Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 11 de xuño de 2019 Páx. 28092

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2019 pola que se anuncia a poxa pública para a compravenda e/ou constitución do dereito de superficie en parcelas resultantes do proxecto de parcelación da zona denominada Área Loxística Empresarial da Plataforma Loxística e Industrial de Salvaterra de Miño-As Neves (Plisan) (expediente PLISAN 2019/COMPRAVENDA-LE).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto.

Procedemento para a adxudicación mediante poxa pública á alza, mediante compravenda e/ou para a constitución do dereito de superficie, das parcelas resultantes do proxecto de parcelación correspondente á zona denominada Área Loxística Empresarial da Plataforma Loxística e Industrial de Salvaterra de Miño-As Neves (Plisan).

A descrición física e xurídica das parcelas obxecto da poxa, así como as súas cargas e gravames, figura no anexo I do prego de condicións.

3. Prezo das parcelas.

O prezo base de saída para a compravenda, IVE excluído, e para a constitución do dereito de superficie, en concepto de canon, é o que figura no anexo I do prego de condicións.

4. Garantías.

Para participar na poxa requirirase constituír previamente unha garantía do 5 % do prezo base de saída da/das parcela/s sobre a cal/as cales se realice a oferta.

5. Requisitos específicos dos ofertantes.

Poderá participar na poxa calquera persoa, física ou xurídica, española ou estranxeira, que teña plena capacidade de obrar, de acordo co Código civil. Non poderán ser adquirentes as persoas que solicitasen ou estean declaradas en concurso, fosen declaradas insolventes en calquera procedemento, estean suxeitas a intervención xudicial ou fosen inhabilitadas conforme a Lei 22/2003, do 9 de xullo, concursal.

6. Obtención de documentación.

O prego de condicións polo que se rexe a presente poxa, os seus anexos, a documentación relativa ás ordenanzas do proxecto sectorial en que se sitúan as parcelas que se ofertan, así como datos relativos ás subministracións delas figurarán na páxina web do IGVS (http://igvs.xunta.es/web/igvs/350), desde o momento en que o anuncio se publique no Diario Oficial de Galicia.

7. Lugar e prazo de presentación das ofertas.

As ofertas deberán presentarse no Rexistro xeral do IGVS, situado na Área Central s/n, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, ata as 14.00 horas do día 30 de setembro de 2019. As ofertas presentadas nun lugar distinto ao indicado non serán admitidas.

Tamén se poderán enviar as ofertas por correo dentro do prazo sinalado, e o ofertante deberá xustificar ese mesmo día, mediante correo electrónico ao enderezo
contratacionigvs@xunta.gal, a data do envío na oficina de Correos. Non concorrendo ambos os requisitos, non será admitida se a oferta é recibida no IGVS con posterioridade á data sinalada no anuncio. Así mesmo, transcorridos dez días naturais, contados desde o último para a presentación da oferta sen que se recibise, esta tampouco será admitida.

8. Lugar, día e hora de celebración da poxa pública.

A poxa publica celebrarase no salón de actos dos servizos centrais do IGVS en Santiago de Compostela, no día e na hora que se anuncien, con polo menos cinco días de anticipación á súa celebración, na páxina web do IGVS (http://igvs.xunta.es/web/igvs/350).

9. Gastos do anuncio.

O importe do anuncio será por conta dos adxudicatarios das parcelas, rateado proporcionalmente.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2019

Heriberto García Porto
Director xeral do Intituto Galego da Vivienda e Solo