Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2019 Páx. 30188

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 9 de maio de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS611A competencia desta xefatura territorial (expediente CO216087 e dous máis).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas que se sinalan no dito anexo, ou aos seus representantes debidamente acreditados.

Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, os interesados ou os seus representantes debidamente acreditados poderán comparecer, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Advírteselles que contra as resolucións que se notifican, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social nesta xefatura territorial no prazo de trinta días hábiles, contados desde o día seguinte ao da notificación das ditas resolucións, de conformidade co artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

A Coruña, 9 de maio de 2019

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Contido do acto

Data da resolución

Nº de expediente

DNI

Resolución por falecemento e acordo de arquivamento

21.3.2019

CO216087

32173673P

Resolución de caducidade e arquivamento

21.3.2019

CO208209

32749872B

Resolución de caducidade e arquivamento

25.10.2017

CO206450

33229370M