Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 14 de xuño de 2019 Páx. 28585

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 583/2017).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 583/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gabriel Eiras Romero contra Gacaltec, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Aluminios M Quinteiro, S.L., Neira y Ferreira, S.L.U. e o Fogasa, sobre reclamación de cantidades, ditouse a seguinte sentenza:

«Resolución

Estímase integramente a demanda presentada pola parte demandante fronte a Gacaltec, S.L., Aluminios M Quinteiro, S.L., Neira y Ferreira, S.L.U., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, e condénanse de modo solidario as codemandadas ao aboamento de 14.208,69 euros máis os xuros de demora do artigo 29.3 do ET.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina Elena Calleja Curros, maxistrada de reforzo deste xulgado».

E para que sirva de notificación en legal forma a Gacaltec, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Aluminios M Quinteiro, S.L., Neira y Ferreira, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza