Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 21 de xuño de 2019 Páx. 29821

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (SS 689/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de seguridade social 689/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Garrido Parajo contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Maz, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social nº 11 e PV Montajes, S.C., sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

Resolvo que, desestimando integramente a demanda interposta por Miguel Garrido Parajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Maz, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social nº 11 e contra PV Montajes, S.C., debo absolver e absolvo as demandadas das peticións deducidas na súa contra.

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación, para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días a partir da súa notificación (artigo 191.3.c) da Lei reguladora da xurisdición social).

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que sirva de notificación en legal forma a PV Montajes, S.C., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza