Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 13 de xuño de 2019 Páx. 28446

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pontenova

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle do quinteiro RM9 definido nas normas subsidiarias de planeamento da Pontenova.

O pleno da corporación, en sesión ordinaria do 29.4.2019, adoptou entre outros o seguinte acordo:

– Aprobar definitivamente o estudo de detalle do quinteiro RM9 definido nas NNSS de planeamento da Pontenova, que desenvolve as determinacións e previsións das NNSS de planeamento do Concello, co obxecto de ordenar os volumes edificables.

O acordo de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia, e os textos e documentos que o integran así como o índice de planos do estudo de detalle no Boletín Oficial da provincia.

Así mesmo, comunicarase á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a aprobación do citado estudo de detalle, á vez que se lle dará traslado dun exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado, segundo o exixido no artigo 88.3 da LSG, co fin de ser inscrito no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

En todo caso, e de conformidade co exixido no artigo 199.4 do RLSG, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local, en relación co seu artigo 65.4.

Contra o acordo da aprobación definitiva do citado estudo poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con sede na Coruña, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, de xurisdición contencioso-administrativa.

A Pontenova, 7 de xuño de 2019

Darío Campos Conde
Alcalde presidente