Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2019 Páx. 30204

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, de notificación do inicio do trámite de audiencia en relación co expediente de concentración parcelaria de San Millao (Cualedro-Ourense).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días, desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, situadas na rúa Florentino Cuevillas, 4-6, baixo, 32003 Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Ourense, 10 de xuño de 2019

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Persoa nteresada:

Número de propietario

DNI

Acto notificado

23

42835036C

Trámite de audiencia