Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 20 de xuño de 2019 Páx. 29587

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 27 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos de atención temperá no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os órganos administrativos concedentes deben publicar no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e a finalidade, previsión, así mesmo, contida no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, polo que se procede á correspondente publicación.

Convocatoria: Orde do 27 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos de atención temperá no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG núm. 72, do 13 de abril).

Programa I: Consolidación dos servizos de atención temperá actualmente subvencionados pola Xunta de Galicia a través da Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos de atención temperá no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciadas polo programa operativo Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2016 e 2017 (DOG núm. 126, do 5 de xullo de 2016).

Programa II: destinado a servizos de atención temperá existentes e actualmente non subvencionados así como á implantación de novos servizos.

Finalidade: as subvencións destináronse a financiar as entidades locais de Galicia para a prestación de servizos de atención temperá ao abeiro do disposto no Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede galega de atención temperá coa finalidade da súa implantación e/ou consolidación.

Crédito orzamentario:

Aplicación orzamentaria

Finalidade

Importe

Total

12.04.312E.460.1 código de proxecto 2016 0072

Programa I

576.136,57 €

712.158,13 €

Programa II

136.021,56 €

Beneficiarios, actuación subvencionada e importe concedido: as contías e entidades beneficiarias por cada un dos programas relaciónanse nos anexos I e II desta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2019

Ildefonso de la Campa Montenegro
Director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade

ANEXO I

Relación de axudas concedidas ao abeiro da liña do artigo 3.1.a)

Programa I

Expediente

Entidades beneficiarias/concellos integrantes

Importe subvención

01/2018.BS700A.AT

Mancomunidade de Concellos da Comarca de Verín (Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Verín e Vilardevós)

97.013,16 €

02/2018.BS700A.AT

Agrupación de concellos da Pobra do Caramiñal, Ribeira e Boiro

67.506,21 €

03/2018.BS700A.AT

Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ordes (Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo)

119.986,42 €

04/2018.BS700A.AT

Agrupación da Mancomunidade de Concellos do Carballiño (Beariz, Boborás, O Irixo, Piñor e San Amaro) e da Mancomunidade I. V. do Ribeiro (Arnoia, Beade, Cenlle, Cortegada e Leiro)

97.013,16 €

05/2018.BS700A.AT

Agrupación de concellos de Burela, Xove, Cervo, Foz, Ribadeo, Barreiros, Alfoz e Lourenzá

93.468,24 €

06/2018.BS700A.AT

Agrupación de concellos de Noia, Lousame, Outes, Muros e Porto do Son

101.149,38 €

ANEXO II

Relación de axudas concedidas ao abeiro da liña do artigo 3.1.b)

Programa II

Expediente

Entidades beneficiarias/concellos integrantes

Importe subvención

08/2018.BS700A.AT

Mancomunidade de Concellos de Santa Águeda (Amoeiro, Coles, A Peroxa e Vilamarín)

8.035,20 €

09/2018.BS700A.AT

Concello de Teo

8.364,96 €

10/2018.BS700A.AT

Concello de Cangas

84.303,12 €

11/2018.BS700A.AT

Agrupación de concellos: Mondoñedo, Abadín, A Pastoriza, Riotorto e Trabada

7.493,44 €

12/2018.BS700A.AT

Agrupación de concellos: Antas de Ulla e Portomarín

12.558,55 €

14/2018.BS700A.AT

Agrupación de concellos: Santa Comba e Mazaricos

2.678,40 €

15/2018.BS700A.AT

Agrupación de concellos: Cuntis, Barro, Caldas de Reis, Moraña e Portas

12.587,89 €