Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2019 Páx. 30152

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 111/2019).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 111/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Johan José Oya Alayón contra Bean Algo, S.L. e Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2019

Parte dispositiva.

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución da Sentenza nº 155/2019, do 28 de marzo de 2019, ditada no procedemento ordinario 903/2017 a favor da parte executante, Johan José Oya Alayón, fronte a Bean Algo, S.L. e Fogasa, parte executada, por importe de 4.585,34 euros en concepto de principal (4.042,63 euros en concepto de horas extraordinarias, salarios, indemnización, vacacións non desfrutadas, 542,71 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 458,53 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza. A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2019

Parte dispositiva.

Acordo, en cumprimento do requisito contido no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Bean Algo, S.L., dar audiencia previa á parte demandante Johan José Oya Alayón e ao Fondo de Garantía Salarial, por termo de quince días, para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Bean Algo, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza