O día 23 de abril de 2019 o director xeral de Emerxencias e Interior adoptou unha resolución co contido que sumariamente se recolle no anexo deste anuncio. Segundo consta no expediente, intentada a práctica da notificación á entidade interesada, non foi posible realizala, polo que, en aplicación do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede á súa notificación por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
A entidade interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, situado na rúa Roma, 25-27, Santiago de Compostela (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e para deixar constancia de tal coñecemento.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Santiago de Compostela, 23 de maio de 2019
Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior
ANEXO
Expediente: P-6/18.
DNI/NIF imputado/a: B36641249.
Último enderezo coñecido: Arbo, bloque 20, 7º-3º izqd., pol. Coia, Vigo.
Data da resolución: 23 de abril de 2019.
Tipificación e precepto infrinxido: declarada a caducidade.