Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 19 de xuño de 2019 Páx. 29486

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de corrección de erros das bases e convocatoria para a selección de funcionarios, escala de administración xeral, subescala administrativa.

No Boletín Oficial da Coruña número 93, do 20 de maio de 2019, publicouse a corrección de erros segunda das bases e convocatoria para a selección, por promoción interna, de 8 prazas de funcionarios de carreira, subescala de administración xeral, escala administrativa, incluídas na oferta de emprego público do Concello de Carballo para 2017 (SFP-01/19).

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse, cando proceda, de conformidade coas bases.

Carballo, 21 de maio de 2019

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde