Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 20 de xuño de 2019 Páx. 29601

III. Outras disposicións

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2019 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2018 e primeiro cuadrimestre do ano 2019.

De acordo co previsto no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, dispoño dar publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia dentro do terceiro cuadrimestre do ano 2018 e primeiro cuadrimestre do ano 2019, que se incorporan como anexo a esta resolución.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2019

Sol María Vázquez Abeal
Directora do Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANEXO

Convenio

Importe

Data sinatura convenio

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) e a fundación Sotavento Galicia, para a realización de actividades formativas en materia de bono social a colectivos directamente relacionados coas persoas consumidoras vulnerables.

10.164 €

21 de setembro de 2018

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Federación Galega de Municipios e Provincias para reforzo da oficina de consumo coa que conta a Fegamp en materia de comercializacion eléctrica, bono social e problemática do comercio electrónico aos concellos.

11.000

18 de outubro de 2018

Convenio marco de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Universidade da Coruña, no terreo da investigación en materia de consumo.

Sen dotación económica

8 de decembro de 2018

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Federación Galega de Asociacións de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios-Brétema para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas coas que conta na Comunidade Autónoma de Galicia.

30.000 €

1 de abril de 2019

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas de Aforro e Seguros de Galicia, Adicae-Galicia para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas coas que conta na Comunidade Autónoma de Galicia.

25.000 €

1 de abril de 2019

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Federación Galega de Euroconsumo para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas coas que conta na Comunidade Autónoma de Galicia.

30.000 €

1 de abril de 2019

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Unión de Consumidores de Galicia-UCGAL para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas coas que conta na Comunidade Autónoma de Galicia.

25.000 €

1 de abril de 2019

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Federación de Usuarios e Consumidores Independentes de Galicia-Fuciga para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas coas que conta na Comunidade Autónoma de Galicia.

30.000 €

1 de abril de 2019

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Universidade de Santiago de Compostela (Facultade de Dereito) no eido do dereito de consumo e a arbitraxe de consumo.

30.000 €

1 de abril de 2019

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Federación Galega de Asociacións Universitarias Sénior para o desenvolvemento de actividades de formación no programa consumo sénior.

9.000 €

29 de abril de 2019

Convenio de colaboración entre Instituto Galego de Consumo e da Competencia (IGCC) e a fundación Sotavento Galicia, para a realización de actividades formativas en materia de bono social a colectivos directamente relacionados coas persoas consumidoras vulnerables.

12.000 €

11 de febreiro de 2019

Convenio marco de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Universidade da Coruña para a realización de prácticas externas curriculares dos estudantes da facultade de ciencias da Universidade da Coruña no Laboratorio de Consumo de Galicia.

Sen dotación económica

22 de febreiro de 2019