Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 13 de xuño de 2019 Páx. 28428

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, pola que se anuncia a contratación en 10 lotes, polo procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria, da concesión de servizos de 10 cafetarías escolares durante o curso 2019/20.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para obter a información:

a) Organismo: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. As consultas relacionadas cos pregos dirixiranse ao Servizo de Xestión de Comedores Escolares dos Centros Docentes non Universitarios.

Para dúbidas relacionadas cos pregos, condicións xerais da contratación e adxudicación, teléfonos: 881 99 51 88/981 54 44 61. Fax: 981 54 54 43.

2º. As consultas relacionadas co desenvolvemento da licitación dirixiranse á xefatura territorial correspondente, para as dúbidas relacionadas coa recepción das ofertas e o desenvolvemento das mesas de contratación.

A Coruña: teléfono: 981 18 47 45/981 18 47 30, fax: 981 18 46 29.

Lugo: teléfono: 982 29 49 55/982 29 41 90, fax: 982 29 49 57.

Ourense: teléfono: 988 38 66 53/988 38 66 54, fax: 988 38 66 00.

Pontevedra: teléfono: 986 80 59 05/986 80 59 06, fax: 986 80 59 37.

As consultas relacionadas coa situación e características das instalacións das cafetarías dirixiranse a cada un dos centros educativos.

3º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=529302

4º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: concesión de servizos públicos.

b) Descrición: concesión de cafetarías escolares.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: 10 lotes, definidos no anexo V do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP), correspondentes aos IES Plurilingüe Elviña (A Coruña), CPI A Xunqueira (Fene), EOI de Ferrol (Ferrol), IES de Catabois (Ferrol), IES de Quiroga (Quiroga), IES de Vilamarín (Vilamarín), IES de Barro (Barro), CPI da Cañiza (A Cañiza), IES Santa Irene (Vigo) e ESAD Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (Vigo).

d) Lugares de execución: definidos no anexo V do PCAP.

e) Prazo de execución: desde o seu asinamento ata o remate do curso escolar 2019/20.

f) Admisión de prórroga: o contrato non se poderá prorrogar.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto multicriterio.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os especificados na cláusula 11 do PCAP.

4. Orzamento da licitación: importe neto: esta licitación non supón custo económico para a consellería, segundo se describe na cláusula 5 do PCAP.

5. Garantías exixidas:

Provisional: non.

Definitiva: non.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e solvencia técnica: as especificadas na cláusula 7 do PCAP.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión das proposicións terminará o vixésimo sexto día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no perfil do contratante. Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, segundo o artigo 30.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama ou fax, segundo se detalla na cláusula 8.1 do PCAP.

b) Lugar de presentación: segundo se detalla na cláusula 8.1 do PCAP.

8. Apertura dos sobres B:

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=529302, con 2 días hábiles de antelación á realización do acto público de apertura do sobre B. Se por algún motivo ten que modificarse a data e a hora do acto público de apertura do sobre B, a nova data publicarase no perfil do contratante https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=529302

9. Gastos de publicidade: serán por conta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

10. Outros. Condición especial de execución: de conformidade co establecido no punto 14.1 do PCAP.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2019

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación,
Universidade e Formación Profesional