Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 21 de xuño de 2019 Páx. 29798

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 5 de xuño de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 16 de abril de 2018 (DOG núm. 82, do 27 de abril) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, adoptou os seguintes

ACORDOS:

Primeiro. Desestimar na súa totalidade as reclamacións e alegacións presentadas ás cualificacións do terceiro exercicio.

Segundo. Publicar, como anexo a esta resolución, a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde das puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade.

De conformidade coas bases IV.2 e IV.3 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, para presentar a documentación prevista nas citadas bases.

Terceiro. Elevar esta relación para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Cuarto. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de Función Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2019

Blanca Nieves Miranda Blanco
Presidenta do tribunal

ANEXO

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

exercicio

exercicio

exercicio

exercicio

Total

1

***1739**

Fernández Abalde, Félix

16,87

13,6000

15,8658

exento

46,3358

2

***9651**

Conde Bruces, María

15,20

16,1500

13,8633

exenta

45,2133

3

***8034**

Becerra Arrojo, Alberto

13,54

18,0167

12,6338

exento

44,1905

4

***9633**

Nieto Merino, Álvaro

15,62

15,7417

12,5417

exento

43,9034

5

***5972**

Martín Madroño, David

17,50

14,5167

11,7494

apto

43,7661

6

***1942**

Álvarez Fraguas, Roberto

16,45

13,1000

12,5300

exento

42,0800

7

***6286**

Vilariño Alonso, Zoila

13,12

16,3167

12,2835

exento

41,7202