Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 7 de xuño de 2019 Páx. 27611

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 31 de maio de 2019 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, pola Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018 (publicada no Diario Oficial de Galicia número 48, do 8 de marzo), modificada pola Orde do 13 de marzo de 2018, e de conformidade co establecido nas bases de dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas

Tribunal titular:

Presidencia: Margarita Rodríguez Rama, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

Secretaría: Mª Elvira Míguez Vázquez, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Vogais:

– Román García Pastur, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

– Rubén Lado Sestayo, profesor da Área de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade da Coruña.

– Sabela Carballo Marcote, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados.

Tribunal suplente:

Presidencia: Mónica López González, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

Secretaría: Mª Aránzazu Portabales Santomé, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

Vogais:

– Rosa Mª Pedrosa Pedrosa, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

– Roberto Ignacio Fernández López, catedrático de dereito financeiro e tributario da Universidade de Vigo.

– Carmen Mª Salgueiro Moreira, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados.