Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 13 de xuño de 2019 Páx. 28384

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2019, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se anuncia a Resolución LD 1/2019 da mesma data de convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de xefatura de Servizo de Contratación Administrativa.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde e a Orde de 24 de maio de 2006, pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, con base no Decreto 46/2013, do 7 de marzo, polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Vigo, e en virtude das funcións e competencias atribuídas no Decreto 168/2010, do 7 de outubro, e na Orde do 5 de xullo de 2012, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, o xerente da estrutura organizativa de Xestión Integrada de Vigo

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, un posto de xefatura de Servizo de Contratación Administrativa, segundo se especifica no anexo desta resolución.

Segundo. As bases da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios das oficinas da Dirección de Recursos Humanos da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Vigo e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Terceiro. As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados deberán, presentarse en calquera dos rexistros de entrada da estrutura organizativa de Xestión Integrada de Vigo, dirixidas ao xerente, no prazo de 20 días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 23 de maio de 2019

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo

ANEXO

Denominación do posto: xefa/e de Servizo de Contratación Administrativa.

Procedemento de provisión: libre designación.

Nº de vacantes totais: 1.