Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 18 de xuño de 2019 Páx. 29179

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 7/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 7/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Elena Muñoz del Río contra Daparoan Hosteleros, S.L.U., sobre despedimento, se ditou decreto en que se extingue a relación laboral con data do 21 de maio de 2019, impugnable en revisión no prazo de tres días. Ambas as resolucións están á disposición da executada na sede deste xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Daparoan Hosteleros, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 24 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza