Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2019 Páx. 30142

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (XVB 509/2018).

Eu, Florinda Fernández Villar, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que nos autos de xuízo verbal 509/2018 se ditou a Sentenza do 7 de maio de 2019 contra a cal cabe recurso de apelación no prazo de vinte (20) días ante a Audiencia Provincial.

En virtude do acordado nos autos de referencia, por este edicto notifícaselle a Javier Barral Fuentes a sentenza ditada.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2019