A Deputación Provincial da Coruña, na sesión plenaria ordinaria celebrada o día 26 de abril de 2019, adoptou, entre outros, o acordo que se transcribe:
«37. Aceptación da delegación de competencias do Concello de Noia.
Aceptar a delegación das seguintes competencias, acordada polo Concello de Noia:
1. Instrución dos expedientes sancionadores por denuncias cursadas polo concello por infracción das normas sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria.
2. Recadación voluntaria e executiva das sancións municipais por infraccións da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria.
3. Xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva da taxa pola utilización privativa ou aproveitamentos especiais constituídos no solo, subsolo e voo das vías públicas, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministracións de interese xeral, tanto o suposto xeral do artigo 24 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, baseado no 1,5 % dos ingresos brutos obtidos no termo municipal, como ao suposto especial da telefonía móbil.
O exercicio das competencias delegadas obxecto de aceptación levarase a cabo nos termos establecidos nas bases e terá efectos desde o día seguinte ao da publicación do acordo de aceptación da dita delegación pola Deputación Provincial da Coruña no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, segundo consta na base undécima».
O que se fai público para xeral coñecemento.
A Coruña, 28 de maio de 2019
Valentín González Formoso |
José Luis Almau Supervía |