Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 19 de xuño de 2019 Páx. 29467

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción a varios instalacións eléctricas no concello do Barco de Valdeorras (expediente IN407A 2019/05-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a continuación se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado polo enxeñeiro técnico industrial José Antonio García García, colexiado nº 1613 do Copitile, no Barco de Valdeorras en xaneiro de 2019, con visado núm. VD1900190 do 4.2.2019 do sinalado colexio profesional.

Solicitante: Pronofer Galicia y Construcciones José Miguel UTE.

Domicilio social: rúa El Roble, nº 10, 24700 Astorga (León).

Denominación: LMTS, CS e CT 400 kVA urbanización AR-SUR-13.

Situación: concello do Barco de Valdeorras.

Características técnicas: as instalacións proxectadas, que teñen un orzamento de execución material de 79.173,55 €, son:

– LMTS a 15 kV, con E/S en CS e CT proxectados en urbanización AR-SUR-13, condutor tipo Al RHZ1-OL 240 mm2, de 792 m de lonxitude, con orixe na LMTS da subestación do Barco BDV707 e final na LMT a CT Enrique Arias (32CBE2).

– RBT con orixe en CT proxectado, condutor XZ1 0,6/1KV 4×240 mm2 Al, de 383 m de lonxitude.

– CS para conexión en media de Mercadona (2L+1P).

– CT próximo a Mercadona, AR-SUR-13 de potencia 400 kVA.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios previstos no capítulo II do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, coa simplificación dos procedementos que lle son, no seu caso, de aplicación, tal e como se regula nos artigos 37 e 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e na Resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas do 19 de febreiro de 2014 (DOG do 19 marzo), esta xefatura territorial, á vista do informe do Servizo de Enerxía e Minas emitido ao respecto, resolve:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos, de ser o caso, polos ministerios, organismos ou corporacións, que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere conforme a dereito.

Ourense, 28 de maio de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense