Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 19 de xuño de 2019 Páx. 29245

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2019 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de xuño de 2019 polo que se aproban a relación de postos de traballo e o cadro de persoal do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio.

A aprobación da relación de postos de traballo e do cadro de persoal do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio xustifícase polos cambios de estrutura que tiveron lugar desde a súa aprobación e polas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Adáptanse os postos de traballo aos corpos/escalas previstos na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (DOG núm. 82, do 4 de maio) así como ao establecido na Orde da Consellería de Facenda do 10 de maio de 2017, pola que se modifica a Orde do 21 de novembro de 1989 pola que se fixan os criterios xerais para a elaboración das relacións de postos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia e se aproba o modelo e se ditan instrucións para o cubrir (DOG núm. 90, do 11 de maio de 2017).

En consecuencia, por proposta da Consellería do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 13 de xuño de 2019, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio nos termos que se sinalan no anexo I deste acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Aprobar o cadro de persoal do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio nos termos que se sinalan no anexo II deste acordo.

Terceiro. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 13 de xuño de 2019, relativo á aprobación da relación de postos de traballo e o cadro de persoal do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2019

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file