Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 17 de xuño de 2019 Páx. 28834

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Guarda

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual número 5 do Plan xeral de ordenación municipal.

Aprobada inicialmente a modificación puntual número 5 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello da Guarda, por acordo do Pleno do 14 de maio de 2019, de conformidade co artigo 60 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da última publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e en Faro de Vigo e Atlántico Diario.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias. Así mesmo, estará dispoñible na sede electrónica deste concello (http://aguarda.sedelectronica.gal).

Quedan suspendidas as licenzas para as seguintes áreas: licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición nas parcelas catastrais que dan fronte ás novas aliñacións trazadas, de acordo co resumo executivo que consta no expediente. Esta suspensión terá unha duración máxima de dous anos contados desde a aprobación inicial e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento.

A Guarda, 28 de maio de 2019

Antonio Lomba Baz
Alcalde