Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 24 de xuño de 2019 Páx. 29987

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 43/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 43/2019, seguido por instancia de Verónica Díaz Vérez contra Other Side Mirror Laboratorio, S.L., sobre execución da Sentenza do 17 de outubro de 2018, se ditaron o Auto en que se despacha execución e o Decreto de embargo, do 6 de maio de 2019, e contra os cales se pode interpor recurso de reposición e de revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro de ambas as resolucións.

Para que sirva de notificación e requirimento en legal forma a Other Side Mirror Laboratorio, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza