Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 18 de xuño de 2019 Páx. 29123

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se adxudican as subvencións para os proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2018/19, ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 17, do 24 de xaneiro de 2019).

A xefa territorial da Consellería de Cultura e Turismo de Ourense, logo de ver a proposta de resolución da Xefatura de Gabinete de Normalización Lingüística, que fiscalizou a Intervención Territorial Delegada, e ao ter delegadas as competencias, consonte o artigo 14 da convocatoria,

RESOLVE:

– Adxudicarlles as cantidades propostas que se recollen no anexo.

Contra esta resolución, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os centros interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano que a ditou (é dicir, a xefatura territorial correspondente), quen resolverá por delegación de acordo co disposto na disposición adicional da Orde do 21 de marzo de 2019, ou ben poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

Ourense, 4 de xuño de 2019

Sandra Quintas Vázquez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

Localidade

Nome do centro

NIF

Valor económico por punto

Puntuación total do proxecto

Contía

OUPR001

Pereiro de Aguiar, O

CPR Plurilingüe Guillelme Brown

F32026346

16,2

11,00

178,00 €

OUPR002

Barco de Valdeorras, O

Colexio Plurilingüe Divina Pastora

R2802442J

16,20 €

18,70

303,00 €

OUPR003

Celanova

Sagrado Corazón de Celanova, Sociedade Cooperativa Galega

F32022824

16,20 €

11,00

178,00 €

OUPR004

Ourense

CPR Plurilingüe Divina Pastora (Franciscanas)

R2802442J

16,20 €

22,50

365,00 €

OUPR005

Ourense

CPR Plurilingüe Divino Maestro

R3200054I

16,20 €

12,10

196,00 €

OUPR006

Ourense

Fundación Educarte (Carmelitas)

G24611121

16,20 €

20,00

324,00 €

OUPR007

Carballiño, O

CPR Sagrado Corazón

R2802442J

16,20 €

15,80

256,00 €

OUPR008

Ourense

CPR La Purísima

R3200020J

16,20 €

12,30

199,00 €

OUPR009

Ourense

CPR María Auxiliadora (Salesianos) *

R3200038B

16,20 €

28,00

754,00 €

OUPR010

Ourense

CPR San Pío X

F32152340

16,20 €

17,00

275,00 €

OUPR011

Rúa, A

CPR Pablo VI-Fátima

R3200086A

16,20 €

8,20

133,00 €

OUPR012

Ourense

CPR Colexio Concepción Arenal, Sociedade Cooperativa Galega

F32398869

16,20 €

15,70

254,00 €

OUPR013

Ourense

CPR Plurilingüe San José

R3200030I

16,20 €

18,20

295,00 €

OUPR014

Verín

CPR María Inmaculada

R3200034A

16,20 €

14,80

240,00 €