Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 21 de xuño de 2019 Páx. 29869

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xinzo de Limia

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle en Baronzás.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 29 de abril de 2019, adoptou, entre outros o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle de iniciativa privada elaborado en xuño de 2018 polo arquitecta Julia Santana Valencia, que afecta a modificación de aliñacións nunha área delimitada no solo de núcleo rural de extensión de Baronzás, deste municipio, e co que se pretende exclusivamente a modificación das aliñacións establecidas na ordenanza décimo terceira do PXOM de Xinzo de Limia para o solo de núcleo rural de extensión, aprobado inicialmente por acordo da Xunta de Goberno Local do 29.10.2018, e que desenvolve o Plan Xeral de Ordenación Urbana de Xinzo de Limia, polo que queda extinguida a suspensión de licencias.

Segundo. Publicar o acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, e o texto dos documentos que o integran, así como o índice de planos do estudo de detalle no Boletín Oficial da provincia, co fin de que entre en vigor o dito instrumento de planeamento.

Terceiro. Notificar o presente acordo aos propietarios e demais interesados directamente afectados polo estudo de detalle.

Cuarto. Comunicar á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio a aprobación do estudo de detalle referido, á vez que se lle dá traslado dunha copia autenticada de dous exemplares con todos os planos e documentos que o integran.

Quinto. Facultar o alcalde presidente para subscribir e asinar toda clase de documentos e, en xeral, para todo o relacionado con este asunto.

Sexto. Notificar o presente acordo aos servizos técnicos municipais e ao concelleiro de Urbanismo para os efectos do seu coñecemento.

Descrición do acordo:

1. Suprímese a aliñación oficial fixada a 3 m da liña de cerramento na fronte da parcela. No seu lugar, establécese un recuamento mínimo de 3 m respecto da liña de cerramento.

2. Suprímese tamén o fondo máximo edificable establecido en 14 m. Non tería sentido por tratarse dunha tipoloxía edificatoria de vivenda unifamiliar onde non se persigue a uniformidade.

3. Mantéñense os recuamentos exixibles a lindes laterais e posterior (3 m).

4. Non se modifican os parámetros xa establecidos de ocupación (25 %) e de edificabilidade (0,6 m2/m2).

Xinzo de Limia, 3 de xuño de 2019

Manuel Cabas López
Alcalde