Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2019 Páx. 30192

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 6 de xuño de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado O Rosairo e O Coto a favor dos veciños de Freáns de Deva, na parroquia de Pontedeva (San Breixo), no concello de Pontedeva (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 13 de marzo de 2019, adoptou a seguinte resolución:

«Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado O Rosairo e O Coto a favor dos veciños de Freáns de Deva, na parroquia de Pontedeva (San Breixo), no concello de Pontedeva (Ourense), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 20 de febreiro de 2017, tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Christian Álvarez Rodríguez, en que solicita a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas O Rosairo e O Coto.

Segundo. Con data do 29 de maio de 2018, o xurado provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e abrindo un período de un mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación obrante no expediente, descríbese así:

Nome do monte: O Rosairo e O Coto.

Superficie: 126.212 m2.

Pertenza: veciños de Freáns de Deva.

Parroquia: Pontedeva (San Breixo).

Concello: Pontedeva.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Os terreos obxecto da clasificación constitúen dous coutos redondos, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, atravesados por varios camiños, que son os constituídos polas parcelas catastrais seguintes:

Predio nº 1: Monte do Rosairo:

Parcelas catastrais que comprende e superficies:

Concello

Polígono

Parcela

Referencia catastral

Sup. catastral

Pontedeva

17

137

32065A017001370000ZY

1.899 m2

136

32065A017001360000ZB

16.451 m2

138

32065A017001380000ZG

3.416 m2

139

32065A017001390000ZQ

19.718 m2

135

32065A017001350000ZA

32.012 m2

76

32065A017000760000ZG

3.708 m2

Superficie total

77.204 m2

Estremas (de todo o couto redondo):

a) Perímetro exterior:

Norte (parcelas catastrais enumeradas de oeste a leste)

Concello

Polígono

Parcelas

Pontedeva

16

9005 (camiño)

Gomesende

41

9003 (camiño)

Leste (parcelas catastrais enumeradas de norte a sur)

Concello

Polígono

Parcelas

Gomesende

41

666-9012 (camiño)

42

156-159-157-154-153-152-151-119-120-121-122-115-114-113-105

Sur (parcelas catastrais enumeradas de leste a oeste)

Concello

Polígono

Parcelas

Pontedeva

17

9003 (camiño)-75

16

9005 (camiño)

Oeste (parcelas catastrais enumeradas de sur a norte)

Concello

Polígono

Parcelas

Pontedeva

16

9005 (camiño)

17

9003 (camiño)-132

a) Perímetro interior (encravados):

Está atravesado polo camiño correspondente á parcela catastral nº 9003, do polígono 17 (referencia catastral 32065A017090030000ZY).

Predio nº 2: Monte do Coto:

Parcelas catastrais que comprende e superficies:

Concello

Polígono

Parcela

Referencia catastral

Sup. catastral

Pontedeva

19

1280

32065A019012800000ZZ

40.046 m2

1264

32065A019012640000ZM

1.070 m2

1263

32065A019012630000ZF

7.892 m2

Superficie total

49.008 m2

Estremas (de todo o couto redondo):

a) Perímetro exterior:

Norte (parcelas catastrais enumeradas de oeste a leste)

Concello

Polígono

Parcelas

Pontedeva

17

9001 (estrada Freáns-Gomesende)

Leste (parcelas catastrais enumeradas de norte a sur)

Concello

Polígono

Parcelas

Gomesende

44

620-9020 (camiño)-618-9019 (camiño)-528-527-526-525-9005 (camiño)

Sur (parcelas catastrais enumeradas de leste a oeste)

Concello

Polígono

Parcela

Pontedeva

19

1211

Oeste (parcelas catastrais enumeradas de sur a norte)

Concello

Polígono

Parcelas

Pontedeva

19

9005 (camiño)-1017-1277-1276-1275-1274-1273-1272-1026- 1027-1268-1043-1042-9005 (camiño)-1096

a) Perímetro interior (encravados):

Está atravesado polo camiño correspondente á parcela catastral nº 9005, do polígono 19 (referencia catastral 32065A019090050000ZI).

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei “son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, das súas posibilidades produtivas, do seu aproveitamento actual e da súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas os membros daquelas na súa condición de veciños”.

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa. Corresponde constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 149/2018, do 5 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial, por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado O Rosairo e O Coto a favor dos veciños de Freáns de Deva, na parroquia de Pontedeva (San Breixo), no concello de Pontedeva (Ourense), de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

Ourense, 6 de xuño de 2019

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense