que xestiona cada sección orzamentaria.

O presidente da comisión poderá convocar outros xestores de ingresos así como o persoal asesor que xulgue conveniente.

Tres. Comisión de fondos europeos e Fondo de Compensación Interterritorial (FCI).

Paralelamente á anterior comisión, para cada sección constituirase unha comisión a que corresponderán as tarefas de determinación, análise e agregación dos datos precisos para a elaboración das previsións dos seguintes ingresos:

– Os ingresos previstos de certificacións de gastos cofinanciados con fondos europeos xestionados pola Comunidade Autónoma.

– Os ingresos finalistas doutras administracións previstos, financiados con fondos europeos plurirrexionais e de cooperación.

– Os ingresos previstos de partidas financiadas co FCI.

A comisión de fondos estará integrada por:

– O director xeral de Planificación e Orzamentos, que actuará como presidente.

– A subdirectora xeral de Orzamentos.

– O subdirector xeral de Planificación.

– O subdirector xeral de Programación Financeira do Sector Público Autonómico e de Seguimento de Políticas de Gasto, que actuará como secretario.

– Dous representantes designados pola Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos, en concepto de organismo intermedio do Feder, do FSE e organismo coordinador do FCI.

– Un representante designado pola Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, en calidade de autoridade de xestión do Feader.

– Un representante designado pola Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, en calidade de órgano coordinador e xestor do FEMP en Galicia.

– Por último, formará parte un representante da Dirección Xeral de Relacións Exteriores para establecer as previsións de ingresos do POCTEP.

O presidente da comisión poderá convocar outros xestores de gasto, así como o persoal asesor que xulgue conveniente.

No seo desta comisión realizaranse as tarefas precisas para a estimación das certificacións previstas dos anteriores fondos, en función do establecido nos programas operativos e dos negocios xurídicos que vehiculen a execución de fondos plurirrexionais que vaian ser executados polo sector público autonómico; do mesmo xeito trataranse as partidas que deben figurar nos estados de gasto para posibilitar as devanditas certificacións.

Catro. Comisión funcional do gasto.

A comisión funcional do gasto determinará, en función dos obxectivos e das prioridades de gasto establecidas no PEG 2015-2020, nesta orde e dos recursos dispoñibles, a distribución do orzamento por programas, capítulos e proxectos de gasto.

No seo desta comisión realizarase unha análise dos diferentes proxectos de gasto en que se concretan as actuacións que se van desenvolver no vindeiro exercicio, de cara a acreditar a súa adecuada definición, necesidade, prioridade e cuantificación.

A comisión estará formada por:

– A persoa titular da Consellería de Facenda, que a presidirá.

– Os titulares das distintas seccións orzamentarias ou persoas en que estes deleguen.

– O director xeral de Planificación e Orzamentos que actuará como vicepresidente e,

– A titular da Subdirección Xeral de Orzamentos que actuará como secretaria.

Por proposta de calquera dos seus membros, poderanse convocar a representantes de calquera dos centros directivos cuxa presenza se considere oportuna, así como os outros subdirectores da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos en función da materia que se vaia tratar.

Para o cumprimento das súas funcións, a comisión poderá actuar en pleno ou mediante as subcomisións que para cada sección orzamentaria se decida establecer.

O traballo desta comisión desenvolverase a partir do orzamento básico elaborado pola Subdirección Xeral de Orzamentos, así como das propostas gravadas na aplicación de orzamentos por cada sección orzamentaria na data fixada no punto 5 do artigo 7.

Non se terán en conta propostas non rexistradas no devandito aplicativo en tempo e forma.

No seo desta comisión analizarase o orzamento en clave de infancia con base nas fichas elaboradas este ano.

Artigo 6. Texto articulado

Un. Coordinación das propostas e elaboración do texto articulado.

Corresponderá á Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos coordinar a redacción do articulado do anteproxecto de lei de orzamentos e a presentación do seu texto definitivo.

Dous. Remisión de propostas normativas.

As consellerías, e a través delas, os organismos e demais entes recollidos no artigo 3 desta orde, poderán formular, a través do aplicativo de elaboración de orzamentos, antes do 31 de xullo, as propostas normativas con encaixe na lei de orzamentos que consideren precisas.

As propostas deberán estar acompañadas dos seguintes documentos:

• Memoria xustificativa da súa oportunidade.

• Táboa de vixencias e de disposicións afectadas.

• Informe económico sobre a súa repercusión nos ingresos e gastos, segundo as instrucións que dite a Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos.

Tres. Obxecto e contido das propostas normativas.

As propostas normativas que se refiran exclusivamente á modificación de taxas xa existentes ou a creación doutras novas terán que contar, necesariamente, co visto e prace da Comisión Funcional de Ingresos a que se refire o punto dous do artigo 5 desta orde, logo da análise de viabilidade que se realice ao abeiro da memoria económica especialmente elaborada para xustificar a proposta. Esta proposta deberá formularse no prazo previsto no número dous deste artigo.

Artigo 7. Proceso de elaboración

Un. Información que hai que subministrar en relación con determinados ingresos.

A Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos da Consellería de Facenda levará a cabo as tarefas de determinación dos ingresos correspondentes ao sistema de financiamento da Comunidade Autónoma.

Ademais, corresponderalle a tarefa de realizar a análise e agregación dos datos que, conforme o sinalado tanto na presente epígrafe como nas epígrafes dúas a catro deste artigo sexan precisos para a elaboración do anteproxecto de ingresos.

A información necesaria para establecer as previsións correspondentes a impostos directos e indirectos, tanto propios da Comunidade Autónoma como os cedidos xestionados por ela, será facilitada pola Axencia Tributaria de Galicia.

A información precisa para establecer as previsións dos ingresos correspondentes aos capítulos V e IX da sección 22, achegaraa, en función das competencias que a cada unha delas lles corresponda, a Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio e a Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos.

Dous. Beneficios fiscais.

Os datos coa estimación e elaboración do orzamento de beneficios fiscais serán facilitados pola Axencia Tributaria de Galicia para a súa incorporación ao proxecto de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

A referida estimación deberá constar na Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos antes do 13 de setembro.

Tres. Ingresos correspondentes ás distintas seccións orzamentarias.

As previsións dos ingresos que determinen as comisións das correspondentes seccións orzamentarias a que se refire o punto dous do artigo 5 deberán estar á disposición da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos antes do 24 de xuño.

Catro. Fondos Europeos e FCI.

A Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos facilitará á Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos a estimación global de financiamento con FCI para o vindeiro exercicio, que será confirmada cos datos do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

Posteriormente, a Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos determinará os proxectos financiados con cargo ao FCI, acordados con cada unha das consellerías para o seu financiamento con cargo ao crédito recollido na sección 33 do anteproxecto de orzamentos xerais do Estado para o ano 2020, correspondentes a esta Comunidade Autónoma.

As direccións integrantes da subcomisión de ingresos de fondos europeos achegarán a información precisa para a dotación de partidas correspondentes ás actuacións recollidas nos programas operativos Feder, FSE, Emprego Xuvenil, Feader, FEMP e POCTEP.

A anterior información, no que atinxe ás previsións de ingresos, deberá remitirse á Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos antes do 10 de xullo.

Cinco. Propostas de gasto.

As distintas consellerías e órganos xestores remitirán, polo sistema informático establecido para o efecto, as propostas de gasto plurianuais, desagregándose as actuacións contidas en cada proxecto para 2020, incluíndo as referentes aos organismos, entes e sociedades a eles adscritos, antes do 9 de setembro. Os parámetros de evolución do gasto non financeiro de cada sección deberán axustarse aos xerais establecidos no seo da Comisión Funcional do Gasto.

A Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos examinará, no seo da Comisión Funcional do Gasto, a documentación orzamentaria recibida, para os efectos de verificar o axuste dos créditos ás previsións de financiamento realizadas e ao establecido nesta orde e na restante normativa aplicable.

Seis. Regras de validación.

As dotacións de partidas propostas e aceptadas son vinculantes para cada sección orzamentaria. Tras as reunións das comisións funcionais de gasto e de ingreso que procedan, a Consellería de Facenda determinará, consonte os criterios financeiros, resultados pretendidos e demais directrices aprobadas polo Consello da Xunta, os importes dos orzamentos correspondentes a cada servizo orzamentario ou equivalente, fixando as regras de validación que se deben incluír no programa informático de elaboración dos orzamentos.

As devanditas validacións deberán estar cargadas no aplicativo de elaboración de orzamentos antes do 9 de outubro.

Sete. Orzamentos dos organismos estatutarios e consultivos.

As propostas de anteproxectos dos estados de gastos dos órganos estatutarios e consultivos da Comunidade Autónoma elaboraranse consonte os criterios establecidos e remitiranse, antes do día 23 de setembro, á Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos.

A Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos mecanizará no soporte informático de elaboración de orzamentos os anteditos orzamentos.

Oito. Anexo de persoal.

O anexo de persoal obterase directamente no programa de xestión de persoal no caso das seccións orzamentarias, organismos autónomos e axencias públicas autonómicas incluídas no sistema.

As distintas consellerías e órganos xestores remitirán unha ficha de evolución de efectivos, que recollerá a situación de efectivos reais en data 1 de xuño de 2019, as previsións de vacantes e a previsión de necesidades para o ano 2020; para estes efectos, establecerá un modelo a Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos.

Estas fichas de persoal serán analizadas nas comisións funcionais de gasto e servirá como base para a elaboración e cuantificación do devandito anexo.

As fichas poderán estar acompañadas dos documentos acreditativos das necesidades expostas.

As ditas fichas deberán remitirse a Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos antes do 1 de xullo.

O orzamento básico de persoal deberá estar pechado antes do 10 de xullo.

Para os casos en que as dotacións do capítulo I se financien con fondos europeos ou outros fondos finalistas, os distintos servizos orzamentarios (direccións xerais ou equivalentes) deberán remitir, a través do programa informático de elaboración de orzamentos, a información referida a estes por código de proxecto e fonte de financiamento.

Nove. Sociedades públicas mercantís autonómicas, fundacións do sector público autonómico, consorcios autonómicos e entidades públicas empresariais.

Os entes instrumentais sinalados no artigo 3 desta orde remitiranlle á Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, a través da aplicación informática especialmente habilitada para iso, a documentación que oportunamente se determinará a través da correspondente resolución.

Os órganos de goberno de cada ente instrumental aprobarán a actualización do seu PAIF e actualizarán o seu catálogo de obxectivos no mes de xullo, de acordo co establecido no artigo 84 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e acordarán a súa remisión á Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos antes do 13 de setembro.

A Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos poderá, para os efectos da presentación de datos agregados, homoxeneizar as estruturas orzamentarias das sociedades e entes clasificados como Administración pública da Comunidade Autónoma consonte as normas do Sistema europeo de contas (SEC-2010). Esta homoxeneización realizarase sobre a base da estrutura de ingresos e gastos establecida no artigo 4 desta orde.

Os datos de gastos de persoal recolleranse no aplicativo de custos de persoal pola Subdirección de Custos de Persoal, con base nos modelos autorizados para cada ente.

No caso de que non tivesen remitida a documentación anterior completa e nos prazos establecidos, o orzamento do ente instrumental será elaborado de oficio pola Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos aplicando os criterios da prórroga establecidos no artigo 54 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, do mesmo xeito axustaranse as transferencias de financiamento correspondentes.

Artigo 8. Memorias e informe económico-financeiro

Un. Memoria I.

A redacción da memoria xeral será levada a cabo pola Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos da Consellería de Facenda.

Dous. Memoria II.

As memorias correspondentes a cada unha das consellerías serán elaboradas por estas segundo o contido e as instrucións que deberá emitir a Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos. Deberán remitirse, mediante o programa informático desenvolvido para a súa xestión, antes do 18 de setembro.

Tres. Memoria de obxectivos e programas.

A memoria de obxectivos e programas será elaborada pola Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos e reflectirá os orzamentos en termos de PEG 2015-2020, cunha descrición da distribución de recursos por eixes, prioridades de actuación, obxectivos estratéxicos e operativos, así como o seguimento deles a través dos indicadores clave de produtividade e resultado. Tamén contará coa análise do orzamento cuxas fontes de financiamento sexan os fondos europeos, en especial dos fondos estruturais (Feder e FSE) e sectoriais (FEMP e Feader).

Catro. Informe económico-financeiro.

A Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos coordinará a elaboración do informe económico-financeiro que acompaña o proxecto de lei de orzamentos xerais baseándose, de ser o caso, nos informes e previsións de conxuntura económica elaborados polo Instituto Galego de Estatística e a Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos.

Cinco. Memoria de orzamentos das deputacións.

A Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos elaborará a memoria de orzamentos das deputacións provinciais, de acordo coa disposición adicional terceira do Estatuto de autonomía de Galicia.

Seis. Informe de impacto de xénero.

A Secretaría Xeral de Igualdade, en colaboración coa Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos e do Instituto Galego de Estatística (IGE), elaborará un informe que permita coñecer a situación diferencial de mulleres e homes en relación cos distintos ámbitos prioritarios de intervención e a análise do impacto de xénero dos diferentes programas de gasto.

Sete. Informe de impacto na infancia e a xuventude.

Oito. Liquidación dos orzamentos do exercicio anterior e avance do actual.

Tamén se achegará, xunto co anteproxecto de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, a liquidación dos orzamentos do exercicio anterior e un avance dos do exercicio corrente, que serán elaborados pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

Disposición adicional primeira. Tratamento extraorzamentario na xestión do Feaga

Co obxecto de adecuar os estados orzamentarios á natureza da función de intermediación que desenvolve o Fondo Galego de Garantía Agraria na xestión do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma non se consignarán os créditos destinados ao pagamento deste fondo, o cal se xestionará conforme o sinalado no punto 4 do artigo 46 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Disposición adicional segunda. Elaboración de proxectos de lei de medidas

No suposto de que a Consellería de Facenda considere conveniente a elaboración de proxectos de lei que requiran a súa tramitación simultánea co proxecto de lei de orzamentos, constituirase unha comisión específica que estará formada por:

– Dous representantes designados pola Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, que terán, respectivamente, a presidencia e a secretaría da comisión.

– Un representante designado pola Asesoría Xurídica Xeral, que terá a vicepresidencia da comisión.

– Un representante designado por cada consellería.

As tarefas desta comisión desenvolveranse da seguinte forma:

1. Unha vez constituída, o representante de cada consellería dispoñerá dun prazo de dez días para enviar unha relación dos temas que se propoñen incluír no anteproxecto de lei, indicando para cada un deles o motivo e o seu impacto económico nos orzamentos.

2. Antes do 12 de xullo, a comisión deberá establecer a estrutura da lei, determinando os temas seleccionados entre as relacións presentadas por cada consellería. Ademais, a comisión aprobará a ficha en que se plasmará o texto das propostas normativas que desenvolvan cada un dos temas, a memoria xustificativa de cada proposta, así como a natureza e avaliación do seu impacto económico-financeiro. Nesta reunión, a comisión poderá anticipar o calendario de elaboración do anteproxecto de lei previsto nas epígrafes seguintes, sempre que existan motivos xustificados para iso.

3. Antes do 13 de setembro, a comisión elaborará o borrador do texto articulado que desenvolve cada un dos temas seleccionados na determinación da estrutura da lei e iniciará os traballos pertinentes para a elaboración da memoria xustificativa e económica que deberá formar parte do expediente correspondente ao anteproxecto de lei. A realización destas tarefas poderá concretarse en reunións separadas entre os representantes da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos e da Asesoría Xurídica Xeral e o representante de cada consellería que, logo de solicitude, poderá vir acompañado doutros membros da consellería en calidade de asesores por razón da materia de que se trate.

4. Antes do 27 de setembro, a comisión pechará o texto íntegro do articulado do anteproxecto de lei que se remitirá ao órgano competente da Consellería de Facenda para a súa tramitación.

Disposición derradeira primeira

Tendo en conta as análises e as propostas de ingresos e gastos resultantes, e consonte as directrices do marco orzamentario plurianual da Comunidade Autónoma, a Consellería de Facenda formulará o anteproxecto de Lei de orzamentos xerais e someterao á aprobación do Consello da Xunta.

Ademais, se for o caso, a Consellería de Facenda formulará o anteproxecto de lei de medidas fiscais e administrativas que acompañe ao de orzamentos, o cal tamén se someterá á aprobación do Consello da Xunta.

Disposición derradeira segunda

Autorízase a Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos para desenvolver as normas contidas nesta orde, especialmente as relativas á definición, normalización e contido da clasificación económica e por programas, así como para adecuar, se é o caso, a documentación que se indica no seu artigo 4, creando ou substituíndo os que se consideren precisos en función das necesidades resultantes do proceso de elaboración.

Disposición derradeira terceira

Esta orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO I

Clasificación económica dos ingresos públicos

Código da clasificación económica dos ingresos públicos comprendidos nos orzamentos da Comunidade Autónoma e os seus organismos autónomos e axencias públicas.

Os recursos que prevé liquidar, segundo a súa natureza económica, clasificaranse por capítulos, artigos, conceptos e subconceptos, tal como se detalla no seguinte sistema de codificación.

Esta estrutura de clasificación inicial por artigos, conceptos e subconceptos considérase aberta, polo que se poderán propoñer os novos elementos que se consideren necesarios en calidade de atípicos, cando non figuren incluídos na codificación inicial.

A clasificación económica, co detalle antes definido, terá carácter informativo para os efectos de lograr unha adecuada identificación dos dereitos económicos da Facenda pública no momento do seu rexistro contable. Para os efectos da súa inclusión nos orzamentos, a desagregación das previsións nos distintos niveis da clasificación por categorías económicas será elaborada polos distintos centros xestores dos ingresos en función da información dispoñible por eles.

CAPÍTULO I

Impostos directos

1

Impostos directos.

10

Sobre a renda.

100

Tarifa autonómica sobre a renda das persoas físicas.

00. Entregas á conta.

01. Liquidación exercicios anteriores.

11

Sobre o capital.

110

Imposto sobre sucesións e doazóns.

111

Imposto sobre o patrimonio.

112

Imposto sobre depósitos nas entidades de crédito.

12

Outros impostos directos.

120

Imposto compensatorio ambiental mineiro.

CAPÍTULO II

Impostos indirectos

2

Impostos indirectos.

20

Sobre transmisións patrimoniais onerosas e actos xurídicos documentados.

200

Sobre transmisións inter vivos.

201

Sobre actos xurídicos documentados.

21

Sobre o valor engadido.

210

Imposto sobre o valor engadido.

00. Entregas á conta.

01. Liquidación exercicios anteriores.

22

Sobre consumos específicos.

220

Impostos especiais.

00. Sobre o alcohol e bebidas derivadas. Entregas á conta.

01. Sobre a cervexa. Entregas á conta.

03. Sobre elaborados de tabaco. Entregas á conta.

04. Sobre hidrocarburos. Entregas á conta.

05. Sobre determinados medios de transporte.

06. Sobre produtos intermedios. Entregas á conta.

07. Sobre a electricidade. Entregas á conta.

08. Liquidación exercicios anteriores.

23

Impostos sobre o xogo.

230

Taxas fiscais sobre o xogo.

01. Bingo

02. Rifas, tómbolas, apostas e combinacións aleatorias.

03. Máquinas recreativas.

04. Casinos.

05. Apostas deportivas.

231

Imposto sobre actividades de xogo.

29

Outros impostos indirectos

291

Imposto sobre a contaminación atmosférica.

292

Imposto sobre o dano ambiental, auga encorada.

293

Canon eólico.

CAPÍTULO III

Taxas, prezos e outros ingresos

3

Taxas, prezos e outros ingresos.

30

Taxas administrativas.

301

Taxas por servizos administrativos.

01. Inscrición de convocatorias para selección de persoal. Consellería de Facenda.

02. Inscrición de convocatorias para selección de persoal. Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

03. Inscrición de convocatorias para selección de persoal. Resto de consellerías.

04. Outras taxas por servizos administrativos.

302

Taxas por servizos profesionais.

01. Modalidade administrativo-facultativa.

02. Modalidade actuacións profesionais.

303

Taxas por venda de bens.

304

Taxas por dominio público.

31

Prezos.

311

Prezos públicos.

312

Prezos privados.

34

Ingresos derivados de encomendas de xestión.

340

Da Comunidade Autónoma.

341

De organismos autónomos e entidades públicas de consulta ou asesoramento.

342

De axencias públicas autonómicas.

343

De sociedades públicas e outros entes públicos da Comunidade Autónoma.

35

Ingresos derivados de compensacións económicas.

353

De sociedades públicas e outros entes públicos.

354

De fundacións públicas

36

Debedores

363

Debedores varios e particulares.

364

Debedores de accidentes de tráfico.

365

Debedores mutuas patronais de accidentes de traballo.

366

Convenio Muface.

367

Convenio Isfas.

368

Convenio Muxexu

369

Convenio institucións penitenciarias.

38

Reintegros por operacións correntes.

380

De exercicios pechados.

381

De exercicio corrente.

39

Outros ingresos.

391

Recargas e multas.

01. Xuros de demora.

02. Recarga de constrinximento.

99. Multas e sancións tributarias.

392

Sancións impostas polas consellerías.

399

Ingresos diversos.

01. Recursos eventuais.

04. Xestión recadadora executiva a outros entes.

99. Outros ingresos diversos.

CAPÍTULO IV

Transferencias correntes

Recursos condicionados ou non, recibidos pola Administración da Comunidade Autónoma e os seus organismos autónomos e axencias públicas, sen contrapartida directa por parte dos axentes que os conceden e que se destinan a financiar operacións correntes.

4

Transferencias correntes.

40

Da Administración xeral e organismos públicos do Estado.

400

Participación no sistema de financiamento.

00. Fondo de suficiencia. Entregas á conta.

01. Fondo de suficiencia. Liquidación exercicios anteriores.

09. Fondo de Garantía de Servizos Públicos Fundamentais. Entrega á conta.

10. Fondo de Garantía de Servizos Públicos Fundamentais. Liquidación exercicios anteriores.

11. Fondos de converxencia. Liquidación exercicios anteriores.

– Abriranse outros subconceptos en función dos recursos de procedencia.

401

Da Seguridade Social.

402

De organismos autónomos do Estado.

403

De empresas públicas e outros entes públicos do Estado.

404

Subvencións finalistas da Administración xeral.

– Abriranse os subconceptos que procedan segundo a consellería ou organismo a que se destinan.

– Desenvolverase en función das liñas de actuación.

409

Custo novas transferencias da Administración do Estado.

– A nivel de subconcepto indicarase o ano de procedencia da transferencia.

41

Da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

43

De organismos autónomos, entidades públicas instrumentais de consulta ou asesoramento e axencias públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

430

De organismos autónomos.

00. Escola Galega de Administración Pública.

01. Academia Galega de Seguridade Pública.

02. Instituto Galego de Estatística.

04. Instituto de Estudos do Territorio.

05. Instituto Galego da Vivenda e Solo.

06. Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

07. Servizo Galego de Saúde.

08. Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

09. Fondo Galego de Garantía Agraria.

431

De entidades públicas instrumentais de consulta ou asesoramento.

00. Consello Económico e Social.

01. Consello Galego de Relacións Laborais.

432

De axencias públicas autonómicas.

00. Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

01. Axencia Galega de Emerxencias.

02. Centro Informático de Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

03. Axencia Tributaria de Galicia.

04. Axencia Galega de Infraestruturas.

05. Instituto Galego de Promoción Económica.

06. Instituto Enerxético de Galicia.

07. Axencia Galega de Innovación.

08. Axencia Galega das Industrias Culturais.

09. Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

10. Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

11. Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño.

12. Axencia Turismo de Galicia.

13. Axencia Galega de Servizos Sociais.

14. Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde.

15. Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos.

16. Axencia Galega da Industria Forestal

44

De sociedades públicas e outras entidades públicas da Comunidade Autónoma.

440

De entidades públicas empresariais.

01. Entidade pública empresarial Augas de Galicia.

02. Portos de Galicia.

441

De sociedades mercantís públicas autonómicas.

00. Redes de Telecomunicación Galegas, S.A.

01. Sociedade Pública de Investimentos de Galicia.

02. Sociedade Galega de Medio Ambiente, S.A. (Sogama).

08. Xes Galicia Sociedade de Xestora de Entidades de Capital Risco, S.A.

09. Sodiga Galicia. Sociedade de Capital Risco.

10. Galicia Calidade.

11. Sociedade Anónima de Xestión do Xacobeo.

13. Xenética Fontao, S.A.

14. Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A.

15. Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

16. Parque Tecnolóxico de Galicia.

17. Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.

18. Sotavento Galicia, S.A.

19. Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

442

De consorcios participados maioritariamente pola Comunidade Autónoma.

01. Axencia para a Protección da Legalidade Urbanística.

02. Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia.

04. Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

05. Consorcio Bibliotecas Universitarias.

07. Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e do Benestar.

08. Consorcio para a xestión e explotación da rede básica de abastecemento aos concellos de Cervo e Burela.

18. Consorcio Casco Vello de Vigo.

19. Consorcio dos Peares.

443

De fundacións públicas autonómicas.

00. Fundación Deporte Galego.

01. Fundación Semana Verde de Galicia.

02. Fundación Galicia-Europa.

03. Fundación Rof Codina.

04. Fundación Centro Galego de Artesanía e Deseño.

05. Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia.

06. Fundación Exposicións e Congresos da Estrada.

07. Fundación Feiras e Exposicións de Lugo.

09. Instituto Feiral da Coruña.

10. Fundación Instituto Galego de Oftalmoloxía.

12. Urxencias Sanitarias 061.

14. Fundación Galega de Medicina Xenómica.

15. Fundación Cidade da Cultura.

17. Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas.

18. Fundación Galega Formación para o Traballo.

19. Centro Tecnolóxico da Carne.

20. Fundación Pública Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar).

21. Fundación Camilo José Cela.

22. Fundación Feiras e Exposicións de Ourense.

27. Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (Faepac).

99. Outras fundacións.

444

De universidades públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

445

Doutras entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma.

45

De comunidades autónomas.

450

De comunidades autónomas.

46

De corporacións locais.

460

De concellos.

461

De deputacións.

469

Doutros entes locais.

47

De empresas privadas.

48

De familias e institucións sen fin de lucro.

480

De familias.

481

De institucións sen fin de lucro.

49

Do exterior.

– Abriranse distintos conceptos e subconceptos de acordo coa orixe específica dos fondos.

– Nos organismos autónomos e axencias indicarase, a nivel de subconcepto, a natureza dos fondos.

CAPÍTULO V

Ingresos patrimoniais

Recolle os ingresos procedentes de rendas de propiedade ou do patrimonio da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos e axencias públicas e das súas actividades realizadas en réxime de dereito privado.

5

Ingresos patrimoniais.

50

Xuros de títulos e valores.

51

Xuros de anticipos e préstamos concedidos.

52

Xuros de depósitos.

520

Xuros de contas bancarias.

00. De contas correntes.

99. Outros xuros bancarios.

53

Dividendos e participacións en beneficios.

533

De organismos autónomos.

534

De sociedades públicas e outras entidades públicas

537

De empresas privadas.

54

Rendas de bens inmobles.

540

Alugamento e produtos de inmobles.

541

Alugamento de predios rústicos.

544

Outras rendas.

55

Produtos de concesións e aproveitamentos especiais.

550

De concesións administrativas.

551

Aproveitamentos agrícolas e forestais.

559

Outras concesións e aproveitamentos.

57

Resultado de operacións comerciais.

58

Variación do fondo de manobra.

59

Outros ingresos patrimoniais.

591

Beneficios por realización de investimentos financeiros.

592

Comisións sobre avais.

593

Operacións de derivados

599

Outros.

CAPÍTULO VI

Alleamento de investimentos reais

Comprende os ingresos derivados da venda de bens de capital de propiedade da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos e axencias públicas.

6

Alleamento de investimentos reais.

60

De terreos.

600

Venda de soares.

00. De solo industrial.

01. De solo residencial.

601

Venda de predios rústicos.

61

Dos demais investimentos reais.

612

Venda de edificios e outras construcións

619

Venda doutros investimentos reais.

00. Alleamento de locais comerciais.

02. Amortización anticipada de vivendas.

03. Alleamento de vivendas.

05. Recadación de vivendas.

68

Reintegro por operacións de capital.

680

De exercicios pechados.

681

Do exercicio corrente.

CAPÍTULO VII

Transferencias de capital

Recursos condicionados ou non recibidos pola Comunidade Autónoma e polos seus organismos autónomos e axencias públicas, sen contrapartida directa por parte dos axentes que os conceden e que se destinan a financiar operacións de capital.

7

Transferencias de capital.

70

Da Administración xeral e organismos públicos do Estado.

700

Dos fondos de compensación interterritorial.

01. Fondo de Compensación.

02. Fondo complementario.

06. Fondo de compensación. Exercicio pechado

701

Da Seguridade Social.

702

De organismos autónomos do Estado.

703

De empresas públicas e outros entes públicos do Estado.

704

Subvencións finalistas da Administración xeral.

– Abriranse os subconceptos que procedan segundo a consellería ou organismo a que afecte.

– Desenvolverase en función das liñas de actuación.

709

Outras transferencias.

71

Da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

73

De organismos autónomos, entidades públicas instrumentais de consulta ou asesoramento e axencias públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

730

De organismos autónomos

Mesmo desenvolvemento que no concepto 430.

731

De entidades públicas instrumentais de consulta ou asesoramento.

Mesmo desenvolvemento que no concepto 431

732

De axencias públicas autonómicas.

Mesmo desenvolvemento que no concepto 432

74

De sociedades públicas e outras entidades públicas da Comunidade Autónoma.

740

De entidades públicas empresariais.

Mesmo desenvolvemento que no concepto 440.

741

De sociedades mercantís públicas autonómicas.

Mesmo desenvolvemento que no concepto 441.

742

De consorcios participados maioritariamente pola Comunidade Autónoma.

Mesmo desenvolvemento que no concepto 442.

743

De fundacións públicas autonómicas.

Mesmo desenvolvemento que no concepto 443.

744

De universidades públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

745

Doutras entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma.

75

De comunidades autónomas.

750

Transferencias de capital de comunidades autónomas.

76

De corporacións locais.

760

De concellos.

761

De deputacións.

769

Doutros entes locais.

77

De empresas privadas.

78

De familias e institucións sen fin de lucro.

780

De familias.

781

De institucións sen fin de lucro.

79

Do exterior.

– Abriranse distintos conceptos e subconceptos segundo a orixe específica dos fondos.

– No caso de organismos autónomos e axencias indicarase, a nivel de subconcepto, a natureza dos fondos.

CAPÍTULO VIII

Activos financeiros

Recolle os ingresos procedentes da venda de activos financeiros, así como os ingresos procedentes de reintegros de préstamos concedidos e os reintegros de depósitos e fianzas constituídos.

8

Activos financeiros.

80

Alleamento de débeda do sector público.

800

A curto prazo.

801

A longo prazo.

81

Alleamento de obrigacións e bonos fóra do sector público.

810

A curto prazo.

811

A longo prazo.

82

Reintegros de préstamos concedidos ao sector público.

820

A curto prazo.

821

A longo prazo.

83

Reintegro de préstamos concedidos fóra do sector público.

830

A curto prazo.

831

A longo prazo.

84

Devolución de depósitos e fianzas.

840

Devolución de depósitos.

841

Devolución de fianzas.

85

Alleamento de accións do sector público.

850

Alleamento de accións do sector público.

86

Alleamento de accións fóra do sector público.

860

Alleamento de accións fóra do sector público.

87

Remanente de tesouraría.

870

Remanente de tesouraría.

CAPÍTULO IX

Pasivos financeiros

Imputaranse a este concepto os ingresos obtidos pola Comunidade Autónoma e polos seus organismos autónomos procedentes da emisión de débeda e a obtención de préstamos tanto no interior como no exterior, en moeda nacional ou estranxeira, a curto, medio e longo prazo, os depósitos e fianzas recibidas.

9

Pasivos financeiros.

94

Depósitos e fianzas recibidos.

940

Depósitos recibidos.

941

Fianzas recibidas.

95

Préstamos recibidos e emisión de débeda.

950

Préstamos recibidos e emisión de débeda.

96

Conversión, negociación, transformación ou substitución de operacións de endebedamento.

960

Conversión, negociación, transformación ou substitución de operacións de endebedamento.

ANEXO II

Clasificación económica do gasto

Código da clasificación económica dos gastos públicos comprendidos nos orzamentos da Comunidade Autónoma e nos seus organismos autónomos.

A desagregación da clasificación económica, en conceptos e subconceptos, ten carácter informativo para aqueles casos en que a vinculación se estableza a nivel máis agregado.

Os centros xestores presentarán o detalle dos créditos en función da información dispoñible e deberán descender a nivel de subconcepto naqueles conceptos que así se detallan nesta orde.

Naqueles supostos en que se prevexa o desenvolvemento por sectores dun concepto, estes identificaranse polos seguintes díxitos:

0

Administración xeral e organismos públicos do Estado.

00

Administración do Estado.

01

Seguridade Social.

02

Organismos autónomos do Estado.

03

Axencias estatais e outros organismos públicos do Estado.

1

Administración xeral da Comunidade Autónoma.

11

Administración xeral da Comunidade Autónoma.

3

Organismos autónomos, entidades públicas instrumentais de consulta ou asesoramento e axencias públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

30

Organismos autónomos.

31

Entidades públicas instrumentais de consulta ou asesoramento.

32

Axencias públicas autonómicas.

4

Sociedades mercantís, entidades públicas empresarias, fundacións e resto de entidades do sector público autonómico.

40

Entidades públicas empresariais.

41

Sociedades mercantís públicas autonómicas.

42

Consorcios autonómicos.

43

Fundacións do sector público autonómico.

44

Universidades públicas galegas.

45

Outros entes públicos da Comunidade Autónoma.

5

Comunidades autónomas.

50

Comunidades autónomas.

6

Corporacións locais.

60

Corporacións locais.

7

Empresas privadas.

70

Empresas privadas.

8

Familias e institucións sen fin de lucro.

80

Familias.

81

Institucións sen fin de lucro.

9

Exterior.

90

Exterior.

CAPÍTULO I

Gastos de persoal

1

Gastos de persoal.

10

Altos cargos e delegados.

100

Retribucións básicas e outras remuneracións de altos cargos e delegados.

00. Retribucións básicas.

01. Outras remuneracións.

08. IPC galego

16. Prestacións económicas por incapacidade temporal, para compensar

17. Prestacións por diferenzas retributivas en incapacidade temporal e maternidade

11

Persoal eventual de gabinete.

110

Persoal eventual de gabinete.

00. Retribucións básicas e outras remuneracións.

16. Prestacións económicas por incapacidade temporal, para compensar

17. Prestacións por diferenzas retributivas en incapacidade temporal e maternidade

12

Funcionarios.

120

Retribucións básicas.

00. Soldos subgrupo A1.

01. Soldos subgrupo A2.

02. Soldos subgrupo C1.

03. Soldos subgrupo C2.

04. Soldos agrupacións profesionais.

05. Trienios.

06. Outras retribucións básicas.

07. Prestacións por maternidade.

09. Vacacións persoal interino docente.

10. Soldos subgrupo A1. Persoal de cota.

11. Soldos subgrupo A2. Persoal de cota.

12. Substitucións médicos APD.

13. Substitucións practicantes APD.

14. Substitucións matronas APD.

20. Substitucións de persoal non docente.

21. Substitucións de persoal docente.

22. Regulación da parte proporcional das vacacións de substitutos docentes.

23. Vacacións non disfrutadas.

24. Acumulación de tarefas de persoal funcionario.

25. Persoal interino. Programas extraordinarios de carácter temporal.

26. Substitución persoal ao servizo da Administración de xustiza.

121

Retribucións complementarias.

00. Complemento de destino.

01. Complemento específico.

02. Outros complementos.

03. Complementos de atención continuada persoal facultativo.

04. Complementos de atención continuada persoal non facultativo.

05. Complementos de atención continuada outro persoal.

06. Complemento de penosidade, responsabilidade e dificultade.

07. Sexenios.

08. IPC galego.

09. Revisión retribucións complementarias.

16. Prestacións económicas por incapacidade temporal, para compensar.

17. Prestacións por diferenzas retributivas en incapacidade temporal e maternidade.

41. Complementos transitorios absorbibles.

42. Retribucións complementarias de cota.

43. Complemento de carreira.

44. Complemento persoal.

122

Outras retribucións.

09. Outras retribucións en especie.

123

Indemnización por destino no estranxeiro

Indemnización por destino no estranxeiro

124

Funcionarios en prácticas.

00. Soldos subgrupo A1.

01. Soldos subgrupo A2.

02. Soldos subgrupo C1.

03. Soldos subgrupo C2.

04. Soldos agrupacións profesionais.

05. Trienios.

06. Outras retribucións básicas.

13

Laborais.

130

Laboral fixo.

00. Retribucións básicas.

01. Outras remuneracións.

02. Complementos de perigosidade, penosidade e toxicidade.

04. Indemnización e salarios de tramitación

05. Trienios.

07. Diferenzas prestacións por maternidade.

08. IPC galego.

09. Vacacións non disfrutadas

16. Prestacións económicas por incapacidade temporal, para compensar.

17. Prestacións por diferenzas retributivas en incapacidade temporal e maternidade.

90. Traballo a quendas e noites.

131

Laboral eventual.

00. Retribucións básicas.

01. Outras remuneracións.

02. Complementos de perigosidade, penosidade e toxicidade.

04. Indemnización e salarios de tramitación.

05. Trienios.

07. Diferenzas prestacións por maternidade.

08. IPC galego.

09. Vacacións non disfrutadas.

16. Prestacións económicas por incapacidade temporal, para compensar.

17. Prestacións por diferenzas retributivas en incapacidade temporal e maternidade.

24. Acumulación de tarefas de persoal laboral temporal.

90. Traballo a quendas e noites.

132

Laboral eventual. Profesores de relixión.

00. Retribucións básicas.

01. Outras retribucións.

05. Trienios.

07. Sexenios. P. laboral temporal. P. relixión

08. IPC galego.

16. Prestacións económicas por incapacidade temporal, para compensar.

17. Prestacións por diferenzas retributivas en incapacidade temporal e maternidade.

133

Temporal indefinido.

00. Retribucións básicas.

01. Outras remuneracións.

02. Complementos de perigosidade, penosidade e toxicidade.

04. Indemnizacións e salarios de tramitación.

05. Trienios.

08. IPC galego.

16. Prestacións económicas por incapacidade temporal, para compensar.

17. Prestacións por diferenzas retributivas en incapacidade temporal e maternidade.

134

Persoal laboral disposición transitoria 9ª bis IV convenio colectivo. Sen sentenza.

00. Retribucións básicas.

01. Outras remuneracións.

02. Complementos de perigosidade, penosidade e toxicidade.

05. Trienios.

08. IPC galego.

16. Prestacións económicas por incapacidade temporal, para compensar.

17. Prestacións por diferenzas retributivas en incapacidade temporal e maternidade.

136

Persoal investigador en formación

00. Retribucións básicas

08. IPC galego.

14

Outro persoal.

140

Outro persoal.

00. Outro persoal.

15

Incentivos ao rendemento.

150

Produtividade de persoal non estatutario.

00. Produtividade de persoal no estatutario.

10. Produtividade variable. Policía Nacional adscrita

151

Gratificacións.

152

Produtividade persoal estatutario. Factor fixo.

00. Produtividade persoal estatutario. Factor fixo.

153

Produtividade persoal estatutario. Factor variable.

01. Produtividade factor variable. Persoal directivo.

02. Produtividade factor variable. Persoal non directivo.

03. Produtividade factor variable. Programa de extracción e transplantes.

04. Produtividade factor variable. Programas especiais.

05. Produtividade factor variable. Actividades non programadas.

16

Cotas, prestacións e gastos sociais por conta do empregador.

160

Cotas sociais.

00. Seguridade Social.

01. Muface.

02. Isfas.

03. Munpal.

09. Outras.

12. Seguridade Social proxectos de investigación.

24. Seguridade Social. Acumulación tarefas.

25. Seguridade Social. Programas extraordinarios de carácter temporal.

33. Seguridade Social. Persoal laboral temporal indefinido.

34. Seguridade Social. Disposición transitoria 9ª bis. IV convenio colectivo sen sentenza.

36. Seguridade Social. Persoal investigador.

39. Indemnización e salarios de tramitación.

161

Complemento familiar.

05. Complemento de prestación.

162

Gastos sociais do persoal.

00. Formación e perfeccionamento do persoal.

01. Economatos e comedores.

02. Transportes do persoal.

03. Bonificacións.

04. Acción social.

05. Seguros.

06. Recoñecementos médicos.

09. Outros.

18

Fondo retributivo

180

Fondo retributivo

CAPÍTULO II

Gastos en bens correntes e servizos

2

Gastos en bens correntes e servizos.

20

Alugamentos e canons.

200

Terreos e bens naturais.

202

Edificios e outras construcións.

203

Maquinaria, instalacións e utensilios.

204

Material de transporte.

205

Mobiliario e útiles.

206

Equipamentos para procesos de información.

208

Outro inmobilizado material.

209

Canons.

21

Reparacións, mantemento e conservación.

210

Infraestrutura e bens naturais.

212

Edificios e outras construcións.

213

Maquinaria, instalacións e utensilios.

214

Material de transporte.

215

Mobiliario e utensilios.

216

Equipamentos para procesos de información.

219

Outro inmobilizado material.

22

Material, subministracións e outros.

220

Material de oficina.

00. Ordinario non inventariable.

01. Prensa, revistas, libros e outras publicacións.

02. Material informático non inventariable.

03. DOG.

04. BOPG e DOPG.

221

Subministracións.

00. Enerxía eléctrica.

01. Auga.

02. Gas.

03. Combustibles.

04. Vestiario.

05. Produtos alimenticios.

06. Produtos farmacéuticos e material sanitario.

07. Comedores escolares.

08. Subministracións de recambios de maquinaria, utensilios e elementos de transporte.

09. Subministracións de material electrónico, eléctrico e de comunicacións.

10. Irmandade de doadores de sangue.

11. Extracción de sangue.

12. Hemoderivados.

13. Instrumental e pequenos utensilios sanitarios.

14. Instrumental e pequenos utensilios non sanitarios.

15. Implantes.

16. Outro material sanitario.

17. Material non sanitario para consumo e reposición.

18. Produtos farmacéuticos de dispensación ambulatoria.

19. Material de laboratorio.

20. Material de radioloxía.

21. Material de medicina nuclear.

22. Subministración de material deportivo, didáctico e cultural.

23. Tarxeta de transporte.

24. Subministración de material médico, cirúrxico e outras subministración

99. Outras subministracións.

222

Comunicacións.

00. Telefónicas.

01. Postais.

02. Telegráficas.

03. Télex e fax.

04. Informáticas.

99. Outras.

223

Transportes.

08. Transporte escolar.

224

Primas de seguros.

225

Tributos.

226

Gastos diversos.

01. Atencións protocolarias e representativas.

02. Publicidade e propaganda.

03. Xurídicos, contenciosos.

06. Reunións, conferencias e cursos.

07. Actuacións derivadas da Lei de galeguidade.

08. Cobertura informativa.

10. Actividades deportivas.

11. Consello Escolar de Galicia.

13. Gastos de funcionamento de tribunais de oposición e de probas selectivas.

16. Consello Galego de Estatística.

17. Cursos de formación.

19. Museo Pedagóxico de Galicia

50. Outros gastos T.S.X.

99. Outros.

227

Traballos realizados por outras empresas.

00. Limpeza e aseo.

01. Seguridade.

02. Valoracións e peritaxes.

03. Postais.

04. Custodia, depósito e almacenaxe.

05. Procesos electorais.

06. Estudos e traballos técnicos.

07. Remuneración a axentes mediadores independentes.

08. Premios de cobranza.

09. Servizo de prevención riscos laborais.

10. Servizos contratados de comedor.

13. Servizo de restauración e anexos xuventude.

14.Contratos CAT e dixitalización oficinas de emprego.

16. Servizos funerarios para a Administración de xustiza

65. Servizo de mobilidade

99. Outros.

228

Gastos de funcionamento de centros e servizos sociais.

1. Funcionamento centros públicos para maiores.

2. Funcionamento centros públicos para discapacitados.

229

Gastos de funcionamento dos centros docentes non universitarios.

15. Mellora bibliotecas escolares.

23

Indemnizacións por razóns do servizo.

230

Axudas de custo.

231

Locomoción.

232

Traslados.

233

Outras indemnizacións.

24

Encomendas de xestión.

241

A axencias públicas autonómicas.

01. A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos.

25

Asistencia sanitaria con medios alleos.

251

Concertos con institucións de atención primaria.

02. Concertos con entes territoriais.

252

Concertos con institucións de atención especializada.

01. Concertos con institucións da Comunidade Autónoma.

02. Concertos con entes territoriais.

03. Concertos con entidades privadas.

253

Concertos por programas especiais de hemodiálise.

01. Hemodiálise en centros hospitalarios.

02. Club de diálise.

03. Outras hemodiálises en centros non hospitalarios.

254

Concertos con centros de diagnóstico e tratamento.

01. Concertos para litotricias extracorpóreas.

02. Terapia da insuficiencia respiratoria a domicilio.

03. Concertos para resonancia magnética e medicina nuclear.

04. Concertos para TAC.

05. Concertos para rehabilitación-fisioterapia.

06. Concertos para alerxias.

07. Outros servizos especiais.

255

Concertos polo programa especial de transporte.

01. Servizos concertados de ambulancias.

02. Traslados de enfermos con outros medios de transporte.

258

Outros servizos de asistencia sanitaria.

01. Reintegros de asistencia sanitaria.

02. Outros servizos de asistencia sanitaria.

03. Convenios con universidades. Prazas vinculadas.

27

Publicacións.

270

Edicións e distribucións.

CAPÍTULO III

Gastos financeiros

3

Gastos financeiros.

30

Débeda pública e préstamos.

300

Xuros de débeda pública e préstamos.

302

Diferenzas de cambio.

31

Gastos de emisión, formalización, modificación e cancelación de débeda pública e préstamos.

310

Gastos de emisión, modificación e cancelación.

34

De depósitos e fianzas.

340

Xuros de depósitos.

341

Xuros de fianzas.

35

Xuros de demora e outros gastos financeiros.

352

Xuros de demora.

353

Diferenzas de cambio por pagamentos en divisas.

359

Outros gastos financeiros.

CAPÍTULO IV

Transferencias correntes

4

Transferencias correntes.

40

Á Administración xeral e organismos públicos do Estado.

400

Á Administración do Estado.

401

Á Seguridade Social.

402

A organismos autónomos do Estado.

403

A empresas públicas e outros entes públicos do Estado.

41

Á Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

43

A organismos autónomos, entidades públicas instrumentais de consulta ou asesoramento, e axencias públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

430

A organismos autónomos.

00. Escola Galega de Administración Pública

01. Academia Galega de Seguridade Pública

02. Instituto Galego de Estatística

04. Instituto de Estudos do Territorio

05. Instituto Galego da Vivenda e Solo

06. Instituto Galego de Consumo e da Competencia

07. Servizo Galego de Saúde

08. Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

09. Fondo Galego de Garantía Agraria

431

A entidades públicas instrumentais de consulta ou asesoramento.

00. Consello Económico e Social

01. Consello Galego de Relacións Laborais

432

A Axencias públicas autonómicas.

00. Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

01. Axencia Galega de Emerxencias

02. Centro Informático de Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

03. Axencia Tributaria de Galicia

04. Axencia Galega de Infraestruturas

05. Instituto Galego de Promoción Económica

06. Instituto Enerxético de Galicia

07. Axencia Galega de Innovación

08. Axencia Galega das Industrias Culturais

09. Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

10. Axencia Galega da Calidade Alimentaria

11. Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño

12. Axencia Turismo de Galicia

13. Axencia Galega de Servizos Sociais

14. Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

15. Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos.

16. Axencia Galega da Industria Forestal

44

A sociedades públicas e outras entidades públicas da Comunidade Autónoma.

440

A entidades públicas empresariais.

01. Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia.

02. Portos de Galicia.

441

A sociedades mercantís públicas autonómicas.

00. Redes de Telecomunicación Galegas, Retegal, S.A.

01. Sociedade Pública de Investimentos de Galicia.

02. Sociedade Galega de Medio Ambiente, S.A. (Sogama).

08. Xes Galicia Sociedade Xestora Entidades de Capital Risco, S.A.

09. Sodiga Galicia. Sociedade de Capital Risco.

10. Galicia Calidade.

11. Sociedade Anónima de Xestión do Xacobeo.

13. Xenética Fontao, S.A.

14. Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A.

15. Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

16. Parque Tecnolóxico de Galicia

17. Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.

18. Sotavento Galicia, S.A.

19. Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

442

A consorcios participados maioritariamente pola Comunidade Autónoma.

01. Axencia para a Protección da Legalidade Urbanística

02. Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia.

04. Axencia para Calidade do Sistema Universitario de Galicia

05. Consorcio Bibliotecas Universitarias.

07. Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e do Benestar.

08. Consorcio para a xestión e explotación da rede básica de abastecemento aos concellos de Cervo e Burela

18. Consorcio Casco Vello de Vigo

19. Consorcio dos Peares

443

A fundacións públicas autonómicas.

00. Fundación Deporte Galego.

01. Fundación Semana Verde de Galicia.

02. Fundación Galicia-Europa.

03. Fundación Rof Codina.

04. Fundación Centro Galego de Artesanía e Deseño.

05. Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia.

06. Fundación Exposicións e Congresos da Estrada.

07. Fundación Feiras e Exposicións de Lugo.

09. Instituto Feiral da Coruña.

10. Fundación Instituto Galego de Oftalmoloxía.

12. Urxencias Sanitarias 061.

14. Fundación Galega de Medicina Xenómica.

15. Fundación Cidade da Cultura.

17. Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas.

18. Fundación Galega Formación para o Traballo.

19. Centro Tecnolóxico da Carne.

20. Fundación Pública Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar).

21. Fundación Camilo José Cela.

22. Fundación Feiras e Exposicións de Ourense.

27. Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (Faepac).

99. Outras fundacións.

444

A universidades públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

445

A outras entidade públicas instrumentais da Comunidade Autónoma.

45

A comunidades autónomas.

46

A corporacións locais.

47

A empresas privadas.

48

A familias e institucións sen fin de lucro.

480

A familias.

481

A institucións sen fin de lucro

482

A concertos educativo

484

Cotas Seguridade Social Bolseiros

489

A farmacias (receitas médicas)

49

Ao exterior

CAPÍTULO V

Fondo de continxencia

5

Fondo de continxencia.

50

Fondo de continxencia.

500

Fondo de continxencia.

CAPÍTULO VI

Investimentos reais

6

Investimentos reais.

60

Investimento novo en infraestruturas e bens destinados ao uso xeral.

600

Infraestruturas de mellora da accesibilidade (estradas, ferrocarrís, portos, aeroportos e transportes).

03. Expropiacións.

04. Obra nova por concesión .

601

Infraestruturas de saneamento, protección e mellora do medio natural (obras hidráulicas e medio natural).

602

Infraestruturas para subministración de enerxía (minaría, electricidade, gas).

603

Infraestruturas para o desenvolvemento das tecnoloxías da información e as telecomunicacións.

604

Infraestruturas básicas de apoio ao desenvolvemento do sector primario (infraestruturas agrícolas, pesqueiras e forestais).

605

Infraestruturas e equipamentos de apoio ao desenvolvemento empresarial (solo industrial, I+D, novas tecnoloxías).

606

Infraestruturas e equipamentos de apoio ao desenvolvemento do turismo e os servizos (turismo, comercio).

607

Infraestruturas e equipamentos sociais en materia de vivenda e urbanismo.

608

Outros investimentos.

– Reservarase o subconcepto 9 para achegas a SPI.

61

Investimento de reposición en infraestrutura e bens destinados ao uso xeral.

– Mesmo desenvolvemento a nivel de concepto que o artigo 60 (agás 600.3 e 600.4).

– Reservarase o subconcepto 9 para achegas a SPI.

62

Investimento novo asociado ao funcionamento operativo dos servizos.

620

Investimentos en terreos e bens naturais.

621

Infraestrutura e equipamentos sociais en materia de sanidade.

622

Edificios e outras construcións.

623

Maquinaria, instalacións e utensilios.

624

Material de transporte.

625

Mobiliario e utensilios.

626

Equipos para procesos de información.

628

Outro inmobilizado material.

– Reservarase o subconcepto 9 para achegas a SPI.

63

Investimento de reposición asociado ao funcionamento operativo dos servizos.

630

Investimento en terreos e bens naturais.

631

Equipamento centros sanitarios (plans de necesidades).

– O resto do artigo 63 ten o mesmo desenvolvemento que o 62.

– Reservarase o subconcepto 9 para achegas a SPI.

64

Gastos en investimentos de carácter inmaterial

640

Gastos en investimentos de carácter inmaterial

65

Infraestrutura básica de apoio aos sectores produtivos

650

Infraestrutura básica de apoio aos sectores produtivos

66

Investimentos derivados de encomendas de xestión

660

Da Comunidade Autónoma

661

De organismos autónomos e outros entes públicos de consulta ou asesoramento

662

De axencias públicas autonómicas

663

De outras entidades públicas

CAPÍTULO VII

Transferencias de capital

7

Transferencias de capital

70

Á Administración xeral e organismos públicos do Estado

700

Á Administración do Estado

701

Á Seguridade Social

702

A organismos autónomos do Estado

703

A empresas públicas e outros entes públicos do Estado

71

Á Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

73

A organismos autónomos, entidades públicas instrumentais de consulta ou asesoramento e axencias públicas da Comunidade Autónoma de Galicia

730

A organismos autónomos. (mesma desagregación que no concepto 430)

731

A entidades públicas instrumentais de consulta ou asesoramento (mesma desagregación que no concepto 431)

732

A axencias públicas autonómicas (mesma desagregación que no concepto 432)

74

A sociedades públicas e outras entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma.

740

A entidades públicas empresariais

Mesma desagregación que o concepto 440.

741

A sociedades mercantís públicas autonómicas

Mesma desagregación que o concepto 441.

742

A consorcios participados maioritariamente pola Comunidade Autónoma

Mesma desagregación que o concepto 442.

743

A fundacións públicas autonómicas.

Mesma desagregación que o concepto 443.

744

A universidades públicas da Comunidade Autónoma de Galicia

745

A outras entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma

75

A comunidades autónomas

76

A corporacións locais

77

A empresas privadas

78

A familias e institucións sen fin de lucro

780

A familias

781

A institucións sen fin de lucro

79

Ao exterior

CAPÍTULO VIII

Activos financeiros

8

Activos financeiros

80

Adquisición de débeda do sector público

800

A curto prazo

– Desenvolvemento por sectores

801

A longo prazo.

– Desenvolvemento por sectores

81

Adquisición de obrigacións e bonos fóra do sector público.

810

A curto prazo

– Desenvolvemento por sectores

811

A longo prazo

– Desenvolvemento por sectores

82

Concesión de préstamos ao sector público

820

Préstamos a curto prazo

– Desenvolvemento por sectores

821

Préstamos a longo prazo.

– Desenvolvemento por sectores

83

Concesión de préstamos fóra do sector público

830

Préstamos a curto prazo

831

Préstamos a longo prazo

– Desenvolvemento por sectores

84

Constitución de depósitos e fianzas.

840

Depósitos

00. A curto prazo

01. A longo prazo

841

Fianzas

00. A curto prazo

01. A longo prazo

85

Adquisición de accións dentro do sector público.

– Desenvolvemento por sectores.

86

Adquisición de accións fóra do sector público

860

De empresas españolas

861

De empresas estranxeiras

87

Achegas á conta de capital.

870

Achega ao capital de entes de dereito público.

871

Achegas á conta de capital de sociedades mercantís.

872

Achegas á conta de capital de consorcios participados maioritariamente.

873

Achegas á conta de capital de fundacións públicas da Comunidade Autónoma.

874

Achegas á conta de capital doutros entes públicos.

88

Fondo capital risco.

880

Fondo capital risco.

89

Fondo garantía de avais.

890

Fondo garantía de avais.

CAPÍTULO IX

Pasivos financeiros

9

Pasivos financeiros.

94

Devolución de depósitos e fianzas.

940

Devolución de depósitos.

941

Devolución de fianzas.

95

Amortización de débeda pública e préstamos.

950

Amortización de débeda pública e préstamos.

951

Amortización débeda pública e préstamos diferenzas de cambio.

952

Devolución de préstamos.

96

Outras operacións financeiras.

960

Conversión, negociación, transformación ou substitución de operacións de endebedamento.

ANEXO III

Estrutura funcional e de programas

Grupo I. Actuacións de carácter xeral.

Función

Subfunción

Programa

1.1

Alta dirección da Comunidade Autónoma

1.1.1

Alta dirección da Comunidade Autónoma

111A

Presidencia da Xunta de Galicia

111B

Actividade lexislativa

111C

Control externo do sector público

111D

Alto asesoramento da Comunidade Autónoma de Galicia

111E

Relacións exteriores

1.2

Administración xeral

1.2.1

Xestión da Administración xeral

121A

Dirección e servizos xerais de Administración xeral

121B

Asesoramento e defensa dos intereses da Comunidade Autónoma

121C

Relacións Institucionais

1.2.2

Modernización e calidade da Administración autónoma

122A

Avaliación e calidade da Administración pública

122B

Formación e perfeccionamento do persoal da Administración da Comunidade Autónoma

1.2.3

Acción social en favor do persoal da Administración

123A

Acción social en favor do persoal da Administración

1.2.4

Dirección, modernización e xestión da función pública

124A

Dirección, modernización e xestión da función pública

1.3

Xustiza

1.3.1

Xustiza

131A

Administración de xustiza

1.4

Administración local

1.4.1

Administración local

141A

Administración local

1.5

Normalización lingüística

1.5.1

Fomento da lingua galega

151A

Fomento da lingua galega

1.6

Procesos electorais e órganos de representación política e institucións democráticas

1.6.1

Eleccións e partidos políticos

161A

Eleccións e partidos políticos

Grupo II. Protección civil e seguridade cidadá.

Función

Subfunción

Programa

2.1

Protección civil e seguridade

2.1.2

Protección civil

212A

Protección civil e seguridade da Comunidade Autónoma

Grupo III. Protección e promoción social.

Función

Subfunción

Programa

3.1

Acción social e promoción social

3.1.1

Xestión e administración de servizos sociais de promoción social

311A

Dirección e servizos xerais de promoción social

3.1.2

Acción social e integración social

312A

Protección e inserción social

312B

Programas de prestacións ás familias e á infancia

312C

Servizos sociais relativos ás migracións

312D

Programa de atención á dependencia

312E

Promoción da autonomía persoal e prevención da dependencia para persoas con discapacidade e as persoas maiores

312F

Programas de solidariedade

312G

Apoio á conciliación da vida laboral e persoal e outros servizos de protección social

3.1.3

Promoción social

313A

Servizos á xuventude

313B

Accións para a igualdade, protección e promoción da muller

313C

Servizos sociais comunitarios

313D

Protección e apoio das mulleres que sofren violencia de xénero

3.2

Promoción do emprego e institucións do mercado de traballo

3.2.1

Xestión e servizos xerais de emprego

321A

Dirección e servizos xerais de emprego

3.2.2

Emprego estable e de calidade

322A

Mellora e fomento da empregabilidade

322B

Intermediación e inserción laboral

322C

Promoción do emprego, do emprego autónomo e do mercado de traballo inclusivo

3.2.3

Formación para o emprego

323A

Formación profesional desempregados

323B

Formación profesional dos ocupados

3.2.4

Institucións do mercado de traballo, riscos laborais e economía social

324A

Mellora da organización e administración das relacións laborais e da prevención de riscos laborais

324B

Mellora dos sistemas de saúde e seguridade no traballo

324C

Promoción da economía social

3.3

Cooperación exterior e ao desenvolvemento

3.3.1

Cooperación exterior e ao desenvolvemento

331A

Cooperación exterior e ao desenvolvemento

Grupo IV. Produción de bens públicos de carácter social.

Función

Subfunción

Programa

4.1

Sanidade

4.1.1

Administración xeral

411A

Dirección e servizos xerais de sanidade

4.1.2

Asistencia sanitaria

412A

Atención hospitalaria

412B

Atención primaria

4.1.3

Protección e promoción da saúde

413A

Protección e promoción da saúde pública

4.1.4

Formación e calidade do persoal

414A

Formación de graduados e posgraduados

4.2

Educación

4.2.1

Administración xeral

421A

Dirección e servizos xerais de educación

4.2.2

Ensino e formación

422A

Educación infantil, primaria e ESO

422C

Ensinanzas universitarias

422D

Educación especial

422E

Ensinanzas artísticas

422G

Ensinanzas especiais

422I

Formación e perfeccionamento do profesorado

422K

Ensinanzas pesqueiras

422L

Capacitación e extensión agroforestal

422M

Ensinanza secundaria, formación profesional e outras ensinanzas

4.2.3

Promoción educativa

423A

Servizos e axudas complementarias das ensinanzas

423B

Prevención do abandono escolar

4.3

Cultura

4.3.1

Administración xeral

431A

Dirección e servizos xerais de cultura

4.3.2

Creación, promoción e difusión cultural e infraestruturas

432A

Bibliotecas, arquivos, museos e equipamentos culturais

432B

Fomento das actividades culturais

432C

Fomento do audiovisual

4.3.3

Protección e promoción do patrimonio histórico, artístico e cultural

433A

Protección e promoción do patrimonio histórico, artístico e cultural

4.4

Deportes

4.4.1

Promoción da actividade deportiva

441A

Promoción da actividade deportiva

4.5

Vivenda

4.5.1

Acceso e calidade da vivenda

451A

Fomento da rehabilitación e da calidade da vivenda

451B

Acceso á vivenda

4.6

Outros servizos comunitarios e sociais

4.6.1

Comunicación social

461A

Cobertura informativa e apoio á comunicación social

461B

Radiodifusión e TVG

Grupo V. Produción de bens públicos de carácter económico.

Función

Subfunción

Programa

5.1

Infraestruturas

5.1.1

Administración xeral

511A

Dirección e servizos xerais de territorio e infraestruturas

5.1.2

Infraestruturas do transporte

512A

Ordenación e inspección do transporte

512B

Construción, conservación e explotación de estradas

5.1.3

Portos

513A

Construción, conservación e explotación portuaria

5.1.4

Infraestruturas pesqueiras

514A

Infraestruturas pesqueiras

5.2

Ordenación do territorio

5.2.1

Urbanismo e ordenación do territorio

521A

Urbanismo

5.3

Promoción de solo para actividades económicas

5.3.1

Promoción de solo para actividades económicas

531A

Promoción de solo para actividades económicas

5.4

Actuacións ambientais

5.4.1

Ambiente

541A

Dirección e servizos xerais de ambiente

541B

Conservación da biodiversidade e posta en valor do medio natural

541C

Protección, control técnico-sanitario dos produtos do mar, mellora do medio natural mariño e salvamento marítimo

541D

Control ambiental e xestión de residuos

541E

Coñecemento do ambiente e fomento da sustentabilidade

5.4.2

Ciclo da auga

542A

Planificación e xestión hidrolóxica

542B

Infraestruturas e xestión de abastecemento e saneamento

5.5

Actuacións e valorización do medio rural

5.5.1

Infraestruturas, equipamento e prevención

551A

Infraestruturas e equipamentos no medio rural

551B

Accións preventivas e infraestrutura forestal

5.6

Investigación, desenvolvemento e innovación

5.6.1

Investigación, desenvolvemento e innovación

561A

Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica

561B

Investigación universitaria

561C

Investigación sanitaria

5.7

Sociedade da información e do coñecemento

5.7.1

Fomento da sociedade da información e do coñecemento

571A

Fomento da sociedade da información e do coñecemento

5.8

Información estatística básica

5.8.1

Soportes estatísticos

581A

Elaboración e difusión estatística

Grupo VI. Regulación económica de carácter xeral.

Función

Subfunción

Programa

6.1

Actuacións económicas xerais

6.1.1

Administración xeral

611A

Dirección e servizos xerais de facenda

6.1.2

Regulación económica xeral

612A

Planificación, elaboración de orzamentos e coordinación económica.

6.1.3

Defensa da competencia

613A

Ordenación, información e defensa do consumidor e da competencia

6.2

Actividades financeiras

6.2.1

Administración financeira

621A

Administración financeira, tributaria, patrimonial e de control

621B

Imprevistos e funcións non clasificadas

Grupo VII. Regulación económica de sectores produtivos e desenvolvemento empresarial.

 

Función

 

Subfunción

 

Programa

7.1

Dinamización económica do medio rural

7.1.1

Administración xeral

711A

Dirección e servizos xerais do medio rural

 

7.1.2

Desenvolvemento rural

712A

Fixación de poboación no medio rural

712B

Modernización e diversificación do tecido produtivo rural

712C

Fomento do asociacionismo agrario e divulgación da tecnoloxía agraria

 

7.1.3

Reforma das estruturas agrarias

713A

Mobilidade de terras agrarias improdutivas

 

 

 

713B

Ordenación das producións forestais

 

 

 

713C

Implantación de sistemas produtivos agrarios sustentables

 

 

 

713D

Mellora da calidade na produción agroalimentaria

713E

Benestar animal e sanidade vexetal

713F

Regulación das producións agrarias e apoio á renda dos agricultores

7.2

Pesca

7.2.1

Administración xeral

721A

Dirección e servizos xerais de políticas pesqueiras

7.2.2

Desenvolvemento da pesca

722A

Promoción social e divulgación da tecnoloxía pesqueira

7.2.3

Modernización e transformación das estruturas pesqueiras

723A

Competitividade e mellora da calidade da produción pesqueira e da acuicultura

 

723B

Regulación das producións e dos mercados da pesca

723C

Desenvolvemento sustentable zonas de pesca

7.3

Industria, enerxía e minaría

7.3.1

Administración xeral

731A

Dirección e servizos xerais de industria

 

7.3.2

Soporte da actividade industrial

732A

Regulación e soporte da actividade industrial

 

7.3.3

Planificación e produción enerxética

733A

Eficiencia enerxética e enerxías renovables

 

7.3.4

Fomento da minaría

734A

Fomento da minaría

7.4

Desenvolvemento empresarial

7.4.1

Desenvolvemento empresarial

741A

Apoio á modernización, internacionalización e mellora da competitividade, innovación e produtividade empresarial

7.5

Comercio

7.5.1

Comercio

751A

Ordenación, regulación e promoción do comercio interior de Galicia

7.6

Turismo

7.6.1

Turismo

761A

Potenciación e promoción do turismo

Grupo VIII. Transferencias a entidades locais.

Función

Subfunción

Programa

8.1

Transferencias a entidades locais

8.1.1

Transferencias a entidades locais

811B

Transferencias a entidades locais por participación nos ingresos da Comunidade Autónoma

811C

Outros soportes financeiros ás entidades locais

Grupo IX. Débeda pública.

Función

Subfunción

Programa

9.1

Débeda pública

9.1.1

Débeda interior e exterior

911A

Amortización e gastos financeiros da débeda pública

ANEXO IV

Clasificación orgánica

Estrutura por departamentos e centros xestores

Ademais das entidades que se sinalan a seguir, poderanse incluír aquelas outras que expresamente determine a Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos.

Seccións:

Sección 01. Parlamento.

Servizo 01. Parlamento.

Servizo 02. Valedor do Pobo.

Sección 02. Consello de Contas.

Servizo 01. Consello de Contas.

Sección 03. Consello da Cultura Galega.

Servizo 01. Consello da Cultura Galega.

Sección 04. Presidencia da Xunta de Galicia.

Servizo 10. Secretaría Xeral da Presidencia.

Servizo 11. Dirección Xeral do Gabinete da Presidencia.

Servizo 20. Secretaría Xeral de Medios.

Servizo 21. Dirección Xeral de Comunicación.

Servizo 30. Secretaría Xeral de Emigración.

Servizo 40. Secretaría Xeral para o Deporte.

Servizo A1. Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Sociedade mercantil Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

Sociedade mercantil Redes de Telecomunicación Galegas, Retegal, S.A.

Fundación Deporte Galego.

Sección 05. Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Servizo 11. Secretaría Xeral da Igualdade.

Servizo 12. Asesoría Xurídica Xeral.

Servizo 21. Secretaría Xeral Técnica.

Servizo 22. Dirección Xeral de Xustiza.

Servizo 23. Dirección Xeral de Administración Local.

Servizo 24. Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias.

Servizo 25. Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.

Servizo 26. Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea.

Servizo 27. Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa.

Servizo 28. Delegacións territoriais da Xunta de Galicia.

Servizo 80. Escola Galega de Administración Pública.

Servizo 81. Academia Galega de Seguridade Pública.

Servizo A1. Axencia Galega de Emerxencias.

Fundación Semana Verde de Galicia.

Fundación Galicia-Europa.

Consorcio Local Os Peares.

Sección 06. Consellería de Facenda.

Servizo 01. Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

Servizo 02. Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

Servizo 03. Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos.

Servizo 04. Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos.

Servizo 05. Dirección Xeral da Función Pública.

Servizo 80. Instituto Galego de Estatística.

Servizo A1. Centro Informático de Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

Servizo A2. Axencia Tributaria de Galicia.

Servizo B1. Consello Económico e Social.

Sección 07. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Servizo 01. Secretaría Xeral Técnica.

Servizo 02. Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático.

Servizo 03. Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

Servizo 04. Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

Servizo 80. Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

Servizo 81. Instituto de Estudos do Territorio.

Servizo 83. Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Consorcio Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia.

Consorcio Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

Consorcio Casco Vello de Vigo.

Sociedade mercantil Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

Sociedade mercantil Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.

Sección 08. Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

Servizo 01. Secretaría Xeral Técnica.

Servizo 02. Dirección Xeral de Mobilidade.

Servizo 03. Xurado de Expropiación de Galicia.

Servizo A1. Axencia Galega de Infraestruturas.

Servizo 82. Augas de Galicia.

Consorcio para a xestión e explotación da rede básica de abastecemento aos concellos de Cervo e Burela.

Sociedade mercantil Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.

Sección 09. Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Servizo 10. Secretaría Xeral Técnica.

Servizo 20. Dirección Xeral de Enerxía e Minas.

Servizo 30. Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Servizo 40. Secretaría Xeral de Emprego.

Servizo 41. Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral.

Servizo 80. Instituto Galego de Consumo e da Competencia.

Servizo 81. Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

Servizo A1. Instituto Galego de Promoción Económica.

Servizo A2. Instituto Enerxético de Galicia.

Servizo A3. Axencia Galega de Innovación.

Servizo A4. Axencia Galega da Industria Forestal.

Servizo B1. Consello Galego de Relacións Laborais.

Sociedade mercantil Xes Galicia S. Xestora Entidades de Capital Risco, S.A.

Sociedade mercantil Sodiga Galicia. Sociedade de Capital Risco, S.A.

Sociedade mercantil Galicia Calidade, S.A.

Empresa participada Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A.

Fundación Feiras e Exposicións de Lugo.

Fundación Feiras e Exposicións de Ourense.

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia.

Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada.

Fundación Instituto Feiral da Coruña.

Fundación Instituto Feiral de Vigo.

Fundación Centro Galego de Artesanía e Deseño.

Fundación Pública Galega da Formación para o Traballo.

Sección 10. Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Servizo 10. Secretaría Xeral Técnica.

Servizo 20. Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Servizo 30. Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

Servizo 40. Secretaría Xeral de Universidades.

Consorcio, Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

Fundación Rof Codina.

Sección 11. Consellería de Cultura e Turismo.

Servizo 10. Secretaría Xeral Técnica.

Servizo 20. Dirección Xeral das Políticas Culturais.

Servicio 30. Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Servicio 40. Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Servizo A1. Axencia Galega das Industrias Culturais.

Servizo A2. Axencia Turismo de Galicia.

Sociedade mercantil Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, S.A.

Sociedade mercantil Sociedade Anónima Estación de Invierno de Manzaneda.

Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

Fundación Camilo José Cela.

Fundación Museo do Mar.

Sección 12. Consellería de Sanidade.

Servizo 01. Secretaría Xeral Técnica.

Servizo 02. Dirección Xeral de Saúde Pública.

Servizo 80. Servizo Galego de Saúde.

Servizo A1.Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento da Saúde.

Servizo A2. Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos.

Sociedade mercantil Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

Fundación Instituto Galego de Oftalmoloxía.

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061.

Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.

Sección 13. Consellería de Política Social.

Servizo 01. Secretaría Xeral Técnica.

Servizo 02. Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

Servizo 03. Dirección Xeral de Inclusión Social.

Servizo 04. Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.

Servizo 05. Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Servizo 90. Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Servizo A1. Axencia Galega de Servizos Sociais.

Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas.

Sección 14. Consellería do Medio Rural.

Servizo 01. Secretaría Xeral Técnica.

Servizo 02. Dirección Xeral de Defensa do Monte.

Servizo 03. Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal

Servizo 04. Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.

Servizo 05. Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

Servizo 80. Fondo Galego de Garantía Agraria.

Servizo A1. Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Servizo A2. Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

Sociedade mercantil Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A.

Sociedade mercantil Xenética Fontao, S.A.

Fundación Centro Tecnolóxico da Carne.

Sección 15. Consellería do Mar.

Servizo 01. Secretaría Xeral Técnica.

Servizo 02. Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica.

Servizo 03. Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.

Servizo A1. Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia.

Entidade Pública Empresarial Portos de Galicia.

Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar).

Sección 20. Consello Consultivo de Galicia.

Servizo 01. Consello Consultivo de Galicia.

Sección 21. Transferencias a corporacións locais.

Servizo 01. Transferencias a corporacións locais.

Sección 22. Débeda pública da Comunidade Autónoma.

Servizo 01. Débeda pública da Comunidade Autónoma.

Sección 23. Gastos de diversas consellerías.

Servizo 01. Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda.

Servizo 02. Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos.

Servizo 03. Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos.

Servizo 04. Dirección Xeral da Función Pública.

ANEXO V

Estrutura dos proxectos de gasto

A totalidade dos créditos recollidos en cada programa de gasto deben configurarse por códigos de proxecto de gasto, baixo os cales se identifican as unidades básicas de custo das diferentes seccións orzamentarias.

Cada xestor deberá concretar todas as actuacións que se desenvolverán dentro de cada programa de gasto mediante proxectos, agrupando operacións que serven unha liña de actuación identificables e representativas dentro dos fins dos programas de gasto que permita a asignación de indicadores de produtividade significativos para a medición da súa eficacia e eficiencia.

Enténdese por proxecto de gasto a unidade básica de orzamentación e comprende unha pluralidade de gastos de igual ou distinta natureza económica que perseguen a mesma finalidade. Ao tratarse de varios gastos que poidan ter diferente natureza económica, poden abranguer partidas con diferente clasificación económica.

Todos os proxectos de gasto asociaranse ao PEG 2015-2020, ao nivel de obxectivo operativo.

Tipos de proxecto:

Proxectos que abranguen os gastos destinados a cubrir o custo de funcionamento.

Neste caso os proxectos conterán gastos vencellados ao funcionamento operativo dos servizos (con carácter xeral gastos de persoal e gastos correntes). Deberá definirse como mínimo un proxecto por cada sección e programa, o que permitirá identificar os centros de custo asociados a este.

Corresponde á Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos asociar a este tipo de proxectos os diferentes centros de custo nos cales se individualice a xestión de cada sección orzamentaria. Por regra xeral este tipo de proxectos irán asociados aos obxectivos operativos do PEG 2015-2020 «Actuacións de soporte e apoio (gastos de funcionamento)».

Proxectos que financian actuacións recorrentes.

Son proxectos que abranguen os gastos que de forma repetitiva veñen desenvolvendo os diferentes xestores para a consecución dos obxectivos fixados, pero que teñen carácter discrecional tanto na cuantificación como na periodicidade.

Resto dos proxectos.

Os proxectos de gasto restantes, destinados basicamente a actuacións de fomento ou investimento, deberán concretar as actuacións que se van desenvolver indicando a vixencia destas, e agruparán os gastos que integran as diferentes actuacións que perseguen unha mesma finalidade. No caso de que se trate de actuacións que teñan unha duración superior ao ano, deberán manter a codificación para permitir o seguimento e avaliación do custo desta.

Na medida do posible deberá evitarse a existencia de proxectos que financien gastos con cargo a varios programas de gasto.

No caso de proxectos que conteñan gastos financiados con cargo aos programas operativos de fondos procedentes da Unión Europea, deberán establecerse con base nas diferentes actuacións, eixos e medidas previstos na respectiva programación. Estes proxectos deberán conter o crédito necesario para o financiamento tanto dos gastos elixibles coma dos non elixibles necesarios para a súa realización.

Elementos do código de proxecto:

Código. Cada proxecto de gasto identificarase por un código numérico que posibilitará o seguimento da súa execución orzamentaria, razón pola que non poderá variarse durante a súa vida. Constará de nove díxitos: os catro primeiros determinarán o ano de orixe do proxecto, e os cinco seguintes serán un número secuencial que asigna automaticamente o sistema informático.

Denominación. A denominación do proxecto deberá ser concreta, sintética e precisa e debe deducirse desta o tipo de actuación que financia.

Obxectivo operativo. Debe identificarse o obxectivo operativo do PEG 2015-2020 cuxos resultados posibilitarán acadar, de acordo coa estrutura do PEG a catro niveis (Eixe/PA/Obxectivo estratéxico ou instrumental/Obxectivo operativo). Un proxecto só poderá asociarse a un obxectivo operativo pero para acadar o resultado pretendido cun obxectivo operativo pode ser preciso desenvolver varios proxectos de gasto.

Indicadores de produtividade. Para medir a consecución dos resultados pretendidos por cada obxectivo operativo existen definidos indicadores de produtividade no PEG 2015-2020, polo que cada proxecto deberá ter asociados indicadores nos cales se estimará o valor previsto, de xeito que permita avaliar o seu grao de realización, así como a contribución á consecución do obxectivo operativo o que está asociado.

Vixencia do proxecto. Determinará o ámbito temporal a que se estende a execución orzamentaria deste e pode ser anual ou ter unha duración superior.

Responsable do proxecto. Determinará o centro xestor (sección) que executa o proxecto.

Financiamento do proxecto. Indicará a fonte de financiamento do proxecto.

Fondos finalistas. A través da liña de financiamento.

Fondos europeos. Con indicación do tipo de fondo a que se refire (eixe, medida).

Fondo de Compensación Interterritorial.

Fondos propios.

Territorialización do proxecto. Estimarase a previsible localización a nivel de concello, sempre que sexa posible, do investimento ou gasto que conteña o proxecto.

Plan sectorial ou transversal. Nos casos en que o proxecto de gasto desenvolva liñas de actuación xa contidos nun plan de actuación sectorial ou transversal, en liña co PEG 2015-2020, engadirase este plan.

Creación dos códigos de proxecto:

A creación dos códigos de proxecto serán realizadas pola Subdirección Xeral de Orzamentos, no intre da elaboración do anteproxecto de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma. Este realizarase mediante a aplicación de elaboración dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, de oficio ou por pedimento do xestor e de acordo coas instrucións que dite para o efecto polo servizo competente en materia de orzamentos.