Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 26 de xuño de 2019 Páx. 30327

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 647/2017).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 647/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan José Cores Rodríguez contra […] sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Elena Quella Curros, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3, tendo visto o presente procedemento ordinario 647/2017 por instancia de Juan José Cores Rodríguez, contra Ambunova, S.L.U. e o Fogasa, en nome do rei, pronunciou a seguinte sentenza:

«Decido

Estimar a demanda interposta por la parte demandante contra la empresa Ambunova, S.L.U. e condenar a demandada a aboarlle a cantidade de 1.501,81 euros máis o xuro procesual.

Non se fai imposición de custas.

Notifíquese a presente resolución ás partes».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ambunova, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza