Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 14 de xuño de 2019 Páx. 28509

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2019 pola que se dá publicidade dos beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á creación ou mellora de infraestruturas nos concellos de Galicia con poboación inferior a 50.000 habitantes, para o ano 2019 (código de procedemento MT300A).

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, por medio desta resolución, publícanse as axudas outorgadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ao abeiro da Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á creación ou mellora de infraestruturas nos concellos de Galicia con poboación inferior a 50.000 habitantes, para o ano 2019 (código de procedemento MT300A).

a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á creación ou mellora de infraestruturas nos concellos de Galicia con poboación inferior a 50.000 habitantes, para o ano 2019 (código de procedemento MT300A).

b) Aplicación orzamentaria: 2019 07 04 521A 7620 (proxecto 2015 00235).

c) Crédito orzamentario: 2.446.400,00 €, distribuídos nas seguintes anualidades:

2019: 822.500,00 €.

2020: 1.623.900,00 €.

d) Destinatarios: concellos da Comunidade Autónoma de Galicia con poboación inferior a 50.000 habitantes.

e) Finalidade: creación ou mellora de infraestruturas, dotacións e instalacións vinculadas á prestación dos servizos municipais.

f) Beneficiarios e importe das axudas:

A axuda económica será o 80 % do investimento subvencionable, co límite máximo de noventa e seis mil oitocentos euros (96.800,00 €) por concello (IVE incluído), ata o esgotamento do crédito.

Provincia

Concellos beneficiarios

Actuación subvencionable

Importe subvención

Lugo

As Nogais

Humanización e mellora de rúas no núcleo urbano das Nogais

96.800,00 €

Lugo

Paradela

Humanización da contorna de edificios e equipamentos dotacionais (rúa Galicia, rúa da Escola e rúa Cabaleiros de Santiago)

96.800,00 €

Lugo

Cervo

Remodelación de rúa de Faro, treito entre acceso á praza de urbanización do Faro e aparcadoiro

96.800,00 €

A Coruña

Oleiros

Humanización e mellora da rúa do Repicho

96.800,00 €

Ourense

Vilariño de Conso

Execución de beirarrúa na vía OU0701

44.756,90 €

Lugo

Mondoñedo

Ampliación do camiño de Fondoso

56.284,18 €

A Coruña

As Somozas

Melloras no parque público das Somozas e parque Biosaudable

65.945,89 €

Ourense

Coles

Afirmado, rede de saneamento e pluviais en Gustei

78.800,00 €

Lugo

Láncara

Reforma de beirarrúas na rúa Río Neira, A Pobra de San Xiao

96.800,00 €

Ourense

Castrelo do Val

Humanización da contorna do centro multiusos en Castrelo de Val

81.293,83 €

Lugo

Ribadeo

Renovación do pavimento da rúa Pintor Fierros

82.671,64 €

A Coruña

Outes

Mellora da praza de Galicia

96.762,44 €

A Coruña

Pontedeume

Reposición de vías na urbanización Olmo

76.181,78 €

Lugo

Burela

Humanización rúa Hórreo

95.732,58 €

A Coruña

Mañón

Humanización rúa de acceso ao CP Francisco López Estrada

63.269,62 €

A Coruña

Laxe

Reforma da rúa José Vidal García

41.745,63 €

Pontevedra

Moaña

Humanización da rúa As Raíñas

63.314,72 €

Pontevedra

Baiona

Parque de ocio na avenida da Praia Ladeira

58.364,26 €

Ourense

Beade

Mellora de infraestruturas e equipamentos na rúa Alférez Montero e praza de España

96.800,00 €

Ourense

Entrimo

Instalación de pérgola na alameda de Entrimo

32.912,00 €

Ourense

A Teixeira

Humanización da rúa Peneliña

72.941,24 €

Ourense

Cualedro

Urbanización do edificio das antigas vivendas dos mestres

94.339,31 €

A Coruña

Carballo

Reurbanización na contorna da rúa Campo da Feira

96.800,00 €

Pontevedra

Valga

Humanización e mellora das infraestruturas da contorna da área recreativa de Campaña

96.800,00 €

A Coruña

Santiso

Humanización e mellora das prazas de Agro do Chao e de Visantoña

79.483,11 €

Lugo

Pedrafita do Cebreiro

Modificación da estrutura da cuberta da nave no mercado tradicional e gandeiro de Pedrafita

96.800,00 €

A Coruña

Teo

Área recreativa Horta do Cura, Luou, fase II

96.800,00 €

Ourense

Cenlle

Humanización da praza da Cruz de Cenlle e praza da igrexa de Razamonde

37.384,95 €

A Coruña

Curtis

Humanización e mellora da contorna da praza de España en Teixeiro

73.008,68 €

Ourense

Ribadavia

Mellora da pavimentación na rúa Norte, rúa Corral e beirarrúas da rúa Progreso

80.635,54 €

A Coruña

Boimorto

Humanización da estrada da Mota

96.800,00 €

Lugo

Baralla

Humanización da rúa Aranza (intersección rúa Ánxel Fole)

45.102,91 €

Lugo

Begonte

Humanización e mellora urbana da praza de Baamonde

92.890,66 €

A Coruña

Arzúa

Humanización primeiro treito da rúa Padre Pardo

60.094,14 €

Lugo

A Pobra do Brollón

Acondicionamento e humanización da rúa da Peza

79.351,43 €

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2019

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
P.D. (Orde do 21.12.2018; DOG núm. 16, do 23.1.2019)
María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo