Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 21 de xuño de 2019 Páx. 29762

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

EXTRACTO da Orde do 6 de xuño de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan subvencións para proxectos de saúde pública no campo do VIH/sida e outras infeccións de transmisión sexual (ITS) realizados en Galicia por entidades privadas sen ánimo de lucro (código de procedemento SA645A).

BDNS (Identif.): 462803.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob. es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán solicitar e ser beneficiarias destas subvencións as entidades privadas sen ánimo de lucro que presenten un único proxecto e que cumpran co obxecto e normas desta orde, sempre e cando non estean incursas nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, que imposibilitan obter a condición de beneficiaria das subvencións.

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar, en réxime de concorrencia competitiva, subvencións a proxectos de saúde pública, relacionados coa infección polo VIH, a sida e outras infeccións de transmisión sexual (ITS), que realicen en Galicia entidades privadas sen ánimo de lucro ao longo do período comprendido entre o 1 de xuño de 2019 e o 30 de xuño de 2022.

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Orde do 6 de xuño de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan subvencións para proxectos de saúde pública no campo do VIH/sida e outras infeccións de transmisión sexual (ITS) realizados en Galicia por entidades privadas sen ánimo de lucro (código de procedemento SA645A).

Cuarto. Contía

A contía total das subvencións que se pode conceder ao abeiro da orde ascende a novecentos mil (900.000,00 €) e financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 1202.413A.481.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia. Porén, o devandito crédito poderá ser ampliado nos termos previstos no artigo 2.2 das bases reguladoras. Este orzamento distribuirase en catro anualidades do seguinte xeito:

– Ano 2019: 189.717,00 €.

– Ano 2020: 285.000,00 €.

– Ano 2021: 285.000,00 €.

– Ano 2022: 140.283,00 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. Outros datos

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado que, a título exclusivamente informativo, figura como anexo da orde e que estará dispoñible tanto na Guía de procedementos (https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos) como na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), co código SA645A.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2019

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade