Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 17 de xuño de 2019 Páx. 28769

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (670/2017).

ORD procedemento ordinario 670/2017-6

Procedemento orixe: /

Sobre outras materias

Demandantes: Ramona Pereira Basalo, Juan Manuel Pereira Basalo, Julio Pereira Basalo

Procurador: José Paz Montero

Avogado: Andoni Antruejo Sánchez

Demandada: Promociones Panamá 14, S.A.

Neste órgano xudicial tramítase procedemento ordinario 670/2017, seguido a pedimento de Ramona Pereira Basalo, Juan Manuel Pereira Basalo e Julio Pereira Basalo, contra Promociones Panamá 14, S.A. en ignorado paradoiro, nos cales foi ditada Sentenza do 18 de febreiro de 2019 cuxo encabezamento e parte dispositiva din o seguinte:

«Sentenza

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2019.

Vistos por M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 desta cidade, os presentes autos de xuízo ordinario nº 670/2017, seguidos por instancia de Ramona, Juan Manuel e Julio Pereira Basalo, representados polo procurador Sr. Paz Montero, baixo a asistencia letrada de Sr. Antruejo Sánchez, contra Promociones Panamá 14, S.A., en situación de rebeldía procesual.

Decido

Estimar a demanda presentada polo procurador Sr. Paz Montero no nome e representación invocada e, en consecuencia, condénase a demandada Promociones Panamá 14, S.A. a pagar aos demandantes a cantidade de sesenta e dous mil catrocentos euros (62.400 €) máis os xuros legais da devandita cantidade desde a data de reclamación extraxudicial, así como ao pagamento das custas.

Notifíquese esta sentenza ás partes facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación que, se for o caso, se deberá interpor ante este mesmo xulgado dentro dos vinte días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución. Para a interposición do devandito recurso é necesaria a constitución de depósito na conta de depósitos e consignacións do xulgado de acordo co establecido na disposición adicional décimo quinta da LOPX e polo importe de 50 €, o que deberá ser acreditado á presentación do recurso.

Así o acorda, manda e asina, M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela».

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza