Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 21 de xuño de 2019 Páx. 29862

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 11 de xuño de 2019 pola que se notifica o acordo de inicio do procedemento de desafiuzamento administrativo do departamento número 26 e dunha parcela de 150 metros cadrados do porto de Lorbé (A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se notifica a Frank Vega Pita con DNI ***9982**, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, requirimento previo de desafiuzamento administrativo do departamento para armadores número 26 e de parcela de 150 m2 destinada a depósito de materiais do porto de Lorbé, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no último domicilio coñecido.

O expediente se tramita por atoparse extinguida a autorización, e non ser factible a súa renovación pola falla de concorrencia dos requisitos exixibles, incluídas as débedas existentes.

O presente acto administrativo que emite a Presidencia do Consello de Administración da entidade pública Portos de Galicia, de acordo coas competencias previstas no artigo 114 da Lei 5/2011, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, emítese en aplicación do artigo 113 desa lei, do artigo 148 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, e do artigo 31 do Decreto 227/1995, que aproba o Regulamento da entidade pública Portos de Galicia.

O departamento e a parcela deberán ser abandonados nun prazo máximo de dez (10) días contados desde a publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, o que se formalizará coa entrega das chaves do peche exterior ao persoal de Portos de Galicia.

Así mesmo, este anuncio se publicará no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Outórgase trámite de audiencia por un prazo máximo de dez (10) días hábiles contados desde a publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, durante o que poderán formularse alegacións e presentarse os documentos ou xustificacións que se consideren pertinentes.

De ser preciso o desafiuzamento será executado co auxilio das forzas e corpos da seguridade do Estado.

Contra o presente acto administrativo de iniciación non se admitirán accións interditais ou para a tutela sumaria da posesión das previstas na Lei de axuizamento civil.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2019

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia