Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 17 de xuño de 2019 Páx. 28784

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 263/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 263/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María de los Remedios Bello Franqueiro contra a empresa Fernando Botana Quintáns, FL Capri, C.B., Leandro Botana Quintas e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

Que, estimando integramente a demanda interposta por María de los Remedios Bello Franqueiro contra FL Capri, C.B., Fernando Botana Quintáns e Leandro Botana Quintáns, debo condenar e condeno solidariamente os demandados a aboarlle á demandante a suma de 7.074,45 euros brutos polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta resolución, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET) desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC) a partir da presente resolución, sobre os conceptos salariais que comportan 3.953,28 euros, e os xuros do artigo 1.108 do Código civil desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os xuros do artigo 576 da LAC a partir desta resolución, sobre os conceptos indemnizatorios que comportan 3.121,17 euros, así como ao aboamento das custas procesuais, con inclusión dos honorarios do letrado da parte demandante por importe de 200 euros.

En relación coa responsabilidade do Fogasa, deberase observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación desta resolución.

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación, para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que lles sirva de notificación en legal forma a Fernando Botana Quintáns, a FL Capri, C.B. e a Leandro Botana Quintas, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza