Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 10 de xuño de 2019 Páx. 27816

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 5 de abril de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se acorda a publicación da Instrución do 1 de abril de 2019 pola que se establece o protocolo común para a xestión clínica e o seguimento da incapacidade temporal polos/as inspectores/as médicos/as e subinspectores/as sanitarios/as, controladores da xestión da incapacidade temporal, das unidades de inspección e control de saúde laboral desta consellería.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 77, do 23 de abril de 2019, procédese a efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 19673, no segundo parágrafo da instrución sétima, onde di: «Corresponde ás UICSL valorar a posible acumulación dos procesos de IT, notificando a resolución á entidade xestora correspondente (INSS ou MCSS) nun prazo non superior a 10 días hábiles, sempre que sexa posible», debe dicir: «Corresponde ás UICSL valorar a posible acumulación dos procesos de IT, notificando a resolución á entidade xestora correspondente (INSS/ISM ou MCSS) nun prazo non superior a 10 días hábiles, sempre que sexa posible».

Na páxina 19680, no seu primeiro parágrafo, onde di: «Contra a resolución de alta do INSS tras alcanzar o proceso os 365 días (desconformidade coa alta do INSS): 4 días hábiles.», debe dicir: «Contra a resolución de alta do INSS tras alcanzar o proceso os 365 días (desconformidade coa alta do INSS): 4 días naturais.».