Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 13 de xuño de 2019 Páx. 28436

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 24 de maio de 2019, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se notifica a resolución de creación de predio no expediente de expropiación forzosa para a obra da reordenación do sistema viario do núcleo das Pontes de García Rodríguez para o cumprimento da Directiva 2010/75/UE, sobre emisións industriais, clave AC/16/248.01, nas Pontes de García Rodríguez, por interesado descoñecido.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, resultando descoñecido o interesado, notifícase a resolución que se sinala no anexo I deste anuncio efectuada no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra da reordenación do sistema viario do núcleo das Pontes de García Rodríguez para o cumprimento por parte da central térmica da Directiva 2010/75UE, sobre emisións industriais, clave AC/16/248.01, no concello das Pontes de García Rodríguez.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para compareceren nas oficinas da sede do Servizo Provincial da Coruña da AXI, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento. Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar o recurso de alzada se computará desde esa publicación.

A Coruña, 24 de maio de 2019

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO I

Clave de obra

Predio

Concello

Interesado/a

Acto que se notifica

AC/16/248.01

13

As Pontes de García Rodríguez

Descoñecido

Resolución de creación de predio

ANEXO II

Plano de delimitación do predio 13

missing image file