O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión do 13 de marzo de 2019, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que de seguido se relacionan:
Nome do monte: ampliación do Monte Lomba.
Superficie: 12,16 ha.
Pertenza: CMVMC de Alvite.
Parroquia: Beariz (Santa María).
Concello: Beariz.
Descrición dos predios que constitúen o monte:
Os terreos obxecto da solicitude constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. As parcelas catastrais que o forman están separadas por camiños que corresponden ás parcelas catastrais nº 9018, do polígono 3, e á parcela catastral nº 9001, do polígono 23; do concello de Beariz. O monte está constituído polas tres parcelas catastrais seguintes:
Concello |
Polígono |
Parcelas |
Beariz |
23 |
830 |
30 |
940-943 |
– Parcelas catastrais estremeiras:
Linde |
Polígono |
Parcelas catastrais |
Norte |
3 |
916-917-9019-9022-926-925-919-923-924-927-928 |
Leste |
3 |
9001-922-921-920 |
23 |
9002-832-9003-757-759-760-761-770-771-772-773-775-777-778-815-816-822 |
|
Sur |
23 |
821-900-899-824-825-826-827-828-829-892 |
Oeste |
23 |
888-887-886-937-885-884-883-882-881-833-912-909-913-908 |
O que se pon en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período de un mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como presentar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
Ourense, 5 de xuño de 2019
Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Ourense