Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 6 de xuño de 2019 Páx. 27430

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 23 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas privadas, en réxime de concorrencia competitiva, para a loita contra as enfermidades profesionais, en especial as derivadas da exposición ao po e ao ruído, no sector mineiro en Galicia, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento IN317A).

O sector da minaría ten un importante impacto socioeconómico en Galicia e constitúe en determinadas zonas o seu principal motor económico, o que fai necesario o seu fomento coa finalidade de que as empresas mineiras incorporen na súa planificación e xestión criterios ambientais e sociais no ámbito dunha minaría sustentable.

Os aspectos peculiares que caracterizan a actividade mineira, en particular a súa incidencia tanto sobre a calidade atmosférica da zona afectada como sobre a saúde dos traballadores, xustifican as actuacións levadas a cabo desde a Consellería de Economía, Emprego e Industria orientadas a fomentar a innovación tecnolóxica a través de incentivos económicos ao investimento, co obxecto de mellorar a protección do ambiente así como das condicións do seus traballadores, promocionando un desenvolvemento sustentable deste sector.

As axudas que se regulan e convocan a través desta orde van dirixidas ás empresas que desenvolven a súa actividade no sector da minaría dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Estes incentivos teñen por finalidade favorecer a aplicación de tecnoloxías innovadoras e a implantación das mellores técnicas e medidas organizativas dispoñibles para a loita contra as enfermidades profesionais, en especial as que poidan derivar dunha exposición prolongada ao po e ao ruído, a través de dúas liñas de actuación. Unha liña vai dirixida a investimentos destinados a mellorar a calidade do ambiente atmosférico da zona afectada pola actividade mineira, en especial mediante a redución das emisións de po e ruído por encima dos límites establecidos nas normas da Unión Europea aplicables en materia de protección ambiental, ou ben a aumentar o nivel de protección ambiental derivado das súas actividades en ausencia de normas da Unión. A outra liña vai dirixida a investimentos destinados a mellorar por encima dos requisitos normativos as condicións laborais, especialmente a redución da exposición ao po e ao ruído dos traballadores nos seus postos de traballo.

As axudas establecidas nesta orde regúlanse tendo en conta as limitacións exixidas polo dereito da Unión Europea, co obxecto de aplicar a exención da obrigación da notificación previa á Comisión. Neste sentido, o réxime das axudas para investimentos en protección do ambiente será o do Regulamento (UE) nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do tratado ou Regulamento xeral de exención por categorías. En canto ao réxime das axudas aos investimentos destinados a mellorar as condicións laborais dos traballadores nos seus postos de traballo, será o do Regulamento (UE) nº 1407/2013, da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

En virtude do exposto, e no exercicio das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Bases reguladoras e convocatoria

1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases que se inclúen no anexo I, polas que se rexerá a concesión de subvencións da Consellería de Economía, Emprego e Industria para incentivar á loita contra as enfermidades profesionais, en especial as derivadas da exposición ao po e ao ruído, no sector mineiro en Galicia.

2. Así mesmo, por medio desta orde, convócanse estas axudas para o ano 2019.

3. O código asignado a este procedemento administrativo é IN317A, mediante o cal se facilitará a identificación e o acceso para a tramitación destas axudas ás persoas interesadas na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 2. Crédito orzamentario

1. As subvencións que se outorguen para as actuacións obxecto desta convocatoria serán con cargo á aplicación orzamentaria 09.20.734A.770.0 (proxectos empresariais de natureza integral para combater enfermidades profesionais) do orzamento de gastos para o ano 2019. O orzamento destinado a esta convocatoria é de 2.400.000 euros. A procedencia dos fondos é propia.

2. Poderase ampliar o crédito máximo destinado a esta convocatoria cando o aumento veña derivado:

a) Dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.

b) Da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

3. O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se é o caso, logo de aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

4. A ampliación de crédito publicarase nos mesmos medios que a convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

Artigo 3. Solicitudes

Para solicitar estas axudas deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta orde, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 9 das bases reguladoras.

Artigo 4. Lugar e prazo de presentación das solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia
(https://sede.xunta.gal).

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

2. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. O prazo concluirá o mesmo día en que se produciu a publicación no mes de vencemento. Se no mes de vencemento non houber día equivalente a aquel en que comenza o cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Artigo 5. Prazo de duración do procedemento de concesión

Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras, que non poderá ter unha duración superior a 5 meses.

Artigo 6. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións na conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. Neste caso, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico efectuará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 7. Información básica sobre protección de datos persoais

1. Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia, Consellería de Economía, Emprego e Industria, coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos na carpeta cidadá.

2. O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedemento e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, esta circunstancia reflectirase no devandito formulario.

3. Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

4. Co fin de darlle a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito na presente norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia, como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

5. As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais

Artigo 8. Comunicación á Base de datos nacional de subvencións

En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo serán comunicados á Base de datos nacional de subvencións (BDNS).

Artigo 9. Información aos interesados

Sobre este procedemento administrativo, que ten o código IN317A, poderase obter información adicional na Dirección Xeral de Enerxía e Minas, a través dos seguintes medios:

a) A páxina web oficial da consellería: http://ceei.xunta.gal.

b) Os teléfonos da dita dirección xeral: 981 95 70 92, 981 54 54 65 ou 981 95 70 90.

c) A ligazón https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos.

d) Presencialmente.

Así mesmo, para cuestións xerais, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia, que é o 012 (desde o resto do Estado: 902 12 00 12).

Disposición derradeira primeira. Habilitación

Facúltase o director xeral de Enerxía e Minas para que dite as resolucións que sexan precisas para o desenvolvemento e a aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2019

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria

ANEXO I

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a empresas privadas destinadas á loita contra as enfermidades profesionais, en especial as derivadas da exposición ao po e ao ruído, no sector mineiro en Galicia

Artigo 1. Obxecto e réxime das subvencións

1. Estas bases regulan a concesión das axudas que teñen por obxecto incentivar as empresas mineiras á aplicación de tecnoloxías innovadoras e á implantación das mellores técnicas e medidas organizativas dispoñibles para a loita contra as enfermidades profesionais, en especial as derivadas da exposición ao po e ao ruído, no sector mineiro de Galicia.

2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

3. Estas axudas están orientadas a mellorar as condicións ambientais e laborais, en especial as relacionadas coa exposición ao po e ao ruído, nos establecementos de beneficio e nas explotacións mineiras reguladas pola Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, e localizadas en Galicia.

Artigo 2. Réxime de aplicación

As axudas reguladas por estas bases estarán sometidas a dous réximes diferentes:

a) O réxime das axudas que correspondan a actuacións que se encadren na liña A será o réxime de axudas para a protección do ambiente do Regulamento (UE) nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do tratado ou Regulamento xeral de exención por categorías. Os investimentos obxecto de axuda deberán permitir ás persoas beneficiarias incrementar o nivel de protección ambiental derivado das súas actividades, superando as normas da Unión, aplicables en materia de aire atmosférico, independentemente da existencia de normas nacionais obrigatorias máis estritas que as da Unión ou ben permitir ao beneficiario aumentar o nivel de protección ambiental derivado das súas actividades en ausencia de normas da Unión.

b) O réxime das axudas que correspondan a actuacións que se encadren na liña B será o réxime de minimis, conforme o Regulamento (UE) nº 1407/2013, da Comisión, do 18 de decembro, polo que a contía das axudas acollidas a este réxime non poderá superar a cantidade de 200.000 euros por persoa beneficiaria nun período de tres exercicios fiscais e non poderá ser acumulable a outros réximes de minimis, salvo que polo seu importe non superen ese límite.

Artigo 3. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser persoas beneficiarias destas subvencións as empresas privadas que realicen actividades reguladas pola Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Para os efectos do disposto nesta orde considerarase empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica. En particular, consideraranse empresas os empresarios persoas físicas que exerzan actividades a título individual ou familiar, así como as sociedades de persoas que exerzan unha actividade económica de forma regular.

3. Para os efectos desta orde, os conceptos de pequena e mediana empresa axustaranse á definición contida no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño.

a) Na categoría das peme defínese mediana empresa como unha empresa que ocupa menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios individual non excede 50 millóns de euros (50.000.000 de euros) ou cuxo balance xeral anual non excede 43 millóns de euros (43.000.000 de euros).

b) Na categoría das peme defínese pequena empresa como unha empresa que ocupa menos de 50 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros (10.000.000 de euros).

c) Na categoría das peme defínese microempresa como unha empresa que ocupa menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 2 millóns de euros (2.000.000 de euros).

4. As persoas beneficiarias non poderán estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; non poderán ter pendentes de pagamento débedas coa Comunidade Autónoma e deberán estar ao día das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

5. As persoas beneficiarias non poderán estar suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior, nin atoparse en situación de crise de acordo co artigo 1.4.c) e o artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño.

6. As persoas beneficiarias destas axudas deberán relacionarse en todo caso por medios electrónicos no marco da xestión destas subvencións, inclusive aquelas que teñan a condición de empresarios persoas físicas, tendo en conta a cualificación técnica e profesional das ditas persoas beneficiarias.

Artigo 4. Actuacións e gastos subvencionables

1. Serán subvencionables dúas liñas de actuación:

Liña A: investimentos destinados a mellorar a calidade do ambiente atmosférico da zona afectada pola actividade mineira, en especial mediante a redución das emisións de po e ruído.

Liña B: investimentos destinados a mellorar as condicións laborais, en especial a redución da exposición ao po e ao ruído dos traballadores nos seus postos de traballo.

2. Na liña A só serán obxecto de subvención aquelas actuacións que directamente supoñan a consecución dun nivel máis elevado de protección ambiental por encima dos límites establecidos nas normas da Unión Europea sobre calidade do aire ambiente ou ben permitan ao beneficiario aumentar o nivel de protección ambiental derivado das súas actividades en ausencia de normas da Unión.

3. Na liña B só serán obxecto de subvención aquelas actuacións que directamente supoñan unha mellora, sempre por encima dos requisitos normativos aplicables, das condicións laborais, especialmente as relativas á redución da exposición ao po e ao ruído dos traballadores nos seus postos de traballo.

4. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionable.

As actuacións e os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados con anterioridade á data de xustificación establecida no artigo 23 destas bases.

5. Para as actuacións da liña A serán gastos subvencionables os custos de investimento adicionais necesarios para ir alén das normas da Unión Europea ou para incrementar o nivel de protección ambiental en ausencia de normas da Unión. Determinaranse da seguinte maneira:

a) Cando os custos do investimento na mellora da calidade do ambiente atmosférico poidan identificarse nos custos totais do investimento como investimento separado, estes custos relacionados coa protección do ambiente serán subvencionables.

b) En todos os demais casos, os custos do investimento na mellora da calidade do ambiente atmosférico determinaranse por referencia a un investimento similar, menos respectuoso co ambiente, que se podería realizar de forma crible sen a axuda; a diferenza entre os custos de ambos os investimentos determinará o custo relacionado coa protección ambiental e será o custo subvencionable.

Os custos que non estean directamente vinculados á consecución dun nivel máis elevado de protección ambiental non serán subvencionables.

6. Para as actuacións da liña B serán gastos subvencionables aqueles directamente relacionados co investimento destinado a mellorar as condicións laborais, especialmente a reducir a exposición ao po e ao ruído dos traballadores nos seus postos de traballo.

7. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, á prestación do servizo ou á entrega do ben, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren ou salvo que o gasto se tivese realizado con anterioridade á solicitude da subvención.

A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficacia e economía, e no suposto de non recaer a adxudicación na proposta económica máis vantaxosa, deberán achegar unha memoria en que se xustifique expresamente a elección do adxudicatario do contrato.

8. Dado o carácter incentivador destas axudas, as actuacións obxecto delas non se poden iniciar con anterioridade á data de rexistro da solicitude da axuda.

Artigo 5. Financiamento e intensidade das axudas

1. Destinarase o 50 % do crédito consignado para estas subvencións para as axudas da liña A e o 50 % para as axudas da liña B. Unha vez finalizado o prazo de presentación e atendidas todas as solicitudes presentadas para unha das liñas de axudas (A ou B), o crédito sobrante destinarase a atender solicitudes que reúnan os requisitos da outra liña de axuda.

2. A intensidade máxima da axuda para actuacións da liña A nesta convocatoria non excederá o 60 % do investimento total subvencionable no caso de pequenas empresas, o 50 % do investimento total subvencionable no caso de medianas empresas e o 40 % do investimento total subvencionable no caso de grandes empresas, cun máximo de subvención de 300.000 euros.

3. A intensidade máxima da axuda para actuacións da liña B nesta convocatoria non excederá o 60 % do investimento total subvencionable no caso de pequenas empresas, o 50 % do investimento total subvencionable no caso de medianas empresas e o 40 % do investimento total subvencionable no caso de grandes empresas, cun máximo de subvención de 200.000 euros.

Artigo 6. Concorrencia con outras axudas ou subvencións públicas

A percepción destas axudas será compatible coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos, ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración pública ou ente público ou privado, nacional, internacional, da Unión Europea ou de organismos internacionais. O importe da subvención en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, supere o custo total do investimento subvencionable.

A verificación de concorrencia de axudas para a mesma finalidade realizarase sobre os mesmos custos subvencionables, de forma que non se excedan as intensidades permitidas definidas neste artigo.

O solicitante deberá dar a coñecer mediante declaración responsable as axudas que obtivese para a actividade subvencionada, tanto ao presentar a solicitude de axudas como en calquera momento ulterior en que se produza esta circunstancia. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, coa xustificación da axuda.

Artigo 7. Procedemento de concesión

As axudas reguladas por estas bases tramitaranse conforme o procedemento de concorrencia competitiva, mediante a comparación das solicitudes presentadas, establecendo unha prelación entre elas de acordo cos criterios de valoración que se determinan no artigo 16 destas bases.

Artigo 8. Órganos competentes para a ordenación, instrución e resolución do procedemento de concesión

1. O órgano competente para efectuar a convocatoria e ditar a resolución de outorgamento das axudas a que se refire esta orde será o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, sen prexuízo das delegacións existentes nesta materia.

2. O órgano responsable da instrución e ordenación do procedemento de concesión e do seguimento das actuacións financiadas será a Dirección Xeral de Enerxía e Minas.

Artigo 9. Solicitude e documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As solicitudes para participar no procedemento de concesión da subvención presentaranse na forma e no prazo que se indique na convocatoria.

2. Presentarase unha solicitude por centro de traballo e para unha única actuación ou proxecto de investimento concreto, cun máximo de tres solicitudes por empresa. Na solicitude indicarase a problemática prioritaria de loita contra as enfermidades profesionais que se pretende resolver coa actuación ou proxecto proposto das indicadas a continuación:

I. Redución das emisións ou exposición ao po.

II. Redución das emisións ou exposición ao ruído.

III. Outras problemáticas diferentes á redución das emisións ou exposición ao po e ao ruído.

Así mesmo, indicarase, se é o caso, se a actuación proposta ten incidencia positiva simultánea noutras das problemáticas distintas da sinalada como prioritaria.

3. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa súa solicitude a documentación que se describe a seguir:

A) Documentación administrativa.

A.1. Documentación acreditativa de que a empresa realiza actividades reguladas pola Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, para o cal presentará os estatutos da sociedade e modificación destes, debidamente legalizados, de ser o caso, ou ben acta, escritura ou documento de constitución no cal se recolla que o seu obxecto social abarca a actividade para a cal se solicita a subvención.

A.2. Quen asine a solicitude en nome dunha persoa xurídica solicitante deberá acreditar a súa condición de representante legal da citada persoa xurídica, ou ben acreditar a representación en que actúa mediante poder suficiente que o habilite para realizar en nome da persoa representada todas as actuacións que se prevexan nestas bases reguladoras. Este mesmo poder deberá ser achegado por quen asine a solicitude en nome dunha persoa física solicitante.

B) Documentación técnica.

Memoria técnica-económica descritiva da actuación datada e asinada por técnico competente. A memoria adecuarase ao modelo que se inclúe como anexo III e incluirá os puntos do seguinte índice:

1. Datos da entidade solicitante.

2. Datos do centro de traballo (explotación mineira e/ou establecemento de beneficio) onde se realiza o investimento/actuación. A Administración reserva para si a facultade de comprobar as autorizacións/concesións coas que contan as devanditas explotacións mineiras e os establecementos de beneficio.

3. Diagnose da situación actual e da problemática existente que se vai mellorar coa actuación, identificación e xustificación da liña de actuación elixida.

4. Descrición técnica das medidas propostas.

5. Xustificación da mellora das condicións ambientais ou laborais.

6. Orzamento detallado.

7. Calendario de execución.

8. Cálculo da axuda solicitada segundo os gastos subvencionables.

9. Anexos:

– Fotografías.

– Ofertas de provedores: tres ofertas/orzamentos de distintos provedores cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor, e unha oferta/orzamento dun provedor para os demais casos. No caso de que a elección entre as tres ofertas non recaia na proposta máis vantaxosa, deberá xustificalo expresamente nunha memoria. Todo iso conforme ao establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Un orzamento de referencia para as actuacións da liña A só para os supostos establecidos no artigo 4.5.b) destas bases reguladoras.

– Planos, esquemas, croquis, etc.

– Documentos acreditativos do cumprimento dos criterios de valoración recollidos no artigo 16 das bases.

4. Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

5. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria de maneira presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

7. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e indicando os datos especificados no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 10. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

1. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban facer durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio.

Artigo 11. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa solicitante, se é o caso.

c) DNI ou NIE da persoa representante.

d) Estar ao día nas seguintes obrigas: coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social e coa Axencia Tributaria de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e xuntar os devanditos documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 12. Aceptación e consentimentos

1. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación das bases reguladoras destas axudas.

2. As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstos nestas bases, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración actuante ou teñan sido elaborados por calquera outra Administración, neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido nos artigos 28.2 e 53.d) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sempre que indiquen o momento e o órgano ante o que foron presentados ou, se é o caso, emitidos.

3. A cesión de datos de carácter persoal que, en virtude do establecido no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, debe efectuarse á Intervención Xeral da Administración do Estado non requirirá o consentimento do afectado.

Artigo 13. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Consellería de Economía, Emprego e Industria publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

3. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 14. Instrución do procedemento

1. A Dirección Xeral de Enerxía e Minas, a través da Subdirección Xeral de Recursos Minerais, examinará as solicitudes e documentos anexos presentados e, se for o caso, requirirá o interesado para que emende a falta ou deficiencia na información facilitada ou xunte os documentos preceptivos no prazo de 10 días desde a recepción da notificación, con indicación de que, se así non o fixer, se dará por desistido da súa petición, logo de resolución, de acordo co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderá requirirse o solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento. En todo caso, considérase requisito preceptivo cubrir a información requirida nestas bases e nos seus anexos co contido mínimo necesario que permita a súa valoración.

3. Realizado o trámite anterior, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas remitirá o expediente xunto co seu informe, que incluirá a proposta de solicitudes que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria establecidos nestas bases, á comisión encargada da súa valoración de acordo co establecido no artigo seguinte.

4. Os expedientes que non cumpran as condicións exixidas contidas nestas bases ou na normativa de aplicación quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, na cal se indicarán as causas desta.

Artigo 15. Comisión de Valoración

1. A Comisión de Valoración será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes de acordo cos criterios fixados no artigo 16 destas bases. Na devandita avaliación determinarase a orde de prelación das solicitudes e os gastos subvencionables, establecendo o investimento subvencionable e o importe da subvención para cada unha delas.

A orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos poderase exceptuar no caso de que, unha vez finalizado o prazo de presentación, o crédito consignado na convocatoria fose suficiente para atender a todas elas.

2. A Comisión de Valoración estará composta polos seguintes membros, designados polo director xeral de Enerxía e Minas:

– A xefa do Servizo de Xestión Mineira ou persoa en quen delegue, que actuará como presidenta.

– Un técnico titulado de minas de cada xefatura territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, que actuarán como vogais.

– Un funcionario da Subdirección Xeral de Recursos Minerais, que actuará como secretario da comisión, con voz pero sen voto.

Respecto de todos os membros da Comisión de Valoración será designado un suplente.

Así mesmo, poderán asistir, con voz pero sen voto, aqueles funcionarios da Subdirección Xeral de Recursos Minerais que participasen na tramitación das solicitudes presentadas.

3. Para unha mellor avaliación das solicitudes, a Comisión de Valoración poderá xustificadamente solicitar da Dirección Xeral de Enerxía e Minas que se requiran cantos informes sexan necesarios para valorar as solicitudes presentadas, e que se requira das entidades solicitantes información ou documentación adicional que, non estando en poder da Administración, teña fundamental relevancia e unha relación directa coa solicitude.

4. A Comisión de Valoración poderá adoptar de forma motivada cantos criterios considere necesarios para lograr a máxima eficiencia na asignación dos recursos.

5. O resultado da valoración será recollido nun informe aprobado pola Comisión, que será asinado polo secretario co visto e prace da presidenta.

6. A Comisión de Valoración axustarase no seu funcionamento ao disposto nos artigos 15 e seguintes da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

7. Emitido o informe que recolle o resultado da valoración, non se admitirán modificacións nas actuacións propostas nas solicitudes por parte das entidades solicitantes que poidan implicar a necesidade dunha nova valoración pola devandita comisión.

Artigo 16. Criterios de valoración

1. Para as actuacións da liña A, a puntuación máxima que se pode alcanzar por cada proxecto será de 100 puntos e a valoración das solicitudes farase de acordo cos criterios que se indican a continuación e na orde que se establece:

Criterio

Puntuación máxima

Descrición

Baremo

Tipo de problemática prioritaria de loita contra as enfermidades profesionais que se resolverá coa actuación proposta

Redución de emisións de material particulado á atmosfera

40 puntos

Separación de material particulado do fluxo de aire: actuación en filtración e evacuación á atmosfera

15 puntos

Extracción de material particulado xerado na fonte: actuación en postos de traballo ou proceso

20 puntos

Sistema integral de control: actuación en extracción de material xerado na fonte e na separación do fluxo de aire

40 puntos

Redución de emisións acústicas á atmosfera

30 puntos

Eliminación ou redución do ruído nas fontes sonoras ou emisores acústicos

15 puntos

Minimizar a propagación ou transmisión do ruído emitido

10 puntos

Sistema integral de control: actuación na fonte e na propagación

30 puntos

Outras problemáticas diferentes á redución de emisións de po e ruído

10 puntos

10 puntos

Incidencia positiva simultánea da actuación proposta noutras problemáticas

5 puntos

A actuación proposta pode resolver outras das problemáticas ademais da prioritaria ou principal

5 puntos

Calidade técnica da proposta

10 puntos

Excelente grao de detalle e precisión en toda a información proporcionada na memoria presentada con obxectivos e fitos claros e específicos

10 puntos

Bo grao de detalle na información proporcionada na memoria

5 puntos

Incremento do nivel de protección ambiental

10 puntos

Incremento menor do 50 %

5 puntos

Incremento igual ou maior do 50 %

10 puntos

Saúde laboral e prevención de riscos laborais

10 puntos

Certificación do sistema integrado de xestión (SIG) da saúde e seguridade ocupacional (SeSO)-OHSAS 18000 ou similar

10 puntos

Cualificación da empresa como peme ou micropeme de conformidade co anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño

10 puntos

Mediana

5 puntos

Pequena

8 puntos

Microempresa

10 puntos

Responsabilidade social e territorial: contribución ao desenvolvemento sustentable

5 puntos

Dispoñer de certificación de sistemas de xestión mineira sostible (AENOR): UNE 22470:2015 e UNE 22480:2015, ou certificado conforme o estándar IQNetSR10 ou similar

5 puntos

Dispoñer dun selo de garantía ou certificado que asegure que os produtos utilizados proceden de condicións de traballo dignas e mercados a un prezo xusto que apoia o desenvolvemento sustentable.

5 puntos

Conflic free: acreditación de non comercializar nin participar na cadea de subministración de minerais de conflicto

5 puntos

Integración laboral das persoas con discapacidade

5 puntos

Para empresas cun número inferior a 50 traballadores, ter polo menos 1 traballador con discapacidade

5 puntos

Para empresas con 50 ou máis traballadores, superar o límite legal establecido do 2 %.

5 puntos

Incorporación da variable de xénero

5 puntos

Que a persoa responsable da dirección da empresa sexa unha muller

5 puntos

Que máis do 45 % do órgano de administración ou dirección da empresa sexan mulleres

5 puntos

Que a persoa responsable da dirección técnica do proxecto/actuación subvencionado (técnico competente) sexa unha muller

5 puntos

Ter definido un plan de igualdade no suposto de non ser obrigatorio

5 puntos

Dispoñer do distintivo Marca Galega de Excelencia en Igualdade ou similar

5 puntos

Renuncia ás axudas concedidas nas subvencións convocadas na orde de 2018 para a loita contra o po.

-10 puntos

No caso de que a entidade renunciase unha vez concedidas estas axudas na convocatoria anterior

-10 punto

Grao de execución do proxecto subvencionado na orde de 2018 de axudas para a loita contra o po.

-10 puntos

Inferior ao 70 %

-10 puntos

2. Para as actuacións da liña B a puntuación máxima que se alcanzará por cada proxecto será de 100 puntos e a valoración das solicitudes farase de acordo cos criterios que se indican a continuación e na orde que se establece:

Criterio

Puntuación máxima

Descrición

Baremo

Tipo de problemática prioritaria de loita contra as enfermidades profesionais que se resolverá coa actuación proposta

Redución da exposición ao po dos traballadores nos seus postos de traballo

40 puntos

Investimento en recolocación e/ou acondicionamento de instalacións para a mellora das condicións de exposición ao po dos postos de traballo

15 puntos

Investimento en substitución de equipos de traballo para mellorar os niveis de exposición ao po

20 puntos

Investimento en sistemas integrais con emprego de tecnoloxías innovadoras para captación do po

40 puntos

Redución da exposición ao ruído dos traballadores nos seus postos de traballo

30 puntos

Investimento en recolocación e/ou acondicionamento de instalacións para a mellora das condicións acústicas dos postos de traballo

10 puntos

Investimento en substitución de equipos de traballo para mellorar os niveis de exposición ao ruído

15 puntos

Investimento en sistemas integrais con emprego de tecnoloxías innovadoras asociadas á redución da exposición ao ruído

30 puntos

Outras problemáticas diferentes á redución da exposición ao po e ao ruído

10 puntos

10 puntos

Incidencia positiva simultánea da actuación proposta noutras problemáticas

5 puntos

A actuación proposta pode resolver outras das problemáticas ademais da prioritaria ou principal

5 puntos

Calidade técnica da proposta

10 puntos

Excelente grao de detalle e precisión en toda a información proporcionada na memoria presentada con obxectivos e fitos claros e específicos

10 puntos

Bo grao de detalle na información proporcionada na memoria

5 puntos

Pola porcentaxe de traballadores do centro de traballo beneficiados coa actuación

10 puntos

Mellora das condicións de exposición de menos do 25 % do persoal

2 puntos

Mellora das condicións de exposición do 25 %ao 50 % do persoal

5 puntos

Mellora das condicións de exposición de máis do 50 % ao 75 % do persoal

8 puntos

Mellora das condicións de exposición de máis do 75 % ao 100 % do persoal

10 puntos

Saúde laboral e prevención de riscos laborais

10 puntos

Certificación do sistema integrado de xestión (SIG) da saúde e seguridade ocupacional (SeSO)-OHSAS 18000 ou similar

10 puntos

Cualificación da empresa como peme ou micropeme de conformidade co anexo I do regulamento (UE) nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño

10 puntos

Mediana

5 puntos

Pequena

8 puntos

Microempresa

10 puntos

Responsabilidade social e territorial: contribución ao desenvolvemento sustentable

5 puntos

Dispoñer de certificación de sistemas de xestión mineira sostible (AENOR): UNE 22470:2015 e UNE 22480:2015, ou certificado conforme o estándar IQNETSR10, ou similar

5 puntos

Dispoñer dun selo de garantía ou certificado que asegure que os produtos utilizados proceden de condicións de traballo dignas e mercados a un prezo xusto que apoia o desenvolvemento sustentable.

5 puntos

Conflic free: acreditación de non comercializar nin participar na cadea de subministración de minerais de conflicto

5 puntos

Integración laboral das persoas con discapacidade

5 puntos

Para empresas cun número inferior a 50 traballadores ter polo menos 1 traballador con discapacidade

5 puntos

Para empresas con 50 ou máis traballadores, superar o límite legal establecido do 2 %

5 puntos

Incorporación da variable de xénero

5 puntos

Que a persoa responsable da dirección da empresa sexa unha muller

5 puntos

Que máis do 45 % do órgano de administración ou dirección da empresa sexan mulleres

5 puntos

Que a persoa responsable da dirección técnica do proxecto/actuación subvencionado (técnico competente) sexa unha muller

5 puntos

Ter definido un plan de igualdade no suposto de non ser obrigatorio

5 puntos

Dispoñer do distintivo Marca Galega de Excelencia en igualdade ou similar

5 puntos

Renuncia ás axudas concedidas nas subvencións convocadas na orde de 2018 para a loita contra o po

-10 puntos

No caso de que a entidade renunciase unha vez concedidas estas axudas na convocatoria anterior

-10 puntos

Grao de execución do proxecto subvencionado na orde de 2018 de axudas para a loita contra o po

-10 puntos

Inferior ao 70 %

-10 puntos

3. No caso de empate nas puntuacións, como criterio de desempate terase en conta a puntuación obtida no criterio de valoración establecido en primeiro lugar, e así sucesivamente.

4. Os termos e datos obxecto de valoración haberán de detallarse e/ou xustificarse adecuadamente mediante os documentos acreditativos, certificacións ou declaracións responsables correspondentes. En caso contrario, poderán non ser tidos en conta pola Comisión de Valoración, facéndoo constar. Todas as declaracións que se presenten para a acreditación de criterios de valoración deberán estar asinadas por quen represente legalmente a persoa solicitante, ou acredite representación suficiente para o efecto, consonte o indicado no artigo 9.3, punto A.2 destas bases reguladoras.

5. En ningún caso poderán valorarse aquelas medidas ou accións cuxo cumprimento veña imposto pola lei.

Artigo 17. Trámite de audiencia

1. Unha vez valoradas as solicitudes segundo o disposto no artigo anterior, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas, á vista do informe da Comisión de Valoración, formulará a proposta de resolución provisional, debidamente motivada, que será notificada aos interesados para que no prazo de 10 días poidan formular as alegacións que consideren oportunas.

A proposta de resolución provisional incluirá todas as solicitudes admitidas a trámite, tanto as propostas para a concesión de subvención como aquelas para as que se propón o seu rexeitamento ou se acepta a súa desistencia. De ser o caso, a proposta de resolución provisional tamén recollerá unha lista de reserva, que terá en conta a orde de prelación determinada pola Comisión de Valoración, na cal consten aquelas solicitudes admitidas a trámite que presentaron toda a documentación administrativa requirida na orde e que cumpren todos os requisitos para ter a condición de beneficiario, que serán atendidas ben co crédito que quede libre de producirse algunha renuncia respecto dos proxectos propostos para subvención ou ben co posible incremento dos créditos orzamentarios destinados a estas subvencións.

De conformidade co artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, poderase prescindir do trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polo interesado. Neste caso, a proposta de resolución formulada terá o carácter de definitiva.

2. Transcorrido o prazo de alegacións e unha vez examinadas estas, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas formulará a proposta de resolución definitiva.

Artigo 18. Resolución

1. Unha vez formulada a proposta de resolución definitiva, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria ditará a resolución do procedemento de outorgamento de subvencións, que deberá estar debidamente motivada.

2. Na resolución de concesión farase constar o solicitante ou relación de solicitantes aos cales se lles concede a axuda, a puntuación obtida no proceso de valoración, o importe do investimento subvencionable aprobado e a contía da axuda concedida.

3. Así mesmo, informaranse os beneficiarios das subvencións da liña B sobre o carácter de minimis da axuda, facendo unha referencia expresa ao Regulamento (UE) nº 1407/2013, da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE do 24 de decembro, L352/1).

4. Na resolución de concesión que se dite deberase facer constar o rexeitamento expreso do resto das solicitudes presentadas e admitidas a trámite.

Artigo 19. Prazo de resolución e notificación

1. O prazo máximo para a resolución do procedemento e a súa notificación será de 5 meses contados desde o día seguinte ao da publicación da orde de axudas no Diario Oficial de Galicia, que se computará segundo o establecido no artigo 40 da Lei 39/2015. Se, transcorrido o devandito prazo, o órgano competente para resolver non notificase a resolución, os interesados estarán lexitimados para entender rexeitada a súa solicitude.

2. A resolución de concesión notificarase ao solicitante conforme o disposto nos artigos 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Sen prexuízo da devandita notificación, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación de axudas concedidas, expresando o programa, concepto orzamentario, titular e finalidade da axuda.

Artigo 20. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro desta convocatoria porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de tres meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 21. Obrigas das persoas beneficiarias

a) Executar as actuacións que fundamenten a concesión da subvención.

b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización das actuacións e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o gozo da subvención, mediante a modalidade de conta xustificativa con entrega de informe de auditor.

c) Someterse ás actuacións de comprobación que serán efectuadas polo órgano concedente, así como a calquera outra actuación de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o que achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

d) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

e) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ás persoas beneficiarias en cada caso.

f) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos realizados ao abeiro desta orde.

g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación de fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

h) Adoptar as medidas de difusión contidas no artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Estas medidas deberán adecuarse ao obxecto subvencionado, tanto na súa forma como na súa duración, e consistirán na inclusión da imaxe institucional da entidade concedente (Consellería de Economía, Emprego e Industria) e nas inscricións relativas ao financiamento público en carteis, placas, material impreso, medios electrónicos ou audiovisuais, ou ben en mencións realizadas en medios de comunicación, todo iso en función do tipo de actuación subvencionable.

i) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

j) Non superar as porcentaxes máximas de acumulación de axudas establecidas na normativa comunitaria europea.

k) Manter os investimentos subvencionados e conservar toda a documentación relacionada coa axuda outorgada e a aplicación dos fondos recibidos durante un período de cinco anos desde a súa concesión. Esta condición non impedirá a substitución de instalacións ou equipamentos que queden obsoletos, dentro dese prazo de cinco anos, debido á rápida evolución da tecnoloxía, sempre e cando a actividade económica se manteña en Galicia durante este período mínimo.

l) En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

m) Calquera outra obriga imposta de maneira expresa aos beneficiarios na resolución de concesión ou no documento en que se establecen as condicións da axuda.

Artigo 22. Subcontratación

1. Permítese a subcontratación, total ou parcial, pola entidade beneficiaria das actuacións subvencionables, sempre que se axusten ás previsións dispostas no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. A entidade beneficiaria non poderá concertar a execución total ou parcial das actividades subvencionadas con empresas ou persoas vinculadas con ela ou cos seus órganos directivos e xestores, agás que concorran as circunstancias previstas no artigo 27.7.d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Artigo 23. Xustificación da subvención

1. Para cobrar a subvención concedida, as persoas beneficiarias deberán presentar electronicamente unha solicitude de pagamento mediante o modelo normalizado do anexo IV asinada polo responsable legal da entidade ou por persoa con poderes suficientes para iso consonte o indicado no artigo 9.3, punto A.2 destas bases reguladoras, e xunto coa documentación sinalada nas seguintes epígrafes. O prazo máximo para presentar a xustificación será o 25 de novembro de 2019 (inclusive).

a) Declaración responsable do representante legal da entidade ou dunha persoa con poderes suficientes para iso consonte o indicado no artigo 9.3, punto A.2 destas bases reguladoras (segundo o modelo do anexo V), do rendemento da conta xustificativa ante o órgano concedente e do cumprimento da finalidade para a cal foi concedida a subvención.

b) Memoria técnica xustificativa do cumprimento da actuación subvencionada e das condicións impostas na concesión da subvención, segundo o anexo VI, asinada polo responsable legal da entidade ou por persoa con poderes suficientes para iso consonte o indicado no artigo 9.3, punto A.2 destas bases reguladoras. Nesta memoria indicaranse co máximo detalle as actividades realizadas e os resultados obtidos, así como a súa relación directa cos gastos realizados que se imputen á subvención.

c) Declaración responsable de técnico competente segundo o modelo do anexo VII, co visto e prace do representante legal da entidade ou dunha persoa con poderes suficientes para iso consonte o indicado no artigo 9.3, punto A.2 destas bases reguladoras, relativo a que o investimento realizado permitiu, no caso de proxectos da liña A, ir alén das normas da Unión en materia de mellora da calidade do ambiente atmosférico ou ben permitiu aumentar o nivel de protección ambiental derivado das súas actividades en ausencia de normas da Unión, e para o caso de proxectos da liña B, permitiu mellorar, por encima dos requisitos normativos, as condicións laborais dos traballadores nos seus postos de traballo.

d) Memoria económica abreviada xustificativa do custo das actividades realizadas obxecto de axuda segundo o anexo VIII; que consistirá nunha relación clasificada dos gastos e investimentos da actividade, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, a data de emisión e data de pagamento, así como, as cantidades inicialmente orzamentadas e as desviacións producidas. Esta táboa virá asinada e selada polo responsable legal da entidade ou por persoa con poderes suficientes para iso consonte o indicado no artigo 9.3, punto A.2 destas bases reguladoras. A relación de gastos figurarán por orde cronolóxica.

e) Informe dun auditor de contas inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, dependente do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas.

A actuación profesional do auditor de contas someterase ao disposto nas normas de actuación aprobadas mediante a Orde EHA/1434/2007, do 17 de maio, pola que se aproba a norma de actuación dos auditores de contas na realización dos traballos de revisión de contas xustificativas de subvencións, no ámbito do sector público estatal, previstos no artigo 74 do regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, aprobado mediante o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

2. As persoas beneficiarias deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social. No caso de que o beneficiario denegue expresamente o consentimento á Consellería de Economía, Emprego e Industria para solicitar as certificacións, deberá indicalo no cadro correspondente habilitado na solicitude de pagamento (anexo IV) e achegar os devanditos documentos xunto co resto da documentación xustificativa.

3. Transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que o beneficiario presentase a documentación solicitada, a Consellería de Economía, Emprego e Industria requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación no prazo indicado comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste punto non eximirá o beneficiario das sancións que conforme a lei correspondan.

4. Os órganos competentes da Consellería de Economía, Emprego e Industria poderán solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que consideren convenientes. No caso de que non sexan remitidos polo beneficiario dentro do prazo que se sinale, poderá entenderse que renuncia á subvención e declararase a perda do dereito ao cobramento, segundo o procedemento establecido no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 24. Pagamento

1. Recibida a documentación xustificativa da subvención, os órganos competentes da consellería, antes de proceder ao seu pagamento, realizarán as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento das actuacións subvencionadas.

2. A comprobación material da efectiva realización do proxecto levaraa a cabo o persoal técnico designado para o efecto polo director xeral de Enerxía e Minas.

3. As subvencións minoraranse proporcionalmente se o investimento xustificado é inferior ao orzamento que serviu de base para a resolución da concesión, sempre que estea garantida a consecución do obxecto.

Artigo 25. Comprobación de subvencións

1. O órgano concedente comprobará a xustificación adecuada da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou gozo da subvención.

2. Nas subvencións de capital superiores a 60.000 euros, no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, será requisito imprescindible a comprobación material do investimento por parte do órgano concedente, e quedará constancia no expediente mediante acta de conformidade asinada, tanto polo representante da Administración como polo beneficiario, consonte o artigo 30 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 26. Incumprimento, renuncia, reintegros e sancións

1. O incumprimento das obrigas contidas nestas bases reguladoras, na convocatoria ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora correspondentes.

2. Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. No caso de que a persoa beneficiaria desexe renunciar á axuda concedida para a súa solicitude, deberá enviar un escrito, por medios electrónicos, e comunicará este feito co fin de proceder ao remate do expediente.

A renuncia á axuda, despois de transcorrido o prazo dun mes desde a notificación da resolución de concesión, poderá comportar penalización en convocatorias posteriores para as mesmas actuacións que fosen obxecto de concesión de subvención conforme esta orde.

4. Á persoa beneficiaria das subvencións reguladas nestas bases seralle de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 27. Control

1. A Consellería de Economía, Emprego e Industria poderá levar a cabo as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento das subvencións.

2. Alén do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, se é o caso, dos servizos da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.

Artigo 28. Publicidade

No prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, persoa beneficiaria, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Malia o anterior, cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a 3.000 euros, non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia, que será substituída pola publicación das subvencións concedidas na páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Artigo 29. Remisión normativa

Para todo o non recollido nestas bases observarase o previsto no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior; no Regulamento (UE) nº 1407/2013, da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis; na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, e demais normativa de aplicación.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file