Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 18 de xuño de 2019 Páx. 29177

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Verín

EDICTO (3/2018).

Damián Vega de las Heras, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Verín, certifica que neste xulgado se tramitan os autos arriba referenciados, en que se ditou a seguinte:

De conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, requírase a Flavio André Pires Braga co fin de que, no prazo dos 10 días seguintes ao desta resolución, pague a indemnización de 20,57 euros e a multa de 40 días a razón de 3 euros diarios (120 euros), a que resultou condenado, baixo apercibimento de que, de non o verificar, se procederá á súa exacción pola vía de constrinximento ou, no caso da multa, se transformará en responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas non satisfeitas.

E para que conste e sirva de notificación e requirimento a Flavio André Pires Braga, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Verín, 27 de maio de 2019

O letrado da Administración de xustiza